Benvido(a) á Galipedia, Cheminha!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--. HombreDHojalata.conversa 18:13, 2 de marzo de 2012 (UTC)

Wikiskills e Wikimedia España editar

Boas Cheminha. Quería comentarche que son membro do capítulo Wikimedia España e que podes contar comigo para o que precises, tentarei axudarche no que poda. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:43, 3 de marzo de 2012 (UTC)

Ah!, por certo, movín o teu aviso do taboleiro dos administradores á sección de Xeral da taberna que é un sitio máis axeitado para esas cousas, podes acceder ó mesmo contido nesta ligazón. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:25, 3 de marzo de 2012 (UTC)

Moitisimas gracias! editar

Moitas gracias Elisardo. Mantereite informado acerca do proxecto WikiSkills. De momento imos a lanzar unha enquisa a usuarios para ver si teñen experiencia utilizando wikis, aínda que a maioría teñen (temos) pouca experiencia no tema. A enquisa será lanzada entre mañá e pasado. Tamén che quería comentar que no proxecto participa Wikimedia Sverige e a verdade e que estamos encantados de traballar con eles e de que nos ofrezas o teu apoio. En canto lancemos a enquisa avisareite e falamos de como podemos colaborar :)

Un saúdo e gracias de novo.

--Cheminha (conversa) 17:54, 5 de marzo de 2012 (UTC)

Moi ben, avisei a algúns usuarios da Galipedia do mundo da educación que poderían estar interesados, veremos o que din nos próximos días. Se precisas algunha cousa ou tes calquera dúbida déixame un aviso e tentarei axudar no que poda.
Só unha nota, creo que na vosa wiki non funciona así pero nesta para deixar mensaxes ós outros usuarios tes que poñer os comentarios nas súas páxinas de conversa, dese xeito o programa pode poñer o aviso de "mensaxe nova" cando os usuarios entran na súa conta, ademais de que lles envía un correo electrónico se teñen esa opción activada nas súas preferencias. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:13, 6 de marzo de 2012 (UTC)
Moi ben, cando teña un momento farei a enquisa, o que deberías facer é poñer o aviso na taberna para que toda a xente se entere, neste sitio.
Sobre o do artigo de WikiSkills xa che comentou Prevert que ti non o podías facer, nin niguén que esté relacionado con ese proxecto, para evitar conflitos de intereses. Ademais diso eu engadiría que non ten relevancia enciclopédica, hai que ter en conta que isto é unha enciclopedia e o proxecto WikiSkills, polo momento, non sei como seguirá no futuro, non ten unha "entidade" como para estar na Galipedia, polo menos dende o meu punto de vista. O que si podes facer sen problema é crear unha/s subpáxina/s no teu espazo de usuario para incluir nela/s o que estimes oportuno (sempre que non sexan contidos ofensivos nin contrarios ó espirito do proxecto, por suposto), por exemplo o contido que puxeches no artigo WikiSkills podes dicirlle a un administrador que cho copie en Usuario:Cheminha/WikiSkills xa que aínda que a páxina esté borrada eles teñen acceso ó contido. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:25, 12 de marzo de 2012 (UTC)
Acabo de mirar a enquisa e resulta que non podo cubrila porque eu non traballo no eido da educación, o meu interese no proxecto ven dende a asociación para tratar axudar no que poda na difusión, facilitar o acceso e uso das wikis e o coñecemento libre. Eu podo colaborar no que vexades, facendo de tutor de xente que quera comezar na Galipedia, facendo obradoiros de edición, difundindo o proxecto onde poda, etc. Se queres podería achegarme algún día pola tarde ata o CESGA para falar un pouco máis tranquilamente dalgunha posibilidade de colaboración máis concreta. Se a pesares do anterior queres que cubra a enquisa igualmente eu fágoo sen problema, só tes que dicirmo :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:26, 12 de marzo de 2012 (UTC)

Boas, temos un par de preguntas sobre o proxecto:

  • a enquisa é só para xente que teña usado as wikis en educación ou para calquera que traballe no eido da educación independentemente do seus coñecementos e uso que faga das wikis?
  • hai algún plazo para enviar a enquisa?

Por certo, por se che interesa e non a coñeces atopei agora unha páxina en meta sobre o proxecto, e onde, se queres, podes facer unha versión en galego xa que as páxinas de meta son multiidioma, mira por exemplo esta. Isto non quita para que fagas aquí o que che comentei o outro día, claro. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:06, 14 de marzo de 2012 (UTC)

Proxecto WikiSkills editar

Enlace á ligazón para a enquisa: http://enquisas.cesga.es/index.php?sid=37569&lang=es

--Cheminha (conversa) 08:39, 9 de marzo de 2012 (UTC)

WikiSkills editar

Ola Cheminha. Síntoo pero que ti crees o artigo WikiSkills é unha incompatiblidade porque supón un conflito de intereses. Por máis simpatía que nos esperte un proxecto non podemos saltar as directrices que aplicamos a outros artigos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:44, 9 de marzo de 2012 (UTC)

Podes facer unha edición que elimine o contido do artigo (iso serve, sendo ti o creador, para indicar que houbo algún tipo de erro e estáse dicindo indirectamente neste tipo de casos que se concorda co borrado) e ademais podes incluír o marcador {{lixo}} cunha explicación {{lixo|aquí vai a explicación}} (podes copiar e pegar isto substituíndo aquí vai a explicación co teu texto) dicindo que te trabúcaches e non sabias que ti non podias crear o artigo por estares relacionado co proxecto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:07, 9 de marzo de 2012 (UTC)
Moitas grazas. Un cordial saúdo.--Prevertgl 13:17, 9 de marzo de 2012 (UTC)
Un detalle do que me esquecín. Cargar fotografías das que se teñen os dereitos non é ningún conflito de intereses, ademais agradecemos que se faga sexa en Commons ou aquí. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:21, 9 de marzo de 2012 (UTC)

RE:Unificación de contas editar

Boas!. Unificar as túas edicións deste usuario coas da conta de en.wiki penso que non se pode facer, agora as contas novas xa son globais e non fai falta unificalas, pero como non controlo moito deste tema o mellor sería que deixaras unha mensaxe no tablón dos administradores. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:13, 31 de agosto de 2012 (UTC)