Benvido(a) á Galipedia, AtosCrip$!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

Caro AtosCrip$: lembre que ao incluír información na Wikipedia é necesario indicar a orixe da mesma; máis abaixo está indicado o modo en que pode facelo. Doutro xeito, os artigos han ser borrados. Amais, prégolle que antes de seguir editando mellore a súa ortografía; ten a seguir unha serie de ferramentas para facelo. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 16 de decembro de 2017 ás 03:56 (UTC)Responder

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia editar

Ola AtosCrip$.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
 
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!

Axudas ortográficas editar

Ola AtosCrip$. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!

Non desfagas os arranxos editar

Boas AtosCrip$, por favor, non desfagas os arranxos que os editores están facendo ás túas edicións. Estiven revisando as túas contribucións e varios usuarios amañaron algúns erros ortográficos e de formato que engadiches en varios artigos, e ti desfixeches as súas edicións correctas. Na Galipedia o contido dos artigos ten que seguir o galego normativo especificado pola RAG, e os artigos teñen que seguir as normas de estilo do Wikipedia:Libro de estilo e outras normas que se atopan en Categoría:Wikipedia:Políticas e normas. Por favor, atente a esas normativas para facer achegas de valor ó proxecto. Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de decembro de 2017 ás 14:51 (UTC)Responder

Formato editar

Grazas polas túas achegas AtosCrip$, pero, por favor, non desfagas o estilo que teñen os artigos a non ser que haxa un erro. Como xa che comentei antes, a Galipedia ten as súas normas e libro de estilo, cada wikipedia ten as súas propias e hai que seguilas. Se cres que hai que cambiar algunha cousa, fai unha proposta na taberna para que se debata, e de ser o caso, se vote a súa modificación. Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de decembro de 2017 ás 09:55 (UTC)Responder

recoñecemento editar

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia editar

Ola AtosCrip$.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
 
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)pa o que queiras... 22 de decembro de 2017 ás 00:06 (UTC)Responder