Benvido(a) á Galipedia, Ocarteiro!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 18 de setembro de 2018 ás 09:21 (UTC)Responder

Cadros con dereitos de autor editar

Boas Ocarteiro, os cadros de Urbano Lugrís teñen dereitos de autor xa que aínda non pasaron máis de 70 anos dende o seu falecemento, por esa razón non se poden poñer en Commons. Solicitei o borrado alí porque non se axeitan ás políticas do sitio. En Commons só se poden subir ficheiros que estean libres de dereitos de autor ou que teñan unha licenza compatible coa dese sitio. O cadro que estaba xa no artigo si se pode subir a Commons porque esa foto foi publicada no DOG e as cousas que se publican aí non teñen dereitos. Se tes calquera dúbida podes contactar comigo deixando aquí un comentario :). Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de outubro de 2019 ás 09:14 (UTC)Responder

Se vou a unha exposición e lle fago unha foto a un cadro non vale?—o anterior comentario sen asinar foi feito por Ocarteiro (conversacontribucións) 4 de outubro de 2019 ás 09:20‎

Non, aínda que os cadros estean expostos seguen mantendo os dereitos do seu autor, os seus dereitos só rematan ó pasar 70 anos despois do seu falecemento. Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de outubro de 2019 ás 11:34 (UTC)Responder

Dereitos de autoría editar

Ola, Ocarteiro. Por favor, non substitúas fotografías válidas por outras sacadas de libros publicados. Dese modo estás a infrinxir a lei de dereitos de autoría. Non podes subir imaxes de contidos dunha publicación. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 9 de xaneiro de 2020 ás 11:18 (UTC)Responder


Nom som dum livro. Som duma exposiçom itinerante ao ar livre. - Ocarteiro (conversa) 9 de xaneiro de 2020 ás 11:21 (UTC)Responder

Coido que seguen a ter dereitos. Déixame que pregunte e confirmo. Por favor, non as repoñas. Amais, debes respectar as fotografías xa existentes. --Atobar (conversa comigo) 9 de xaneiro de 2020 ás 11:32 (UTC)Responder
Ocarteiro e Atobar: se as obras en cuestión están feitas para estar expostas na vía pública permanentemente, en España a lei outorga "liberdade de panorama", que implica dominio publico.
Na descrición de cada unha das imaxes debería engadirse o modelo {{FoP-Spain}}. --. HombreDHojalata.conversa 9 de xaneiro de 2020 ás 11:55 (UTC)Responder
Moitas grazas pola aclaración, HombreDHojalata. --Atobar (conversa comigo) 9 de xaneiro de 2020 ás 12:43 (UTC)Responder

Votacións editar

Ola, Ocarteiro. Segundo o acordado pola comunidade e expresado en Wikipedia:Votacións#Quen_pode_votar?, aínda non podes votar, ao non ter 150 edicións no proxecto. É este o motivo polo que os teus votos foron riscados. Agardo que o comprendas. Un saúdo, e graciñas polas túas achegas! --Estevo(aei)fálame aquí 2 de febreiro de 2021 ás 10:15 (UTC)Responder

Boas Ocarteiro! Se queres podes consultar o número de edicións que fixeches aquí. Para poder votar necesitas 150 edicións en artigos e agora mesmo tes 32 (en todo o proxecto tes máis, pero o que indica a política é nos artigos, que se correspondería co apartado "main" nesa páxina). Certamente non son moitas edicións e penso que axiña as podes conseguir, non é necesario que traduzas ou cres artigos de calidade, simplemente actualizar datos de poboación dun concello, corrixir erros ortográficos ou categorizar artigos son edicións válidas. Anímote a traballar para conseguir as edicións que te faltan (xa que a antigüidade xa a tes) e así poder participar nas votacións, que moitas veces as votacións dos artigos teñen unha participación moi escasa e é positivo que xente coma ti que ten ganas de participar nestas votacións participe no proxecto e teña plenos dereitos nos seus procesos. Aclarar tamén que para poder votar debes ter acadado o número mínimo de edicións antes de iniciarse a votación, polo que aínda que hoxe realizaras todas as edicións que te faltan para poder participar, os teus votos non contarían se participaras de novo nas votacións que hai abertas actualmente. Un saúdo! Piquito (conversa) 2 de febreiro de 2021 ás 13:26 (UTC)Responder