Esta é a miña discusión. Procura entrar con orde e sen abusar. Abstente de encherma de coloriños :)

Benvida editar

Hola Paula

Esqueciche asinar en Conversa:Partido dos Socialistas de Galicia. Podes asinar poñendo isto: ~~~~.

Si tes algunha dúbida sobre formato, nalgún punto concreto, ao mellor pódoche botar unha man. Na Wikipedia:Axuda podes atopar información, por exemplo en Wikipedia:Guía_de_edición ou en Wikipedia:Como_editar_unha_páxina. Calquera dúbida pódesme preguntar na miña páxina de conversa, ou mesmo na taberna.

E por certo, benvida ao proxeto :)

Saúdos, Miguel.lima 13:13, 5 agosto 2008 (UTC)

Grazas polo aviso, Miguel. Si que sei asinar, o que pasa é que me esqueceu :p Estou máis afeita a traballar en proxectos nos que a sinatura xa se engade automaticamente e moitas veces esquéceme asinar (de feito, xa nalgún sitio tiven que editar a miña contribución para colocar a asinatura de novo :)).

--Paulatk 07:25, 11 agosto 2008 (UTC)

Benvido(a) á Galipedia, Paulatk!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

  Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

  Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

  Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.    
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación  Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
  Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.