Benvido(a) á Galipedia, Compostelana!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Alberte Si, dígame? 16:59, 28 outubro 2009 (UTC)

Artigo Enxeñaría Química editar

Ola Compostelana, estiven a botarlle unha ollada ó contido que engadiches no artigo de enxeñaría química e ocórrenseme algunas modificaciois que ó mellor poderían axudar a melloralo un chisco. En relación ás especialidades principais que mencionas, creo lembrar que esas son as que se ofertan na propia universidade de Santiago, polo que seica poderías engadir máis campos de actividade pra dar unha idea máis real do que abrangue esta disciplina (preme aquí pra ver algún exemplo). Por outra banda penso que poderías aclarar un pouco mellor a equivalencia entre os termos enxeñaría química e química técnica, polo que se indica neste texto do Costa López son termos equivalentes, aínda que supoño que isto o podes consultar noutra bibliografía. No tocante á expresión, seica deberías evitar frases coma esta ..."e a biotecnoloxía, que encárgase de transformar ós seres vivos en beneficio do home (inda que beneficio sexa unha palabra moi relativa), sendo así culpable dos tranxénicos por exemplo". Supoño que ti tés a túa opinión sobor do tema, pero do que se trata é de facer artigos imparciais.

Non sei se tés pensado continuar facendo aportacións relacionadas con este campo, pero por se che entran arelas, direiche que aínda non hai nada escrito sobor dos reactores químicos, o cal é unha mágoa porque de feito hai algunhas imaxes en Commons que poderían axudar a ilustra-lo tema. Se te decides e necesitas axuda xa me dís. Unha aperta. --Lala Lugo 19:28, 28 outubro 2009 (UTC)


Hola rapaza! alegrome de que leras o artigo e de que teñas algo que dicir, porque son unhas criticas ben constructivas :) Agora non teño o tempo suficiente (véxase unha hora ou duas :p) para rematalo traballo feito e melloralo, pero si teño pensado completalo e seguir enchendo a wikipedia galega co que os meus coñecementos me permitan, ainda que soamente leve 3 anos en enxeñeria :p con respecto ó dos reactores ainda non teño soltura suficiente nin moito menos, ainda que si teño o costa lopez para ir engadindo algo ... ti estudas ou estudaches enxeñeria quimica? porque sempre esta ben estar en contacto con alguen que me poda asesorar e que me poda dicir cando meto a gamba soberanamente en algo :p un saudo e moitas gracias. Albi

Por certo xa saquei o de 'beneficio é unha palabra moi relativa' porque tes razon, a informacion se da para que a xente opine; porque si se opina para que a xente se informe...iso chamase manipulacion. un saludo.

  • Ola Alba, alédame saber que as modificaciois que che mencionei che poden servir de axuda. Penso que é moi positivo que queiras colaborar engadindo e completando artigos segundo os teus coñecementos, non te agobies pola falta de tempo, este é un proxecto voluntario e calquera contribución é benvida. Eu rematei a carreira fai uns anos, así que se necesitas axuda con algún artigo xa mo dis, e se non damos saído de dúbidas xa consultaremos bibliografía. Penso que para o tema de reactores sería bo consultar tamén o Levenspiel (tanto a versión normal coma o Omnilibro) e o Fogler, eu cando teña algo de tempo traterei de poñerme co tema pero vai pra rato porque teño aínda outras cousas pendentes e pouco tempo pra poñerme con elas. Por outra banda, se che apetece seguir co artigo de Enxeñaría Química coido que podes tentar facer un resumo das versióis do artigo en español e en inglés, e seica engadirlle algunha outra cousa que atopes noutras páxinas e que che pareza interesante. Unha última cousiña referente ás mensaxes que deixes a outros usuarios: tenta sempre responderlles na súa páxina de conversa porque senón pode que non se decaten do que lles queres dicir ou consultar (é certo que o poden comprobar na páxina de cambios recentes pero é máis inmediato se empréga-la páxina propia de cada usuario). E cando deixes unha mensaxe lémbrate sempre de asinala, pra iso podes usa-lo botón "A súa sinatura con data e hora" que é o cuarto comezando pola dereita que che aparece cando entras na pestana Editar en calquera páxina de conversa. Se tes dúbidas podes consultarlle a calquer usuario. Unha aperta. Lucía--Lala Lugo 13:42, 1 novembro 2009 (UTC)

Xosé Tarrío editar

Ola, Compostelana. Deixeiche resposta na Taberna. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:28, 28 de febreiro de 2011 (UTC)

Ola Compostelana, tes que fixarte cando crees un artigo que o nome sexa o correcto. Movín o artigo Xosé Tarrío e púxenlle un marcador de "atención" porque precisa unha revisión. Bótalle un ollo á Guía da Galipedia e se precisas unha man con algo non dubides en pedila. Un saúdo. --Beninho 22:55, 16 de marzo de 2011 (UTC)

Ola, Compostelana. O artigo movino eu, como che indiquei na miña anterior mensaxe. Había unha incorrección no título: o apelido estaba escrito con minúscula. Outra vez que perdas de vista algún artigo que fixeches podes ir á ligazón que tes na parte de arriba e que di as miñas contribucións, que te leva a estoutra páxina. E xa sabes, a mandar. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:40, 17 de marzo de 2011 (UTC)

RE:Axuda editar

Boas Compostelana, deixei unha resposta na páxina de conversa do artigo. Espero que che sea de axuda. Xa vin os dous artigos, espero a que coloques o marcador para borrar o que ten o título en minúscula e así non causarte ningún problema no teu traballo. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 21 de maio de 2015 ás 14:20 (UTC)Responder

Xa borrei a que tiña o título en minúscula. Tamén movín a páxina que quedaba cara Módulo de Thiele. Saúdos! --AMPERIO (conversa) 21 de maio de 2015 ás 14:25 (UTC)Responder

Gracias!! (é que non me entero de nada)--Compostelana (conversa) 21 de maio de 2015 ás 14:27 (UTC)Responder