Conversa usuario:Estevoaei/arquivo6

Engadir conversa
Discussões ativas

Estevoaei☛ ☏ pa o que queiras...

Arquivo de mensaxes antigas:
desde agosto do 2007

Linguaxe sexistaEditar

Boas Estevo. Cando creei o artigo Presidente de Ecuador, seguín os pasos doutros artigos existentes, como Presidente de Costa Rica ou Lista de presidentes de Panamá. Non obstante, só 15 minutos despois de crear o artigo, tí cambiacheslle o nome de Presidente de Ecuador para Presidencia de Ecuador, e argumentaches que o facías para eliminar linguaxe sexista que había no artigo: (elimino linguaxe sexista (tmaén houbo unha presidenta de Ecuador, e pode haber moitas máis)). Eu quero entender que non me acusas persoalmente de empregar linguaxe sexista nos artigos, cousa que non pretendo, pero tampouco entendo a qué ven esa frase, xa que hai tempo que existen varios artigos titulados "Presidente de ..." ou "Lista de presidentes de..." nos que hai presidentes e presidentas, pero todos empregan esa fórmula no título e no texto. ¿Están todos mal?.
PD: Por certo, xa postos, bótalle unha ollada a estos 3 artigos: Lista de Primeiros ministros de Francia, Lista de primeiros ministros franceses e Primeiro Ministro de Francia. Coido que algún dos 3 sobra. JonnyJonny 23:40, 3 de xaneiro de 2012 (UTC)

"Presidente" é o participio de presente do verbo "presidir", derivado de "ente", que o é do verbo "ser". Así, "ente" é quen é; "presidente" é quen preside. É unha palabra de xénero invariábel, cuxo referente neste aspecto vén dado polos artigos e adxectivos, masculinos ou femininos, que a acompañen. No Dicionario da Real Academia Galega non aparecen "presidento" nin "presidenta" (no da Real Academia Española entrou na súa derradeira edición "presidenta" debido ao seu uso en Hispanoamérica, incorrecto mais moi extendido, e, sobre todo, ás actuais presións que atopan linguaxe sexista onde só hai falla de cultura gramatical). A ver se somos menos actualistas e aprendemos algo de gramática antes de botarnos a redactar wikienciclopedias tan "politicamente correctas".


O dicionario da RAG non dá resultados para 'presidenta' porque non dá resultados para ningún substantivo ou adxectivo feminino (proba coa palabra 'nena').

Se buscas outros dicionarios, poderás aprender que en lingua galega 'presidente' (e presidenta) non e un participio: Gran dicionario Cumio da lingua galega (2011; páx. 1001): presidente -a (do lat. praesidente, 'gobernador da provincia'). s. 1. Persoa que preside. 2 Nos réximes republicanos, xefe do Estado. 3. Dirixente de todo tipo de organización. Dicionario Xerais da lingua (7ª edición, 2007; páx. 985): presidente -a (lat. praesidente(m), id). s. 1. Persoa que preside. 2 Persoa que dirixe as deliberacións e os traballos dun consello, asemblea, xunta, goberno etc. Dicionário Estraviz: Presidenta: sf.(1) Mulher que preside. (2) Mulher do presidente.

As linguas evolucionan, e no 2012 existe a palabra presidenta como substantivo, máis alá de que na súa orixe o termo presidente procedese dun participio. Como existen os dous termos, e para evitar o uso de masculinos xenéricos, nos títulos dos artigos procúrase utilizar substantivos que eviten a linguaxe discriminatoria, como presidencia.

Para vindeiras ocasións, procure asinar as súas mensaxes, co cuarto botón comezando pola dereita.


Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 23:53, 1 de maio de 2012 (UTC)

Como se pode facer lóxico, referíame a que "presidente" é un substantivo derivado dun participio de presente, como xa argumentei. De calquera xeito, de se tratar de eliminar "masculinos xenéricos" (este si que resulta un curioso concepto gramatical...), adiante.

Con todo, non acho como un substantivo rematado en "e" pode cualificarse, sen artigo nin adxectivo mediante, como masculina ou feminina, sen mediar prexuízo ningún (acaso estea aí a aclaración ao repecto do concepto "masculino xenérico"). Así, en non querendo reflectir sexismo na linguaxe, chegou a unha linguaxe sexista. Pero ben, como vostede di, as linguaxes evolucionan; eu engado: "Sic transit gloria mundi".

Grazas polo comentario.

Un saúdo. --95.20.3.254 21:24, 7 de maio de 2012 (UTC)

RE:Selección de rugby de GalesEditar

Ves, xa me parecía a min que non casaba, o que pasa é que hoxe vin outra edición dese estilo noutro artigo pero non me fixara en que xa o amañaras ti no da Selección. ¿E non sería ben que puxéramos iso no libro de estilo ou nalgún outro lado?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:04, 4 de xaneiro de 2012 (UTC)

AxudaEditar

Hola, poderiaste pasar polo cafe da Wiki en castelán, bloquearonme a IP e non sei por que?? Non cometin ningun vandalismo. Saudos e gracias. Jorjum 17:47, 4 de xaneiro de 2012 (UTC)

ÁrboreEditar

OK, boa idea. --. HombreDHojalata.conversa 18:39, 8 de xaneiro de 2012 (UTC)

HomónimosEditar

Grazas. Xa me dera de conta, e estaba tratando de amañar a desfeita. --XoioÉche o que hai 17:44, 10 de xaneiro de 2012 (UTC)

CréditosEditar

Estou de acordo co que propós. Cambio o nome a Crédito académico. Saúdos e ánimos. --Conversa con Tiberio 00:34, 11 de xaneiro de 2012 (UTC)

Re: Nova HampshireEditar

Pois a pesar dos mentireiros e ladróns que nos gobernan dende fai moito tempo, non me vai mal. Grazas por lembrarte de min, pero o de Nova Hampshire non vai poder ser. Cando me decidín a traballar na Galipedia no 2007 foi precisamente coa idea de traducir os 50 estados dos Estados Unidos, pero un ano despois, e tras deixar as cellas no intento, retireime derrotado con tan só trece deles. Agora a verdade é que estou traballando a medio gas (ata na wiki en castelán) e non me vexo con ánimos para traballar no tema. Saúdos, Furado 20:59, 11 de xaneiro de 2012 (UTC)

EslavosEditar

¡¡Moitas grazas por recuperalo tan axiña!! --Conversa con Tiberio 22:39, 11 de xaneiro de 2012 (UTC)

{ {Ministerios de España} }Editar

Cómpre actualizar o listado de ministerios do estado central no

pero non sei ou non podo. Están actualizados en Ministerios de España. Graciñas!! --Conversa con Tiberio 23:52, 11 de xaneiro de 2012 (UTC)

   Feito!!--Conversa con Tiberio 09:36, 12 de xaneiro de 2012 (UTC)

