Benvido(a) á Galipedia, Andrea lopez!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Banjo tell me 07:57, 11 de xuño de 2010 (UTC)

  • Boas, Guerra relampo foi borrado, principalmente por non estar en galego pero ademáis por ser moi curto e non ter o formato empregado na wiki. Por favor revisa as páxinas de axuda e se tes calquer dúbida aquí estamos. Un saúdo --Banjo tell me 08:57, 11 de xuño de 2010 (UTC)
  • Boas, Balonmán Cangas foi borrado por violación de dereitos de autor ([1]). Por favor revisa as normas da wiki antes de facer edicións deste tipo, calquer dúbida podes contactar a calquer administrador e axudarémosche. Un saúdo --Banjo tell me 08:40, 14 de xuño de 2010 (UTC)

Galego editar

Esta wiki é en galego. Non valen pois nin o castelán, nin o chinés mandarín nin o friuliano. A redacción soamente pode ser en galego. --Atobar (conversa comigo) 13:48, 15 de xuño de 2010 (UTC)

Cangas editar

Ola, Andrea! Supoño que es unha alumna do IES María Soliño, non? Moitas grazas polas túas achegas sobre o concello de Cangas, hai datos moi interesantes! Aínda que xa está a rematar o curso, anímote a ti, ás túas compañeiras e ao teu profesorado a mellorar o contido, dándolle formato axeitado, corrixindo as faltas de ortografía (podedes falar co departamento de lingua galega para que vos bote unha man), e poñendo as fontes das que obtedes os datos. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 23:57, 20 de xuño de 2010 (UTC)