Conversa usuario:One2/Arquivo 3
![]() |
Arquivo: | 1, 2, 3 |
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
![]() | Esta páxina contén un arquivo de conversas vellas ou contidos anteriores e mantense só para a súa consulta. Non edite esta páxina. Para retomar un fío vello diríxase á páxina de conversa actual. |
Ola, One2! No artigo río Carregal mudei como referencia para o topónimo a Fernando Cabeza Quiles por Gonzalo Navaza, autoridade recoñecida no campo da fitonimia. Normalmente nestes casos son partidario de explicar a etimoloxía polo miúdo nas páxinas de homónimos (Carregal), onde se relaciona con outros topónimos de etimoloxía similar, e nos propios artigos procuro falar da relación do topónimo co lugar concreto. Neste caso ten todo o sentido do mundo manter a etimoloxía no propio artigo, vaia.
Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 4 de xaneiro de 2021 ás 19:40 (UTC)Responder
Índice
- Se o exemplo que dás é un parágrafo cheo de cómpre referencia...que queres que che diga. Unha hipótese que non aparece recollida nunha obra/traballo académico non debería ser aceptable por máis que apareza na prensa (supoño que ao lado do primeiro famoso do día)--HacheDous=0 (conversa) 6 de xaneiro de 2021 ás 19:07 (UTC)Responder
Ola, One2. O compañeiro Usuario:Aitorembe está axudando a categorizar por parroquias as imaxes de Galicia en Commons, e hoxe estivemos falando dunha discordancia no nome de parroquias entre Nomenclátor e INE, que xa aparece recollida na túa páxina Usuario:One2/Lista das variacións das parroquias de Galicia. O Nomenclátor di que A Venda da Capela pertence ás parroquias de Parada da Serra (do concello da Gudiña) e Veigas de Camba (do concello de Vilariño de Conso); mais, segundo me explicou Aitor en commons:User_talk:Estevoaei#San_Lourenzo_de_Pentes, o IGE, o decreto 59/1995 de 24 de febreiro, e a Orde de 9 de marzo de 1995, indican que pertence tamén á parroquia de San Lourenzo de Pentes, Vilariño de Conso. Non obstante, segundo o Nomenclátor, o que existe é San Lourenzo de Pentes, A Gudiña, cunha única aldea.
Como pensas que se debe xestionar todo isto? Eu limitareime a subir fotos dos lugares, antes de que me estoupe a cabeza.
Unha aperta! --Estevo(aei)fálame aquí 8 de febreiro de 2021 ás 15:28 (UTC)Responder
Ola One2. Moitas grazas por agradecerme a edición deste artigo. Non teño o gusto de coñecerte, pero si a X. López Facal, que é curmán segundo meu, e ao que tratei moito de rapaces, e tamén cando el viviu na Coruña. Aínda que eu non son reintegracionista, pero si partidario da Lei para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía promovida por Valentín Paz Andrade, agradeceríache que me informases sobre esta asociación, e tamén, se os sabes, algúns datos sobre o meu primo, como a data de nacemento, ou os apelidos da súa muller Ana. Esquecín o teléfono do seu irmán Ramón, e non podo contactar con el. Repito, moitas grazas. --XoioÉche o que hai 3 de marzo de 2021 ás 23:42 (UTC) (Luís Daviña Facal).Responder
Moitas grazas polo aviso! Puxen outra ligazón que si que funciona. Semella que algunhas consultas da páxina do IGE non se recuperan ben a través da ligazón, e non me decatara. Saúdos!Caronium (conversa) 24 de maio de 2021 ás 12:32 (UTC)Responder
Ola, One2! Como vai todo?
En relación coa túa Lista das variacións das parroquias de Galicia, quería facerche unha consulta. Trátase da aldea de Paradiña, único lugar da parroquia de Rebordondo que pertence ao concello de Monterrei. Segundo indican neste blog, até 1893 pertenceu á parroquia de Vilaza. Sabes algo ao respecto?
Unha aperta! :) --Estevo(aei)fálame aquí 2 de outubro de 2021 ás 18:23 (UTC)Responder
Boas, One2.
Quería pedirte unha axudiña, xa que penso que ti vas controlar do tema.
Tentei copiar este Modelo--> https://www.wikidata.org/wiki/Q72984637, que empregan as wikis vasca e catalana. O que fai (debería) é engadir as redes sociais existentes en wikidata dun grupo musical, artista, etc. Podes velo na páxina en euskera das tanxugueiras: https://eu.wikipedia.org/wiki/Tanxugueiras.
O caso é que creei o modelo {{Redes Sociais}} e engadino o modelo de grupo musical, como vin que facían coa páxina vasca. Podes ver aqui na liña "data42": https://eu.wikipedia.org/w/index.php?title=Txantiloi:Musika_talde_infotaula&action=edit. Se tes tempo poderías botarlle unha ollada a ver se entendes porque non funciona?. Obrigado :-) - Cossue (conversa) 7 de marzo de 2022 ás 15:58 (UTC)Responder
- Velaí está, xa había un módulo coa funcionalidade do catalán, mais tiña outro nome. One2 (conversa) 8 de marzo de 2022 ás 12:03 (UTC)Responder
- Bravo! Agradecidisimo @One2!. Xa vou ir pensando novas tarefas que encomendarche! :-D. - Cossue (conversa) 8 de marzo de 2022 ás 12:33 (UTC)Responder
Ola, One2! Como vai todo?