==

== Cómpre actualizar o listado de ministerios do estado central no

pero non sei ou non podo. Están actualizados en Ministerios de España. Graciñas!! --Conversa con Tiberio 23:52, 11 de xaneiro de 2012 (UTC)

Cidades de IrlandaEditar

Ola Estevoaei! Xa se amañou (non sei quen o fixo, o acabo de ver), o problema non tiña nada que var co cadro (que de feito é unha copia do de Cidades de Galiza cos datos cambiados), o problema era que ao insertalo no artigo República de Irlanda se metía por riba do texto e non sabía cómo solucionalo. Grazas e un saúdo, Piquitoconversa 11:37, 12 de xaneiro de 2012

Educación a distanciaEditar

Quedou moi ben. Graciñas. --Conversa con Tiberio 22:37, 14 de xaneiro de 2012 (UTC)

CatedralEditar

Moi boas, Estevo. Ben vista. Foi dos meus primeiros artigos, e nótase. O tema está en que aínda agora non me convence o pór Catedral de Marsella no título, porque todo o mundo pensará que se trata da coñecidísima Notre-Dame de la Garde, e non desta, e pode crear confusión. Tampouco me convenceu deixar Catedral de la Major, polo cal optei por equiparalo ao nome que lle dan en fr.wiki. Un saúdo! --Atobar (conversa comigo) 18:32, 16 de xaneiro de 2012 (UTC)

  Mudado --Atobar (conversa comigo) 23:23, 16 de xaneiro de 2012 (UTC)

RE:PerbesEditar

Ti queres acabar comigo ;). Tes razón que será un bó espetáculo, pensei un momento en ir pero voteime atrás por varias cousas. Pero tes moita razón que pode se moi interesante ter fotos diso, o que si che digo é que non prometo gran cousa porque os sitios con tanta xente non son para min e coa miña camariña non podo facer grandes cousas, pero irei ver o que pillo... Se Pepe do Couto se anima dille que se quere podemos quedar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:05, 17 de xaneiro de 2012 (UTC)

  Feito!, subín unhas poucas a Commons aínda me quedan outras tantas, de igual calidade, ou peor, que esas así que gran cousa non é, pero mellor ca nada... Agora xa non subo máis porque estou mallado e tarda bastante, mañá teño que amañar a descrición das últimas que metín e seguir subindo as que me faltan. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 02:44, 18 de xaneiro de 2012 (UTC)

FicheiroEditar

A priori non vexo nada mal nos datos. Un saúdo! --Beninho 12:22, 7 de febreiro de 2012 (UTC)

  • Pois si, estaba mal. Se é que esta semana... mellor que non saia de casa, prque levo uns días... --Beninho 13:54, 7 de febreiro de 2012 (UTC)

MallorcaEditar

Moitas grazas polo teu aviso e correccións. Eu fixen a redirección porque en numerosos artigos da Galipedia figura Maiorca, e non Mallorca, polo que crin que se aceptaba o primeiro termo, adaptación directa do latino Maiorica, ademais do catalá maiorquino.
Así que aínda vos queda aos revisores moito traballo para wikinormalizar. Unha aperta. --XoioÉche o que hai 13:59, 10 de febreiro de 2012 (UTC)

Casas de concellosEditar

Boas!, mira, que temos por aquí unha páxina coas fotos de tódalas casas de concellos e ó mellor podías facer ti algunhas que che queden perto e que faltan (ou non as atopamos) por exemplo Moraña é limítrofe con Pontevedra..., aínda que non sei se estará a man ou non. Boeno, se che cadra de dar unha volta por alí coa cámara, e che apetece, completaríamos un pouco máis esa galería. A lista de tódolos concellos que faltan está na conversa desa páxina. Boeno, parabéns por todo o teu traballo e a ver cando nos vemos outra vez :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:16, 17 de febreiro de 2012 (UTC)

Ola Estevoaei, fixen unha tradución dun artigo sobre Miquel Martí i Pol da wikipedia en catalán, mais non sei como solucionar que sae duplicado o nome, que as categorías non saen como deberían e como facer para que saia que está noutras wikipedias.

Un saúdo, --Imolavirando 22:20, 21 de febreiro de 2012 (UTC)

AxudaEditar

Ola Estevoaei, fixen unha tradución dun artigo sobre Miquel Martí i Pol da wikipedia en catalán, mais non sei como solucionar que sae duplicado o nome, que as categorías non saen como deberían e como facer para que saia que está noutras wikipedias.

Un saúdo, --Imolavirando 22:22, 21 de febreiro de 2012 (UTC)

Outra preguntaEditar

Agora que xa reparastes o artigo de Miquel Martí i Pol quería saber como facer para que a recoñecese desde a páxina de Lluis Llach, xa que continúa marcado en vermello como se non tivese entrada e ao pór o cursor enriba di que non existe a páxina, aínda que logo si leva á páxina que fixemos.

RavacholEditar

  Feito!--. HombreDHojalata.conversa 12:03, 26 de febreiro de 2012 (UTC)

Imaxes do PorriñoEditar

Estevoaei, estou subindo súas fotos do Porriño para o Commons. Me permitas que fago iso? Eu xa quitei unhas fotos, eu mesmo, do Porriño. Falta algunhas fotos do Porriño no Commons. Que ten na Galipedia e non ten en Commons. Non se importe que poño as fotos do Porriño no Commons? Estou facendo iso de boa fe. Estou poñendo que vostede é o autor das fotos. Saúdos. commons:Category:O Porriño. Eduardo P (conversa) 23:47, 18 de marzo de 2012 (UTC)

Adrián, se quixeres... podes, vostede, subir súas imaxes do Porriño para Commons. http://commons.wikimedia.org/wiki/. Entón, podes crear unha conta alá. Aprendes a política das licenzas. Boa sorte. Eduardo P (conversa) 00:19, 19 de marzo de 2012 (UTC)

VarónEditar

Adrián, "varón" está no novo DIRAG: http://www.realacademiagalega.org/dicionario#loadNoun.do?current_page=1&id=47425 --. HombreDHojalata.conversa 10:22, 6 de abril de 2012 (UTC)

CompostelaEditar

Xa que ías vir saudar, por que non o fas este día? --Atobar (conversa comigo) 23:35, 13 de abril de 2012 (UTC)

Haber asíEditar

Vin que o outro día me dicías que lles dera formato ós meus artigos. Pasoche este http://gl.wikipedia.org/wiki/Dominio_de_Internet e haber que opinas del, se necesita melloras ou non. Graciñas.

