• Benvido á Galipedia Carlos e grazas por unirte a nós. A mensaxe que encabeza as páxinas neste momento especifica que: "Para marcar as imaxes é preciso incluir a licenza e a táboa de información cos datos que identifiquen a súa orixe. Por favor non cargue imaxes cunha información incompleta ou con dereitos porque poden danar gravemente o proxecto e deben eliminarse". A imaxe Image:Galiza.jpg non inclúe ningunha información sobre a autoría, licenza e orixe. Ten en conta que aínda que a imaxe estea publicada en Internet non significa que poida utilizarse libremente se non hai unha autorización expresa. Autorización que debe ser pública e estar dispoñible para a súa verificación e consulta. Se dispón desa autorización por favor indíquenos onde está dispoñible. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:06, 19 maio 2006 (UTC)
  • Aínda non fixeches os 20 e xa gastas o Don. Ti si que sabes. --Nanotrasno 13:52, 13 xuño 2006 (UTC)

Xornal da GalipediaEditar

Ola D. Carlos Ramon Canosa Carro, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para difundir o que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia que queira aportar pode incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi váliosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:41, 15 setembro 2006 (UTC)

20.000 artigosEditar

Ola D. Carlos Ramon Canosa Carro. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois moitos dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días e, quizais algúns non cheguen a ver esta mensaxe nunca, porque o seu paso pola Galipedia foi fai moito tempo. Así e todo, non queriamos deixar de agradecérllelo.

Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:57, 6 decembro 2006 (UTC)