Benvido á Galipedia, Johny89!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Hugo22 17:28, 2 xuño 2009 (UTC).

Obrigado ... ; )

  • Boas, Johny. Cómpre que escribas na páxina de conversa do usuario ao que desexes dirixirte, e non na túa propia. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 18:16, 2 xuño 2009 (UTC)

Bartolomeu Dias editar

"E leva moi ??"

  • Non entendo a pregunta. Síntoo. Por certo, convén que asines as túas mensaxes nas conversas, clicando na cuarta icona pola dereita, a que parece unha sinatura. Pedro --Lameiro (conversa) 23:16, 7 xuño 2009 (UTC)

E leva moito tempo ... ??? Johny89 Saúdos

Ah xa está ... Thanks ... ; )

    • Non, que va! É un copiar e pegar (eu xa cho fixen neste artigo desde a wiki portuguesa porque suspuxen que viña de alí) tendo só a precaución de engadir alí a ligazón á galega e escribindo aquí a ligazón á portuguesa. Traballo, ningún. Se o artigo fose de nova creación (é dicir, non traducido de ningunha outra wiki) entón si que sería máis traballoso pois terías que buscar nos outros proxectos se existe ou non o artigo e facendo as ligazóns no galego.
    • Outra cousa. Cando che dixen que asinaras non se trata de que escribas fisicamente o teu "nome", senón a clicar nesa icona que che dixen. Deste xeito aparece o nome, a hora e a data de edición, que son importantes á hora dun seguemento no futuro. E, para rematar, nestas conversas ti tes que escribir na miña páxina e eu na túa (por exemplo, na miña páxina, onde di "(conversa)", na de Alberte, onde di "Si, dígame?"; na de Atobar, onde di "(conversa comigo)"). Así é como aparece na pantalla un aviso de que temos unha mensaxe que ler. Todos estes trucos irás aprendéndoos co tempo e unha miga de atención. E preguntando a calquera usuario as dúbidas que teñas. Un saúdo e, por hoxe, pecho. Pedro --Lameiro (conversa) 23:36, 7 xuño 2009 (UTC)