ModificaciónEditar

Boa tarde Estevo: Hoxe fixen unha modificación sobre os datos biográficos de Javier Varela Pérez, alcalde de Antas de Ulla. Basicamente eliminei os datos incluidos polo usuario anterior (Xas) que ti restableceches. Paréceme que as achegas restablecidas pouco ou nada aportan como biografía, xa que semella mais que nada unha liorta política que, no fondo, o único que veñen é a perxudicar a imaxe da vila de Antas. Estimo que ese tipo de novas (como o feito de ter denunciado suposta suplantación de persoalidade nunha rede social) son en exceso supeficiais como para figurar na Wiki. É a miña opinión, e por iso fixen as modificacións. Agradezo que reconsideres o meu razoamento e sexa restablecida a miña aportación. Grazas. --Satna 17:46, 25 de abril de 2012 (UTC)

RespostaEditar

Graciñas pola túa resposta. Fágoche caso e abro conversa no artigo en cuestión. (Son cotenudo. A ver se alguén mais opina coma min, senón...haberá que roelo) --Satna 18:42, 25 de abril de 2012 (UTC)

SubpáginaEditar

Hola Estevoaei, puedes borrar la página que me has indicado. Un saludo y gracias --Ecemaml (Fala comigo) 20:28, 26 de abril de 2012 (UTC)

OlaEditar

Pois non me tomo a mal nada, grazas a xente coma vós vou comezando a guiarme nisto dos wikis. É certo que tiven problemas cunha das dúas imaxes, máis quieima na páxina web dos Boixos Nois e da wikipedia en catalán certo. --Thekakokid (conversa) 17:25, 27 de abril de 2012 (UTC)

ola de novoEditar

Grazas pola axuda, pero a verdade e que xa non uso o traductor, iso copieno da páxina en catalán e quedou así por despiste, grazas. --Thekakokid (conversa) 11:05, 28 de abril de 2012 (UTC)

RE: AutoríaEditar

  Corrixido! Gústame que te preocupes destas cousas. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 14:31, 28 de abril de 2012 (UTC)

O único xeito que tes de chegares ás mensaxes do sistema é mediante a caixa de procuras. Escolles a procura avanzada e seleccionas o espazo de nomes MediaWiki. Tamén tes a páxina especial coa lista de todas as mensaxes do sistema en Especial:Todas as mensaxes. --Toliño Fala aquí comigo 15:08, 28 de abril de 2012 (UTC)

AGA e homónimosEditar

Ola Adrián. Moitas grazas por amañares o asunto. O problema e que, como no artigo dos Premios Mestre Mateo 2011, e mais no de Academia Galega do Audiovisual, usei o sigla AGA, fixen unha redirección de AGA a este último e... vin que un artigo relacionado era Amiga, onde aparecía a sigla AGA. Como son bastante inexperto nestes temas informatico-galipedísticos, pasou o que pasou. Un cordial saúdo, --XoioÉche o que hai 23:43, 29 de abril de 2012 (UTC)

HoraEditar

¿E non sería boa cousa que puxeras o teu reloxo en hora, Estevo? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18:14, 30 de abril de 2012 (UTC)

  • ¿E non será porque tes o teu reloxo "atrasado"? En cambios recentes eu escribo á hora real, e ti dúas horas antes. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:40, 30 de abril de 2012 (UTC)
Certo. Así que saia o sol, vou de visita. --Atobar (conversa comigo) 10:06, 1 de maio de 2012 (UTC)

DEFAULTSORT e Mira (J. L.)Editar

Grazas polo aviso. E falando de Mira: este home naceu en Cabana de Bergantiños, non en Cabanas. --XoioÉche o que hai 00:22, 2 de maio de 2012 (UTC)

Vaia metedura de zoco! (a miña). Desculpa. E grazas polo teu comentario polo dos audiovisuais. Creo que paga a pena, e que se botaban en falta. Boas noites. --XoioÉche o que hai 00:35, 2 de maio de 2012 (UTC)

Vaia rapidez!Editar

Pois iso, vaia rapidez, Estevo!--Agremon(contacto) 15:24, 4 de maio de 2012 (UTC)

CategoríasEditar

Pois a verdade é que o de categorizar si me gusta jeje, así que vou poñerme a elo. Aos Manta Ray vinos alá polo 98 en directo na Coruña e a verdade é que me encantou o concerto, pero hai moito que non os escoito. Fareiche caso. Por certo, temos que darche os cartos de Tortoise e organizar a viaxe. Un saúdo! --Beninho (conversa) 17:21, 5 de maio de 2012 (UTC)

Ola estevo!Editar

Teño un problema ao creares a páxina do futbolista do Real Madrid Pepe. Sal o nome doutra persoa na páxina do Real Madrid, cousa que creo que está mal por parte do editor de dita páxina.

Por outra banda, estou a ter problemas ó creares unha ficha de futbolista, espero que me resolvas este problema. Saúdos. --Thekakokid (conversa) 14:56, 6 de maio de 2012 (UTC)

ola de novoEditar

O caso é que ao finalizare-la edición da páxina de Pepe debeu haber algún erro, e o administrador HombreDHojalata eliminouna. Creo que foi un erro da Wikipedia e por iso non a puiden rematar. Respecto ao outro grazas. Un saúdo. Thekakokid (conversa) 20:17, 6 de maio de 2012 (UTC)

Re: François HollandeEditar

Boas Estevoaei ! Non tes porque pedirme disculpas, sobra que me informes, xa sabes que non me ofende de todo o que se fai con boa fé, e agora non dudo da túa. É por demaís isto permitenos de dialogar sobre a colaboración que levamos. O caso de François Hollande é un exemplo de estrutura e contido no que teño dificultades a aceptar un xeito de ver ise tipo de artigos, xa que non concordo coas túas modificacións. Dúas cousas :

-A- a sección "Traxectoria" eu entendo que vai con unha seccion particular, traxectoria profesional, traxectoria politica, traxectoria artistica etc. A palabra traxectoria tamen ten o sentido dun movemento que vai d'un inicio a un final falando de cousas pero cando se trata dunha personna dise biografía. Xa fai un tempo que sodes varios a trocar Biografía por "Traxectoria" e non é unha politica, xa o falei con Atobar que o trocou en artigos onde eu puxera Biografía. A ver si un día falamolo coa comunidade. Pola miña banda cavilei moito e non entendo os argumentos que me deu Atobar (biografía abarca todo o relacionado coa vida da persona, non é mais restritivo que traxectoria, ao contrario), e por si fose culpa de que non dimino a lingua galega, anduven perquisando nos livros escritos en galego, por si é costume da cultura intelectual galega. Só che darei un exemplo : "Coordinadores Andrés Torres Queiruga e Manuel Rivas Garcia (2008). Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego. Edicións Xerais de Galicia e Consello da Cultura Galega. ISBN 978-84-9782-883-3 (Xerais) ISBN 978-84-96530-63-8 (Consello). ". Exemplos de estrutura de artigos :