Podes botarlle un ollo a commons:Category:Theresa of León, Countess-Queen of Portugal in miniature? Na imaxe File:Bermudo Pérez de Trava, Teresa of León, Countess of Portugal and Urraca Henriques.jpg dise que Tareixa, condesa de Portugal é a da dereita, pero en varios artiogs de varias wikis emprégase File:Theresa of Portugal (1080-1130) mini.jpg, que segundo a descrición da primeira imaxe, sería Urraca Henriques. Moitas grazas!! --Estevo(aei)fálame aquí 27 de abril de 2022 ás 10:30 (UTC)Responder
@Estevoaei: Tareixa de Portugal si sería a do medio, que é a que leva a coroa. A descrición da imaxe debe estar mal, pois orixinalmente tamén dicía (como aínda aparece na carga do ficheiro) que era Fernando de Traba cando é Bermudo. One2 (conversa) 30 de abril de 2022 ás 01:38 (UTC)Responder
Desculpa One2, esquecinme por completo do comentado na votación. Coméntoche aquí o meu punto de vista para non encher de apreciacións persoais a votación.
Ao que me refiro é a que, polo que lin, o artigo xustifica a existencia do reino, e dende o meu punto de vista este artigo non está para iso, porque todas esas xustificacións deberían ir no propio artigo. Creo que un artigo destas características debería centrarse no "que" e nas "causas". Cando falo do "que" refírome a como a historiografía tradicional (logo falamos do título) ten tratado o asunto, o lugar que lle ten dado ou non ao reino ou o trato que lle deu. Mais quizais o máis importante dende o meu punto de vista sexan as causas, por que se lle negou relevancia ou a propia existencia, que levou a todas esas persoas a falsear ou omitir unha verdade tan evidente, supostamente. Sinálase unha "forte galegofobia", o cal personalmente me transmite un discurso vitimista e unha visión simplista ("eles nos odian e polo tanto nos negan o que nos pertence, pobriños de nos") sen analizar as orixes desa galegofobia.
O título é algo que tampouco me convence, primeiramente porque os propios historiadores galegos que se opoñen a esta versión son españois, e segundo porque non é unha visión exclusiva de historiadores españois, senón que historiadores doutros países teñen sostido a mesma visión, co cal o correcto ao meu ver sería denominar o artigo "O reino de Galicia na historiografía tradicional". Ademais o incluir ese "española" se crea unha oposición Galiza/España, que vexo cunha intencionalidade (consciente ou non) política.
En resumo, creo que as tres primeiras seccións son excesivas e deberían ir ao artigo específico e deixar neste simplemente unha breve contextualización que dirixa, ou ao artigo principal, ou a artigos auxiliares tipo "o reino de Galicia na cartografía", "reis de Galicia"... onde se explique pormenorizadamente o que se conta ao longo de máis da metade deste artigo, e finalmente deixar a derradeira sección (que na miña opinión é onde está a chicha de todo isto) e eengadir unha análise de por que se creou esa visión, se esta está relacionada cos reis católicos e vén dende eses tempos, se estaban mal da cabeza e punto...
Espero terme explicado e non ter dito nada ofensivo, valoro o traballo que fas aínda que teña puntos de vista distintos en segundo que cousas. Se precisas algunha outra aclaración tentarei non tardar tanto. Un saúdo, Piquito (conversa) 28 de agosto de 2022 ás 19:12 (UTC)Responder
- Ola Piquito. Antes de nada dicir que, aínda que teño colaborado no artigo, a maioría del non é da miña autoría. Ao estar eu falando del ou defendéndoo pode semellar que o fixen eu, e non é o caso. Creo, por tanto, que esta conversa debería ir na propia páxina de conversa do artigo.
- Canto ao contido, agora entendo mellor (ou creo entender) a que te refires. Basicamente sería crear cos primeiros puntos un terceiro artigo (ademais deste e o do propio reino) que se podería chamar algo así como «O reino de Galicia na documentación histórica». Non sería unha má opción, sen dúbida. Cumpriría facer unha sección resumo e axustar algunhas cousas. Non obstante dicir que tal e como está agora non me parece mal, aínda que si que se fai longo. Sinalar que inicialmente o artigo titulábase «O reino de Galicia e a historiografía tradicional española», que na miña opinión reflectía mellor as dúas partes do actual artigo: por unha banda o reino de Galicia na documentación e por outra a historiografía.
- Canto ao título máis do mesmo, poderíaselle suprimir o «española» sen problema, pois chégase a tocar outras historiografías. Tamén é certo que, por exemplo, na última referencia que puxen (que é a que lembro) Isidro Dubert fala especificamente da historiografía española.
- En resumo, que hai cousas que decidir e mellorar antes de o propor como artigo de calidade. One2 (conversa) 3 de setembro de 2022 ás 13:33 (UTC)Responder
- Grazas pola resposta, paréceme perfecto pasar esta conversa á propia do artigo. Un saúdo, Piquito (conversa) 3 de setembro de 2022 ás 17:28 (UTC)Responder