Dámosche a benvida á Galipedia, JuanOBarco!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Estevo(aei)fálame aquí 20 de outubro de 2019 ás 20:53 (UTC)Responder

Paco González editar

Ola, Juan; para subir imaxes debes facelo na páxina de Wikimedia Commons (aquí). Doutra banda, o Usuario:Elisardojm borrou o artigo sobre Paco González porque carecía de referencias. É importante indicar de onde se toma a información (entrevistas en prensa, biografías, fichas en webs especializadas...)

Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 20 de outubro de 2019 ás 20:56 (UTC)Responder

Borreino principalmente porque non vin que fose un artigo de relevancia enciclopédica e tampouco atopei ningunha referencia en Internet. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de outubro de 2019 ás 21:01 (UTC)Responder
Se é un actor recoñecido noutras partes, entón haberá referencias deses recoñecementos, poden engadirse referencias noutras linguas se é preciso, non é obrigatorio que estean en galego. Se queres traballar no artigo podo restauralo nunha subpáxina do teu usuario, pero antes de seguir con isto recoméndoche que lle botes unha ollada a Wikipedia:Relevancia enciclopédica. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de outubro de 2019 ás 12:22 (UTC)Responder