  • Castelao, Cunqueiro Rosalía de Castro etc : unha cabeceira e logo catro seccions, Biografía, Obra, Pensamento e Bibliografía;
  • Orosio, cabeceira, unha Biografía de mais de 3 páxinas, unha Pensamento de media páxina
  • Martiño de Dumio non ten cabeceira, comeza directamenta coa seccion Biografía e logo Pensamento e Bibliografía;
  • e logo segun os casos cabeceira e Biografía ; cabeceira (con detalles biograficos) e Obra e Pensamento etc etc
  • con iste exemplo e con outros casos estou convencida que escribidondo unha enciclopedia en galego coa sección Biografía podese falar de todo o relacionado coa historia da persona : vida persoal, eventos, obra, pensamento, controvesias sobre da súa vida, da súa obra etc. E logo podense facer outras seccións, cando un ou varios de ises elementos da materia a contido especifico : a obra, o pensamento etc.
    non sei si che convence o que digo, a ver si un día, como xa o propuxen a Atobar falase diso na comunidade arredor, eu non domino bastante o galego para iniciar un debate. En espero, penso que podes entender, como Atobar, que xa que stou metida, gardese a miña estrutura.

-B- artigos de actualidade (e Biografías de persoas vivas), penso que debese evitar de dar moitos detalles do inicio da presidencia, eso vai mellor en wikinews (en francés, en castelán, en portugués). O exemplo do artigo Nicolas Sarkozy pareceme boo, olla como estaba o 9 de maio 2007.

Bueno que a ti non che pareza mal, vou modificar as tus modificacions, pero penso que che expliquei o por qué. Por demais podeche resultar de proveito na reunion que fas e recoller elementos de debate da xente que esta contigo. Que pases unha boa tarde Estevoaei e agradezoche a túa intervención, é ocasion de dialogar sobre a colaboracion na Galipedia. A lerte na páxina de conversa do artigo ou na miña. Saúdos --Elvira (Conversa comigo) 11:09, 8 de maio de 2012 (UTC)

Vou traballar un pouco mais no artigo, engadir datos. Contaba retirar ""en uso" ao xantar para que ti poidas traballar nil. Dime o que é mellor para ti esta tarde ? --Elvira (Conversa comigo) 11:30, 8 de maio de 2012 (UTC)

RE: MetaEditar

Deixeiche a resposta en Meta-Wiki. Grazas pola axuda! --Toliño Fala aquí comigo 20:43, 14 de maio de 2012 (UTC)

Leandro Abente ou AbrenteEditar

Mira un detalle, no artigo Gonzalo López Abente cambiaches Leandro Abente por Leandro Abrente, ¿estará ben?, é que non me casa co apelido do señor Gonzalo. Por certo, non me esquezo do tema dos BIC, pero teño que facer un oco :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:49, 16 de maio de 2012 (UTC)

A mandar!. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:11, 16 de maio de 2012 (UTC)

RE: Igrexa de San GonzaloEditar

Ok Estevoaei, terei en conta o que me dis á hora de poñer os nomes das igrexas. Grazas, tentei que quedara o máis completo dentro das miñas posibilidades. Unha aperta, Piquito (conversa) 22:47, 17 de maio de 2012 (UTC)

VacaEditar

Xa lin o aparato reprodutor da vaca/boi e xa fixen algunhas correccións. Todos eran erros menores excepto dicir que o 6 da vaca era a "glándula mamaria". Realmente é un músculo interno, un conxunto de músculos (gracilis, adutor e semimembranoso), que se fixa na base da pelve. Os debuxos, sobre todo o da femia, está moi desproporcionado: non é certo que o aparato reprodutor avance ata media vaca, máis alá da altura do embigo. Nin moito menos. Fóra da xestación, os cornos do útero non chegan a superar a liña do ubre; o útero xestante supera o ubre, pero non chega ó embigo. Bueno: a lección de anatomía é gratis. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:24, 22 de maio de 2012 (UTC)

RE:PatrimonioEditar

Xa teño o informe preparado, pero o primeiro que teño que dicir é que eu non controlo moito do tema, todo o que sei aprendino facendo as listas esas, se tes dúbidas haberá que preguntar a alguén que controle realmente :).

  • na páxina do ministerio de cultura, http://www.mcu.es/patrimonio/index.html di que o expedente da igrexa parroquial está incoado dende 16-04-1982. Isto quere dicir que se presentou e que está en estudo de declaración de BIC, pode ser que o declaren ou non... Para que estivese declarado BIC tiña que ter un código R-I e nen sequera ten un código provisional, que sería do tipo A-R-I
  • no PXOM do concello http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/default.asp (ollo, só permite entrar co internete exploter) mirei o catálogo de monumentos, do 1-4-2011, e non hai ningún monumento declarado como BIC.
  • no DOGA tampouco atopei ningunha declaración de BIC en Beade,

así que con todo iso eu penso que non debe ser...

Sobre o tema de Castelao o único que se me ocorre é indicalo no propio artigo, non hai outro sitio porque é un BIC inmaterial. Saúdos e perdoa pola tardanza!, --Elisardojm (conversa) 23:31, 22 de maio de 2012 (UTC)

GraciñasEditar

Pois iso, moitas grazas polo cambio do "entroido de Meira". Ata outra.--AArizaga (conversa) 11:03, 24 de maio de 2012 (UTC)

Categoría:Novelas ambientadas en PontevedraEditar

Adrián, unha podería ser Apocalipsis Z de Manuel Loureiro. --. HombreDHojalata.conversa 15:04, 2 de xuño de 2012 (UTC)

SubstEditar

Adri, cando se empregue o modelo {{Atención}} era bo irlle metendo o parámetro de data, para iso simplemente hai que poñer: {{subst:Atención}}.

Por outra banda, cando non se lle pon a un artigo senón a un modelo hai que poñerlle os "noinclude" (<noinclude>{{tltts|Atención}}</noinclude>) para que tódalas páxinas que incluen ese modelo, que poden ser moitas, non vaian á Categoría:Wikipedia:Atención.

