Conversa usuario:Beninho/Arquivo 4

categorización editar

Ola, Beninho; Vin que retomaches a categorización musical; podes botarlle un ollo a Bananarama, que non está correctamente categorizado, a ver onde se pode meter? Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 15:07, 1 marzo 2010 (UTC)

Por favor editar

Por favor atende o expresado en http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia%3ATaboleiro_dos_administradores%2FVandalismo&action=historysubmit&diff=1461752&oldid=1345867 (esta comunicación fágolla a tódolos administradores)

Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  23:41, 8 marzo 2010 (UTC)

Ola Beninho! Pois o dos selos vai segundo o país onde foran emitidos. non sei se a túa colección inclúe selos de todo o mundo ou só de España, así que voute deixar esta ligazón onde se pode ler un pouco sobre a legalidade en moitos estados [1]. Polo que semella os selos alemáns son todos de dominio público, e os selos españois pasan a dominio público 70 anos despois da morte do seu autor (se é descoñecido, 70 anos despois de ser emitido). Máis non che sei dicir. Ah, e para as imaxes din con unha recomendación que pode resultar útil. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 19:25, 11 marzo 2010 (UTC)

Perfil editar

Ola, bótalle unha ollada a esto. Debes ter algo de coidado, xa que cometes algunhas falatas de ortografía. Aconséllote que merques un dicionario de galego actualizado segundo a última revisión do 2006, as linguas cambian, e o galego tamén... Unha mágoa que non haxa dicionarios actualizados na rede, o da Xunta é do 1997... Un saúdo, e discúlpame no caso de que queiras manter iso con faltas de ortografía, cada un é moi libre, pero non soporto que a xente ignore as normais gramaticais. --80.174.118.141 18:58, 21 marzo 2010 (UTC)

Discusión editar

Temos unha discusión aberta na que sería interesante que tomaras parte. Saúdos. Xoacas(góstache o pemento?) 19:34, 30 marzo 2010 (UTC)

Bos días Beninho.

Admites solicitudes? Que che parece facerlle un artigo a estes? [2] [3]

En calquera caso, parabéns polo teu traballo. --HombreDHojalata conversa 10:59, 31 marzo 2010 (UTC)

  • Manda carallo! vaia coincidencia! De todas penso que non debería haber problema se a información e neutral e está referenciada. En todo caso e decisión túa. Grazas igualmente. --HombreDHojalata conversa 12:15, 31 marzo 2010 (UTC)

Sinxelos vs Cancións editar

Boas, notei que ultimamente ─bueno, xa levas bastante, a verdade :)─ estás traballando en artigos de sinxelos, incluídas as categorías. Eu de cando en vez estou intentando traballar nas subcategorías de Música. O caso é que notei que ás veces estás usando indistintamente (á hora de categorizar e de redactar) os termos “canción” e “sinxelo”. E non teñen nada de igual :S. Os sinxelos son como miniálbums, que mesmo poden ter só unha canción. E as cancións son composicións musicais independentes da interpretación que se faga ela (das gravacións, os grupos que as toquen, etc.). Notarás isto en que falas en artigos de sinxelos coma cancións, e logo hai unha sección chamada “lista de cancións” (unha canción non pode ter listas de cancións).

Bueno, o caso é que a ver se procuras meter os sinxelos en subcategorías de álbums, e non en subtategorías de composicións. Eu vou seguir coas composicións. Vémonos! :) ─ GallaecioE logo? 10:12, 2 abril 2010 (UTC)

NIN (tanto nin tan pouco) editar

Ola, Beni! Alédame ver que aumentas o artigo de NIN, aínda que hai eóns que non os escoito :) Ultimamente mirei na prensa que estaban a sacar os últimos discos baixo licencia de Creative Commons; Poderías mirar de incluílo no artigo?
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:33, 7 abril 2010 (UTC)

Question about Galipedia editar

Hi Beninho, I saw you worked on "Instrumentistas" and I wanted to ask for help in starting an article on the Galician Wikipedia about Ram Narayan. Perhaps you could translate the introduction? Thank you very much! Regards Hekerui 15:25, 7 abril 2010 (UTC)

Solicitando traballo de administrador editar

Ola Beninho.

Poderías atender ó marcado en Movemento polos Dereitos Civís.

