Auslli
Benvido(a) á Galipedia, Auslli!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. Alberte Si, dígame? 23:09, 2 abril 2009 (UTC)
Reversións editar
Ola Auslli. Non lembro ter revertido ningunha edición túa que estivera referenciada. Revertín edicións que trocaban a categoría que levaban os artigos pola de Comarcas do Reino de León (reino que non existe), edicións que engadían que a lingua leonesa fálase en tal sitio (iso non engade ningunha información, xa que seguro que se fala o leonés e tamén o galego, o castelán, o chinés, o árabe... para engadir ese tipo de información hai que ofrecer algo máis: porcentaxes ou datos máis concretos, sempre referenciados), tamén revertín edicións que engadían o nome do concello en leonés, xa que non levaba ningunha referencia. Así pois, para poder mante-las túas edicións na galipedia teñen que referenciarse. Saúdos. Alberte Si, dígame? 13:11, 10 abril 2009 (UTC)
- Eu digo de referencia-los nomes de concellos leoneses xa que o leonés creo que non é oficial, e non sei se os topónimos que engadiches son oficiais ou baséaste en algo, por iso penso que hai que referencialo. Saúdos. Alberte Si, dígame? 19:23, 10 abril 2009 (UTC)