Como o ves? --. HombreDHojalata.conversa 06:40, 7 de xuño de 2012 (UTC)

Oes! :-) Na túa paxina de usuario, penúltimo parágrafo, faltache Valentín Paz-Andrade, en negrita. Certamente fáltanos moito de completar nos artigos dos protas dos DLG, pero Valentín é dos máis completos. --. HombreDHojalata.conversa 08:58, 7 de xuño de 2012 (UTC)

RE:Ángel Carballeira RegoEditar

De ningures, vin que era unha paxina de homonimos e pillei o primeiro que era de Vilalba, non se me ocorreu que pudese haber outra parroquia de Lanzos no mesmo concello :). Xa o amaño!. Saudos, --Elisardojm (conversa) 16:55, 14 de xuño de 2012 (UTC)

Eliseo FernándezEditar

Ola Estevo o que me pediches xa esta feito. Un saudo e haber se podemos quedar outra vez --Alfonso mande 07:37, 15 de xuño de 2012 (UTC)

RE: EmerxentesEditar

  Feito! Unha vez limpada a memoria caché debería aparecer corrixido. O problema foi un erro na tradución; agora quedou: File links -> Ligazóns ao ficheiro. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 09:42, 15 de xuño de 2012 (UTC)

Carballeira de san XustoEditar

Boas, Estevo. Recategoricei as fotografías da capela de San Xusto na túa carballeira, esperando ter entendido (e feito ben) o que dicías hai un par de semanas. Repasa a Categoría:Imaxes de igrexas de Cotobade por se queres facer algunha modificación. Quédame pendente buscar que se pode engadir á carballeira na cultura popular, pero non me soa nada respecto á carballeira, senón ó carballo, que tampouco ten moito, que eu saiba. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:00, 15 de xuño de 2012 (UTC)

Aviso médicoEditar

Adrián, é cuestión de gustos, mais eu penso que {{aviso médico}} quedaba mellor a dereita, aliñado co texto, non centrado enriba do texto. --. HombreDHojalata.conversa 11:57, 16 de xuño de 2012 (UTC)

Sobre NarsésEditar

Dacordo, pero ten en conta que con paréntese xa estaba antes, e alquén o combiou a comas... --Angeldomcer (conversa) 13:15, 17 de xuño de 2012 (UTC)

NarsésEditar

Xa se me adiantou ToloBot. --. HombreDHojalata.conversa 19:30, 17 de xuño de 2012 (UTC)

WP FDPEditar

Adrián, cando acabe de subir as fotos que xa teño feitas, unicamente vai faltar unha das 73 parroquias da comarca de Pontevedra: Caritel ;-) --. HombreDHojalata.conversa 21:24, 19 de xuño de 2012 (UTC)

Que rapidez, es unha máquina! Eu estiven alí. Metinme co coche e case quedo empotrado entre dous muros de pedra. Amais xa se me facía tarde. Mosqueeime, saín marcha atrás e lisquei :-D --. HombreDHojalata.conversa 11:01, 20 de xuño de 2012 (UTC)

RE:Help requestEditar

Xa metín o monumento, non lle puxen o identificador porque no ministerio aínda non sae, e sabe Deus cando actualizarán iso. Teño que buscar o da Xunta a ver se aparece no PXOM de Pontevedra, e se pode consultar, cando teña un momento. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:46, 20 de xuño de 2012 (UTC)

Non importa, o que hai que facer é buscalo no catálogo de monumentos e seguramente alí terá un código da Xunta do tipo GA.... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:50, 20 de xuño de 2012 (UTC)

Forte de San Damián listo!Editar

... e grazas a ti!--Agremon(contacto) 20:07, 24 de xuño de 2012 (UTC)

The Signpost: 25 de xuño de 2012Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia

LamballeEditar

bo amigo, a miña non foi vandalismo. Como escribín no es.wiki bar es:Wikipedia:Café/Portal/Archivo/Noticias/Actual#Lamballe_.21 é unha mentira que xira en distintas versións lingüísticas. Unha persoa di que é descendente do último príncipe de Lamballe, pero el nunca tivo fillos, e ningunha outra fonte Ono que din o contrario. Entón eu deletei todo --Gregorovius (conversa) 20:34, 30 de xuño de 2012 (UTC)

The Signpost: 02 July 2012Editar

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia

capela de san sebastianEditar

Grazas, Estevo. Teria que preguntar, pero pareceme que a capela non pertence so a Vilar, quizais debera ser capela de san sebastian en santo adrao, ou capela de san sebastian en lourenza. un saudo. --Rodrigo (conversa) 12:01, 5 de xullo de 2012 (UTC)

Ponte do PorcoEditar

Boas Estevo: Sobre o que me preguntas teño dúbidas. Fernán Pérez de Andrade, O Boo mandara construír unha ponte no lugar da Ponte do Porco e hai unha lenda medieval, a de Roxín Roxal, na que se fai referencia a unha ponte que acabaría chamándose do porco por darse morte alí a un xabaril que andaba matando xente. Por certo, hai unha asociación cultural en Paderne que se chama Roxín Roxal.

Estes dous datos fan pensar que a ponte que fotografei é a ponte do porco, mais teño as miñas dúbidas pois o lugar da Ponte do Porco está uns centenares de metros río abaixo, na desembocadura do Río Lambre, e na páxina web do Instituto Xeográfico Nacional, se miras a cartografía no IBERPRIX, chámalle Ponte do Lambre e reserva o nome de Ponte do Porco para o lugar mencionado.

A miña opinión é que a primeira Ponte do Porco é efectivamente a que fotografei. En calquera caso teño que me asegurar pois polo seu tamaño non parece que sexa a que mandou construír Fernán Pérez. A ponte do lugar da Ponte do Porco, aínda que supoño do século XIX, pode que estea no lugar dunha anterior que podería ser a que andamos a buscar. Consultaréino.

E tentarei poñer as coordenadas! Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 14:23, 7 de xullo de 2012 (UTC)

Xa sei algo máis, na Historia de Pontedeume de Couceiro Freijomil di que a Ponte do Porco que mandou facer Fernán Pérez é a que está na desembocadura, no lugar da Ponte do Porco. Foi refeita no século XIX.
Imáxinome que a ponte á que se refire a tradición do Bautismo anticipado e a lenda de Roxín Roxal é a outra por ser máis antiga. Supoño que unha é a Ponte do Porco vella e outra a Ponte do Porco nova, mais non me atrevo a afirmalo con rotundidade. Sáudos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 22:05, 7 de xullo de 2012 (UTC)

CabiñoEditar

Non me fixara no faio porque dino por verdadeiro, xa añadin a fonte da idade ca que morreu. É segundo unha fonte naceu no 1925 e segundo outra morreu en 2009 con 86 anos..... inclinome a crer que o faio é a idade ca que morre, pero a ver se atopo máis información

Como mover un artigo con nome incorrectoEditar

Boas! creei unha entrada co nome Quempallou, disco, antes de que o correxiras a ligazón dende a entrada do grupo Quempallou por Quempallou (disco) e agora non sei como cambiala para a nova denominación. --Anton45 (conversa) 19:29, 10 de xullo de 2012 (UTC)

  • Xa me encarguei eu. Por certo Estevo, nos discos homónimos estou a usar "álbum" e non "disco" entre paréntesis. Un saúdo. --Beninho (conversa) 19:44, 10 de xullo de 2012 (UTC)

Gallaecia PetraeEditar

Si, Estevo. Claro que fixen moitas máis. E si que me parece oportuno unha categoría propia. ¿A que mereceu a pena a visita? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:18, 11 de xullo de 2012 (UTC)

RE: A Pena FuradaEditar

Boas rapás!. Sobre o da Pedra Furada eu por min deixábao como está, de facer algo eu crearía o artigo sobre o accidente xeográfico da Pena Furada e nel falaría algo sobre o sitio arqueolóxico e enlazaría a ese artigo..., pero esta é a miña idea, se vedes que é mellor pasalo ó outro tamén estará ben. Tamén deixei o comentario na súa conversa.