Grazas. --. HombreDHojalata.conversa 08:46, 10 de abril de 2010 (UTC)

Outro tema.

Na páxina do título fixen unha proposta que igual é do teu interese. Saudiños--. HombreDHojalata.conversa 12:21, 10 de abril de 2010 (UTC)

Homónimos editar

Non te preocupes por iso, ti vai creando os artigos, que xa se lle irán poñendo os homónimos con calma. Pero se non che da moito traballo, tamén o podes ir facendo ti. Como vexas... Saúdos. Xas (conversa) 10:04, 25 de abril de 2010 (UTC)

imaxes e contraccións editar

ola, Beninho! Gran traballo o que andas a faser coas imaxes de Marín! Eu andiven por Vilaboa, Moaña, Canghas e algho de Bueu, pero quedábame ese concello.

Dúas cousas: nesta imaxe dixeches que é na Laxe, pero na informasión (quisais por un Ctrl+C e Ctrl+V) puxeches que é O Carregal; é correcto, ou son lughares distintos?

Outra cousa: lembra que cos topónimos tamén se fai contracsión; así "de" + "A Laxe" debe escribirse "da Laxe", e o mesmo pasa co Carreg(h)al.

Un saúdo, e feliz 25 de avril. --Estevo(aei)pa o que queiras... 15:07, 25 de abril de 2010 (UTC)

Modelo editar

Non vexo o erro, imaxino que xa se solucionou. ─ GallaecioE logo? 17:25, 30 de maio de 2010 (UTC)

Anímaste a arranxar o movemento punk? Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 00:25, 3 de xuño de 2010 (UTC)

Listado / Sen embargo editar

Moi boas Beninho! Levo certo tempo atopándome, por casualidade ou buscando castelanismos habituais, que nos teus artigos tes certa tendencia a empregar a forma castelanizada e incorrecta de porén, malia todo, non obstante, no entanto ou con todo pola forma condenada dende hai uns aniños pola RAG sen embargo*. Ao igual, polo que vexo nos teus máis recentes artigos, que empregas moito listado de cancións ou listado, sendo o devandito listado un castelanismo que se debería corrixir, ben por listaxe (forma que emprego eu para che corrixir os listados que atopo) ou ben por, simplemente, lista. Agradecería que a partir de agora contemplases empregar as formas que che digo aquí enriba ;). Polo demais, hei de dicir que gozo moito lendo os teus artigos, é de agradecer contar cunha persoa que se dedica a meter tantísima información na nosa galipedia relacionada co apaixonante mundo da música. Un saúdo. --Nonso91 15:37, 22 de xuño de 2010 (UTC)

Parabéns editar

Beninho, moitos parabéns por eses máis de 1.000 artigos creados. [4]. A seguir. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 23:33, 23 de xuño de 2010 (UTC)

Pechar e borrar editar

Ola Beninho.

Wikipedia:Votacións para borrar/Geraldo Calábria Lapenda cumpre de sobra os requisitos para pechar e borrar. Poderías proceder?

Graciñas--. HombreDHojalata.conversa 15:19, 10 de xullo de 2010 (UTC)

En realidade faltouche pechar a votación. Poñer {{Cab}} ó comezo e {{Pé}} ó final de Wikipedia:Votacións para borrar/Geraldo Calábria Lapenda. Xa o fixen eu. Grazas--. HombreDHojalata.conversa 15:54, 10 de xullo de 2010 (UTC)

Licencia GFDL editar

Ola Beninho, con respecto a Ecstatic Peace! poderías referenciar a frase "No mes de febreiro do 2005, Moore asinou un contrato coa Universal Records para distribuír os álbums do selo."?

E, por favor, ten en conta que a licenza GFDL baixo a que están os textos da Wikipedia require o recoñecemento da autoría mesmo cando os artigos proceden doutra Wikipedia.

Tes información de como facelo, ligando o artigo de orixe, en Axuda:Resumo de edición#Resumos de edición nas traducións doutras Wikipedias.

