Benvido(a) á Galipedia, Daniarmo!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.Lansbricae (Ti dirás) 05:41, 23 abril 2007 (UTC)

Saúdo de Benvida editar

Benvido/a á Galipedia Daniarmo. Con certo retraso súmome ao saúdo de benvida. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:19, 15 maio 2007 (UTC)

Parabéns editar

Parabéns polo teu traballo. Espero non afecte ao seu desenvolvemento os últimos acontecementos feitos. Vexo que segues a traballar entre outras cousas en contidos de micro-toponimia. User:Alma ten a intención de seguir nelo, podería ser un bó traballo colaborativo, que che parece? (espero que non entendas que trato de levarte a ningún bando, xa que non é esa a cuestión) Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 00:43, 3 setembro 2007 (UTC)

Ola Daniarmo. Pois a min pasárame desapercibido. Mais teño unha dúbida: todo o artigo é unha copia desa páxina ou só unha parte? Se fora só unha parte tan só compre borrala. Se pola contra todo o artigo está sacado desa páxina habería que borralo. Un saúdo e parabéns polo traballo. AlberteSi, digame? 16:29, 18 setembro 2007 (UTC)

Aproveito para che dar a miña benvida e agradecerche que desfixeses un vandalismo que é posíbel que se propagase automaticamente a outras 50 wikipedias. Por térelo notado ti xa o están corrixido.--Xosé (✉) 13:52, 6 outubro 2007 (UTC)

  • Feito, penso. Colócanse as etiquetas <noinclude> ligazóns <noinclude> para que non se incluan esas ligazóns nas páxinas nas que aparece o modelo de citas. --Xosé (✉) 19:15, 6 outubro 2007 (UTC)

Fundraiser 2007 - Translation of Sitenotice editar

Hi, the Fundraiser 2007 of the Wikimedia Foundation will last from 22 October to 22 December. Right now we are preparing the sitenotice. Could you please help by translating the two sentences in your language? If you cannot do this, could you please help me to contact a person who can help? You can find the text to be translated on meta. Thank you so much for your help! Best, --SabineCretella 19:44, 6 outubro 2007 (UTC)

"Presionar"/premer editar

Pois dúas veces grazas, unha pola túa felicitación, e, mais agradecido aínda, pola túa rectificación.

Aínda que coa mellor intención, creo que é evidente que cometín un erro infantil: como vin no meu dicionario que premer é "Facer presión sobre algo", pero no sentido de apertar ou oprimir, e eu o que pretendía dicir era que exercían presión, no sentido de "Influencia exercida sobre unha persoa coa intención de conseguir que actúe en contra da súa vontade ou do seu desexo", que é tal como vén definida presión no dicionario. Pero claro, non caín na conta que presión é un substantivo, e que non existe en galego o verbo "presionar". Por iso creo que a mellor opción non é nin premer nin, por suposto, "presionar", senón algo así como facer presión, ou algo similar.

A verdade é que eu son mais de "ciencias" e aínda por riba os da miña xeración non estudamos galego (estiveron a piques de despedirme a principios dos 70 por intentar falalo) e, dado que é evidente que "controlas" máis que eu, deixo nas túas mans a redacción que mellor creas conveniente, e espero ser mais coidadoso a próxima vez antes de corrixir unha corrección, e imos ver se é certo iso que din de que se aprende máis dos erros que dos acertos, e aprendo un pouco.

Grazas de novo, --Furado 15:48, 9 outubro 2007 (UTC)

Participación nas primeiras eleccions "democráticas" editar

Ola!. Só por se non estiveses ao tanto, infórmote de que es un dos poucos que podes participar nas Primeiras votacions "democráticas" a administradores (ás que se presentan 3 candidatos). Pareceume importante facercho saber para que poidas exercer o teu dereito, sempre que o estimares oportuno, pero polo menos que estiveras informado, pois a informacion é un dos piares da liberdade. Saúdos. ---- Maañón00 (o que ho?) 20:37, 25 novembro 2007 (UTC)

Concellos galegos editar

Ola, acabamos de por en marcha o Wikipedia:Wikiproxecto Concellos galegos e lembro que cando entrei na Gali eras un dos máis activos nese tema, gustaríame que lle botaras un ollo, e te animases a voltar a colaborar, temos un fichaxe que xa verás, é un crack. Saúdos e agardo voltar a traballar xunto a ti. Alma (fálame eiquí) 20:54, 7 decembro 2007 (UTC)