Sobre o da Torre dos Mouros non tiña nin idea e a verdade é que tes toda a razón que é outro sitio ben interesante!. Gustaríame moito poder ir facer algo por alí, acabo de ver que van facer un obradoiro de cerámica castrexa para rapaces ó que o meu pequeno seguro que se apunta!. Moitas grazas pola información, se non é dunha forma será doutra que vaia por alí este verán e en canto me vaia recuperando dos choios pendentes que teño farei o artigo, pásoo á miña lista de artigos pendentes. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:44, 12 de xullo de 2012 (UTC)

Votación Códice CalixtinoEditar

Boas Estevo, antes de nada agradézoche a túa proposta do Códice Calixtino para a portada, mais supoño que non liches a conversa relativa ao asunto do Liber Sancti Iacobi e o Códice Calixtino. É un tema que non está aclarado no artigo, polo que eu considero que non debería ir á portada por moi de actualidade que estea, xa que ten informacións contraditorias. Recoméndoche que leas a conversa do artigo do Códice e os comentarios da páxina de votación (xa que moitos foron postos logo de que votaras) e reconsideres a túa votación se o consideras oportuno, o debate leva parado moito tempo e considero que de ir á pordata poría en dúbida o rigor que ata agora caracterizou á Galipedia. Un saúdo, Piquito (conversa) 08:59, 15 de xullo de 2012 (UTC)

ArnoiaEditar

Faslle ti o artigo ou eu? [1] --Atobar (conversa comigo) 21:25, 15 de xullo de 2012 (UTC)

Acurtar direcciónsEditar

Adrián, estás segurísimo de que as direccións curtas que che ofrece http://www.g00.nl son permanentes?

As ligazóns que ofrecen algúns deses servizos, moi empregados para publicar en twitter, só funcionan durante un tempo.

E, en todo caso, o servizo enteiro pode desaparecer un día, coma tantos outros.

De todas maneiras, que vantaxe ten acurtalas se non se ven? [2] Non teño noticia de que se faga en ningunha wiki. A min paréceme que deixar as orixinais ofrece máis garantías. --. HombreDHojalata.conversa 09:29, 16 de xullo de 2012 (UTC)

Xavier Franco AlonsoEditar

Prezado Estevo: Aquí está a ficha de Xavier Franco Alonso que me comentabas: Xavier Franco Alonso.

Saúde e apertas!!!

Ramiro Torres (conversa) 22:01, 16 de xullo de 2012 (UTC)

REEditar

OK. SuperBraulio13 (conversa) 13:02, 17 de xullo de 2012 (UTC)

IWEditar

Non te preocupes por iso. Chega con que ti metas as iw's no galego para que o bot as engada noutros sitios (a non ser que sexa un artigo que só existe en {cz} e {gl} ou unha desas conexións raras que os bots non rastrexan. --Atobar (conversa comigo) 13:05, 17 de xullo de 2012 (UTC)

REEditar

Feito! grazas polo apuntamento --Anton45 (conversa) 13:36, 17 de xullo de 2012 (UTC)

Fútbol gaélicoEditar

Tentarei ir. Terei que mirar as regras do xogo para poder desfrutar un pouco del, saúdos!--Xosé Antonio (fálame sempre) 21:01, 17 de xullo de 2012 (UTC)

  Feito! Cando teña tempo vounas subindo. Non sei en que categoría metelas, quizais unha nova que sexa Imaxes de fútbol gaélico. By the way, fixen tamén algunhas grabacións de vídeo. Pódense subir tamén? e se se poden subir, que limitación de tamaño teñen? Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 11:07, 21 de xullo de 2012 (UTC)

Pazo de CadroEditar

A ver se o pillo aberto, porque sempre que pasei por alí atopeino pechado jeje. O venres vou, pero á comida aínda non o teño claro. Teño unha semana bastante movidiña e non sei como terei de libre as priemeiras horas do venres. Ata cando teño prazo para apuntarme?. --Beninho (conversa) 20:38, 22 de xullo de 2012 (UTC)

aguas de cabreiroáEditar

ola, penso que o artigo sobre augas de cabreiroá modificado baixo a referencia dúas é algo lixeira. Expresións como: ... obligación, por motivos humanitarios o por convicción patriótica... poidera resumirse en algo así como: por un motivo ou por outro O blog está cheo de especulacións, suposicións e feitos enlazados de xeito pouco riguroso (na miña opinión) ¿É un dato enciclopédico que ao alcalde lle rouben o material sanitario para empregalo no balneario? --Nemigo     22:46, 22 de xullo de 2012 (UTC)

No post/blog que ti citas non se di de onde sae isa información (para a súa verificación) No mesmo post/blog se cita que información facilitada nun post anterior NON é certa. Non parece ser moi rigurosa a fonte. Por outra banda incautáronse/foron cedidos moitos medios durante a guerra civil (entre outros os autobuses de varias empresas de transporte da galiza) sen que isto sexa dato enciclopédico relevante. Toda a Galiza estivo ao servizo dos que deron o golpe de estado. Augas de Cabreiroá non foi unha excepción. Polo tanto a información non é relevante e non está verificada por fonte independente. --Nemigo     23:46, 22 de xullo de 2012 (UTC)
Entón a fonte da información é o libro, non o blog nin o post. Debera citarse como tal. Por outra banda non entendo que culpa ou función ten o balneario de cabreiroá con que lle incauten/rouben o material ao médico e o empreguen no balneario. Ao médico roubáronlle. Iso pasoulle a moita xente e ise material roubado emprégase noutro sitio, tamén pasou moito... ¿É relevante isto co balneario de cabreiroá? Estase a falar dunha empresa centenaria que nada ten que ver co acontecido alí nos tempos da guerra civil --Nemigo     00:34, 23 de xullo de 2012 (UTC)
¿O post/blog está baseado nun libro que ti non liches e ao que non tes aceso? E iso é unha referencia enciclopédica. Se o balneario pasou a ser hospital (xa non é balneario nin ten uso público) non ten nada que ver co acontecido alí durante a guerra civil. Parece evidente. --Nemigo     08:24, 23 de xullo de 2012 (UTC)

VídeosEditar

Os vídeos aínda teño que pasalos ao formato que me dis. De tódolos xeitos non te esperes gran cousa pois foron feitos coa mesma cámara de fotos. Alégrome de che gustaran as fotos, un sáudo! --Xosé Antonio (fálame sempre) 10:47, 23 de xullo de 2012 (UTC)

CamiñoEditar

Grazas.