Graciñas--. HombreDHojalata.conversa 22:21, 10 de xullo de 2010 (UTC)

O da referencia dicíacho porque na en.wiki pon 2006, e ti puxeches 2005. Por aclarar si tiñas outras fontes ou era un erro de transcrición. Un abrazo--. HombreDHojalata.conversa 11:58, 12 de xullo de 2010 (UTC)
Tamén na fr.wiki pon 2006--. HombreDHojalata.conversa 12:02, 12 de xullo de 2010 (UTC)

Anque e cais editar

Boas Beninho. Reparei que andas a correxir erros ortográficos e aproveito para darche choio (se o queres). Atopei bastantes casos de "cais" por "cales" e de "anques". Igual era ben usar un bot... Un saúdo. [ Furagaitas * ] 22:30, 24 de agosto de 2010 (UTC)

Foto illa de Tambo editar

Boas, pasei a túa foto a Commons para metela no artigo de wp:es. Púxenlle a plantilla de subidaacommons. Saúdos, --Elisardojm 09:07, 31 de agosto de 2010 (UTC)

Cea do sábado 23 editar

Beninho, maniféstate.[5] E que non che esqueza que tamén nos vemos ás 16.00 en Compostela. Alí estaremos Estevoaei e mais eu [poida que tamén Xoacas], con senllos coches, así que se queres argallamos para arrexuntarnos e virmos para Lugo. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 09:50, 19 de outubro de 2010 (UTC)

Mira esta crónica, vótalle un vistazo por si queres poñer algún chiste... :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:07, 29 de outubro de 2010 (UTC)
Puxen as fotos que non sairon movidas en Categoría:Imaxes de galipedistas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:44, 31 de outubro de 2010 (UTC)

Os meus artigos editar

Moi boas... Por que borraches o artigo que estaba a adaptar? Creo que esa non é a maneira de proceder cos recentemente chegados desde asturias. Gustaríame ler a túa opinión antes de escribir un novo artigo nesta enciclopedia. RedeWa 23:31, 28 de outubro de 2010 (UTC)

Pero se eu escribín o artigo que borraron! :( O artigo non está baseado no artigo promocional creado na wikipedia hispánica. Se a miña forma de redactar artigos non encaixa coas políticas propias da galipedia, terei que prescindir editar aquí... =( Poderías mencionar tan só unha referencia que non valla? RedeWa 15:19, 29 de outubro de 2010 (UTC)
Eu creei artigos relacionados con Xixón, como: a Universidade de Oviedo, a Escola Politécnica, a aplicación OpenSocial e TuEntidad, o Estadio do Molinón, etc. Sigo sen entender que ten que ver as accións tomadas desde México para que este artigo estea ou non estea na Galipedia. RedeWa 15:51, 29 de outubro de 2010 (UTC)

Categorizar editar

Beni, que categoría? [6] Graciñas. --Atobar (conversa comigo) 16:40, 8 de novembro de 2010 (UTC)

Catro vellos mariñeiros editar

Boas rapaz!. Mira que quería atopar información sobre a canción de "Catro vellos mariñeiros", saber si é unha canción tradicional ou si é orixinal de Xil Ríos ou si el fixo unha adaptación... Eu non dou atopado nada concreto, ¿ti sabes algo dela ou sabes algún sitio onde poda consultar isto?. Grazas e un saúdo, --Elisardojm (conversa) 23:36, 20 de novembro de 2010 (UTC)

Pois non se me ocorrera, terei que miralo, moitas grazas! :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:01, 21 de novembro de 2010 (UTC)

Concellos editar

Ola, Beninho. Para que estás empregando os modelos OK e NOK? Supoño que OK para marcar os traballos que xa están rematados de facer e o NOK para marcar os que non hai que facer. É así? Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 18:36, 25 de novembro de 2010 (UTC)

solicitude mapas editar

Ola, Beni; como andamos? Vouche facer unha solicitude dun mapiña, a ver que tal; trataríase dun que substituíse a estoutro da AP-9, mellor amosando o percorrido por Galiza, e cos nomes correctos, vaia. Anímaste?

Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 22:45, 15 de decembro de 2010 (UTC)

Título en cursiva editar

Ola, Beninho. Gracias pola aclaración, tereino en conta. Saúdos. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 16:17, 21 de decembro de 2010 (UTC)

1500 artigos creados editar

Parabéns, Beni. [7] Vaia festón creativo o teu. --Atobar (conversa comigo) 01:41, 28 de decembro de 2010 (UTC)

Listaxes, anexos etc. editar

Beni, aí tes [8] --Atobar (conversa comigo) 18:38, 31 de decembro de 2010 (UTC)

Volver á páxina do usuario "Beninho/Arquivo 4".