Pois nas guías que eu teño as dez variantes do camiño acaban en Monte do Gozo → San Lázaro → Santiago de Compostela, supoño que o fan así para indicar que aí están os albergues de Santiago. Vouno amañar un pouco, de maneira que vaian as tres cousas dentro do mesmo cadro, para expresar que as tres forman parte de Santiago como destino final.

Estaba pensando en ampliar o cadro, así que ... permanezan atentos aos seus monitores :-)

O de facer o camiño os galipedistas paréceme boa idea, pero dende Valença, que dende Lisboa vai ser muito camiñar! --. HombreDHojalata.conversa 17:57, 26 de xullo de 2012 (UTC)

RE: O caso do metílicoEditar

Boas Estevo. Estiven fóra ata hoxe e por iso a tardanza en contestar. O caso da intoxicación por metílico pilloume aínda moi novo e non teño información da época como tiña do caso do aceite de colza, que me pillou xa traballando. O asunto é interesante e supoño que na rede se poderá atopar información para comezar o artigo, aínda que a que proporcione ese libro teu semella que será máis completa. Buscarei información. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:25, 26 de xullo de 2012 (UTC)

RE: Pazo de FefiñánsEditar

Acabo de ver a noticia na Xunta pero eu ata que o vexa no DOG non me fío! ;). En canto apareza no DOG xa o meto na lista.

Eu ó final non pasei aínda pola Torre pero espero poder ir unha finde deste mes para ver o que hai por alí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 07:51, 6 de agosto de 2012 (UTC)

RE: Bots e interwikisEditar

Tomo nota. Neste caso non podo facer o que me aconsellas porque o artigo en cuestión non existe na wiki inglesa (Xogos Olímpicos de Londres), pero fareino así a partir de agora. Graciñas! --VaiPolaSombra (conversa) 22:35, 7 de agosto de 2012 (UTC)

LGTEditar

Moitas grazas Estevo!! Piquito (conversa) 20:42, 15 de agosto de 2012 (UTC)

Página de Rocío Jurado en gallegoEditar

En los últimos días he intentado hacer un artículo sobre Rocío Jurado lo mejor que he podido ,pero Usted lo ha borrado en todas las ocasiones,publicando uno con datos falsos ,que en mi opinión es peor que el mío.El último que he hecho está sacado de la página en castellano y espero que este a su gusto.

Ficheiro:Descripcion del Reyno de Galizia y de las cosas notables del.jpgEditar

Queda modificado o ano na ficha da imaxe. Grazas e bo traballo. --. HombreDHojalata.conversa 08:08, 16 de agosto de 2012 (UTC)

Hola. Estoy intentando crear una página csobre Manuela Santalla López, que voy actualizando según avanzo en ella y me acabas de hacer perder el trabajo de dos horas. Gracias. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Maquia (conversacontribucións) 17 de agosto de 2012 ás 09:58

Feira FrancaEditar

Boas rapás!, este sábado vou estar todo o día na Feira, se estás por alí e tes un momento para tomar unhas cervexas avísame :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:34, 30 de agosto de 2012 (UTC)

ExedraEditar

Pois aquí vén: http://xunta.digalego.com/dicionario_xunta/html/index.php?op=ver&id=28757&buscado=&opcion=

Saúdos.--Calq (conversa) 20:25, 7 de setembro de 2012 (UTC)

RE:Igrexa de San Martiño de LalínEditar

Xa non é sen tempo. Por fin puxen as coordenadas. Pero bótalle ti un ollo, porque eu non controlo moito estes programas e fíxeno un pouco a ollo. Saúdos e desculpa pola tardanza. --Xas (conversa) 15:12, 13 de setembro de 2012 (UTC)

Nova ferramentaEditar

Podes levar a cabo a miña petición? --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 19:29, 15 de outubro de 2012 (UTC)


XeituraEditar

Ola Estevoaei, pódesme decir agora por que borraches a entrada?? Xa non era un texto copiado de ningurés, xa que logo foi retirado do perfil de Facebook. E se foi pola frase de Einstein pois moitas gracias por avisar antes de anular todo o traballo. Gracias de novo!! Intelixencia colectiva lle chaman a esto non??

E agora que?? Teño que volver a editar todo o texto?? Non hai copia de seguridade??

Francisco Álvarez de NóvoaEditar

Consulto (con calma) as miñas referencias... xa te direi o que hai. Grazas. [Non esquecín o teu billete ucraíno. Teño un reservado para ti] Saúdos. --Xas (conversa) 21:30, 18 de outubro de 2012 (UTC)

OpinarEditar

Podes dar a túa opinión aquí é que fai falta cuórum. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 07:37, 19 de outubro de 2012 (UTC)

Décimo aniversarioEditar

Ola!, aquí estamos facendo unha pequena votación para ver se poñemos un aviso na cabeceira da Galipedia, precisamos o teu voto para tomar unha decisión, poderías botarlle un ollo? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:40, 25 de outubro de 2012 (UTC)

Borrar Funguicultura Muiños?Editar

Adrián, pásate por Wikipedia:Votacións para borrar/Funguicultura Muiños.

Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 12:31, 4 de novembro de 2012 (UTC)

Castro da SubidáEditar

Non son experto na materia, pero a ver o que podemos facer. Un saúdo. --Beninho (conversa) 09:56, 5 de novembro de 2012 (UTC)

SubstEditar

Adrián, cando metas o Modelo:Atención, lembra poñerlle o Subst, deste xeito: {{Subst:Atención|O que sexa}}.

Un saudote . --. HombreDHojalata.conversa 15:38, 5 de novembro de 2012 (UTC)

Re:Terceira Autonómica de GaliciaEditar

Veremos que podo facer. Unha apertiña! --Krisko (conversa) 09:39, 6 de novembro de 2012 (UTC)

Volve Poñer LourdesEditar

o nome oficial tanto da santa Nosa señora de Lourdes (de quen provén o nome da parroquia) como o de Curtis é Lourdes.

Nosa señora de Lourdes -> http://es.wikipedia.org/wiki/Santuario_de_Lourdes

Wikipedia ES pon Lourdes -> http://es.wikipedia.org/wiki/Curtis_(España)

Ata o pon na foto da igrexa da páxina de Curtis na wikipedia en galego -> http://gl.wikipedia.org/wiki/Curtis Igrexa de nosa señora de Lourdes

Outras ligazóns co nome de Lourdes:

http://www.misas.org/p/parroquia-nuestra-senora-de-lourdes-curtis-estacion

http://www.paginasamarillas.es/fichas/ig/parroquia-nuestra-senora-de-lourdes_015683261_000000227.html

http://seguros.vulka.es/a-coruna/agencias-seguros/curtis-estacion-lourdes-curtis/

http://construccion.vulka.es/a-coruna/materiales-construccion/curtis-estacion-lourdes-curtis/

en google hai 3 millóns catrocentas mil ligazóns para lourdes curtis https://www.google.com/search?q=lourdes%20curtis&ie=utf-8&oe=utf-8

"lurdes" pono na wikipedia en galego https://www.google.com/search?q=lurdes%20curtis&ie=utf-8&oe=utf-8

saúdos--Nemigo     15:07, 19 de novembro de 2012 (UTC)

Veño de ver nese mesmo nomenclator o topónimo Lourdes:

Igrexa de Nosa Señora de Lourdes en A Merca -> http://gl.wikipedia.org/wiki/A_Manchica,_A_Merca

Capela de Nosa Señora de Lourdes en A Pontenova

E xa para demostrar definitivamente o erro de ese nomenclator aparece Nosa señora de Lurdes en Boqueixón, na wikipedia en galego pon Nosa Señora de LOURDES -> http://gl.wikipedia.org/wiki/Lestedo%2C_Boqueixón --Nemigo     15:44, 19 de novembro de 2012 (UTC)

Dous datos: A igrexa de Lourdes (en Curtis) chámase así e ten a nosa señora de Lourdes como patrona. Este punto non é discutible. É un dato fácilmente comprobable. Non ten senso poñer no artigo que a igrexa se chama de "Lurdes", eso non é certo nin correcto e pono varias veces no artigo -> http://gl.wikipedia.org/wiki/Santa_María_de_Lurdes,_Curtis Deixando máis que claro o eviente nome da igrexa se alguén o cambia terá que referenciar o paso de Lourdes a -> Lurdes. A wikipedia en ES emprega as mesmas referencias e chámanlle Lourdes. Na wikipedia en galego (fonte non primaria) pon Xuvia (Narón) con uve (forma correcta) -> http://gl.wikipedia.org/wiki/Xuvia,_Narón,_Narón. Segundo ese mesmo nomenclator Xuvia escríbese con B.
No nomenclator da xunta pos "lurdes" http://toponimia.xunta.es/Buscador e sáeche Capela de Nosa Señora de Lurdes en Boqueixón logo vas á páxina da wikipedia en galego -> http://gl.wikipedia.org/wiki/Lestedo%2C_Boqueixón alí pon "Lourdes" Penso que é doado de comprobar.
En canto ao de "edición inicial" non o entendín. Eu non escribín o artigo inicial de "Nosa Señora de Lurdes". Tampouco vin onde está referenciado que a igrexa se chama "Lurdes". Saúdos --Nemigo     18:15, 19 de novembro de 2012 (UTC)

LugoEditar

Póñome sen problemas, aínda que tardarei un par de días en poñerme que ando un pouco liado :).--Adorian (fálame) 21 de novembro de 2012 ás 21:15 (UTC)

Xurxo AyánEditar

De nada, meu!

Ramiro Torres (conversa) 28 de novembro de 2012 ás 08:26 (UTC)

USCEditar

Agradécense os eloxios pero aínda queda moito por facer. Tiña a intención de propolo para "Artigo sobre Galicia" na "Portada" mais non o fixen pois necesita referencias na Historia e cambiar algunha sección dela que está copiada literalmente da web da USC. En fin, seguiremos nelo. Ocórreseme que se o propoño de tódolos xeitos, quizais máis xente contribúa a melloralo, ti que opinas? Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 6 de decembro de 2012 ás 22:50 (UTC)

Boas Estevo, supoño que xa viches os arranxos que fixen. Pouco máis quedaría por facer. Habería que buscar referencias das catro primeiras seccións da Historia pero non dou atopado as fontes. O que fixen foi mergullarme no historial de edicións e vin que esas seccións foron redactadas por Lansbricae, e xa vin que leva uns meses inactivo. Se poideramos poñernos en contacto con el e preguntarlle as fontes sería xenial pois o texto é bo. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 8 de decembro de 2012 ás 22:45 (UTC)

Pol PotEditar

A min tampouco me gustaba como estaba o comezo. O cambio que propós paréceme ben. Cédoche a honra de facelo que xa estou comezando a ver xenocidas por todas partes, saúdos! --Xosé Antonio (fálame sempre) 12 de decembro de 2012 ás 11:10 (UTC)

El Pensamiento GallegoEditar

Ola Estevo, pois parece que o caso El Pensamiento Gallego está complicado. Non sei se o teño solucionado definitivamente mostrando que en realidade existiron dúas publicacións co mesmo nome aparecidas en diferentes épocas, pero vinculadas aos mesmos editores e xornalistas. De todos xeitos, gustaríame que me aportaras ese dato da bibliografía sobre A tecedeira de Bonaval no que di que apareceu en 1894. Saúdos e grazas polo aviso. --Xas (conversa) 12 de decembro de 2012 ás 22:51 (UTC)

A cousa era máis complicada aínda... Podes botarlle un ollo a El Pensamiento Gallego que acabo de refacer: Parece que en principio apareceu un periódico con este título en 1887 (El Pensamiento Gallego (1887)), que en abril de 1888 cambiou o título por El Pensamiento Galaico. Os redactores deste xornal editaron unha revista co título El Pensamiento Gallego entre 1888 e 1889. E finalmente El Pensamiento Galaico foi substituído por El Pensamiento Gallego (1895) en 1895. Non sei se conseguín aclarar ben as cousas... Se ti tes algún novo dato agradeceríacho... Saúdos. --Xas (conversa) 14 de decembro de 2012 ás 22:53 (UTC)

coordenadasEditar

Ola Estevoaei. Xa tiña pensado poñer as coordenadas, só que onte non me deu tempo nin sabía moi ben como facelo. Moitas grazas pola axuda.Pontesiño (conversa) 21 de decembro de 2012 ás 08:41 (UTC)

Arriba!Editar

Boas Estevoaei, a páxina de homónimos de Arriba creeina para que non quedara orfa a ligazón dun lugar da comarca de Chantada. Fixen a búsqueda como indicas e vinme un pouco desbordado da cantidade de entradas que aparecian, ó final so puxen os vin que "Arriba" era o único nome do lugar. Agora estou actualizando datos da comarca, pero despois farei o que poda. Grazas - Loischantada (conversa) 24 de decembro de 2012 ás 17:10 (UTC)

Imaxe da portadaEditar

Teño unha solución temporal, expliqueina na páxina que pediches a axuda pero hai que facer a páxina da imaxe desta semana que non me deu tempo a facer. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de decembro de 2012 ás 19:41 (UTC)

Celso Emilio FerreiroEditar

Foi o 4 de xaneiro. É o dato real, confirmado polo seu biógrafo Ramón Nicolás. Métoo alí.

Saúde e apertas!!

Ramiro Torres (conversa) 14 de xaneiro de 2013 ás 10:42 (UTC)

Volver á páxina "do usuario Estevoaei/arquivo6".