Conversa usuario:Alma~glwiki/arquivo1

Xa che vale, boa colaboración a de establecer sospeitas das miñas imaxes. Vou ter que esconder a cámara na casa para que non te soen as fotos ata que as vexas na Galipedia, miña Alma. Haber as que vas colgar ti coa túa nova camariña pixital ou vai ser miña? jeje. Lansbricae (Ti dirás) 12:40, 4 maio 2007 (UTC)

Manolo Rivas e as negritas editar

Quiteino porque nunha páxina na que se relacionen os diferentes autores ou enttidades merecedoras do premio (neste caso páxina Premio da Crítica Española), non me parece lóxico -nin xusto- subliñar un con negritas e esquece-los outros (Manuel Vilanova, Eduard Márquez, Ponc Pons, etc.). Se fixéche-lo mesmo noutras páxinas de "premios", creo que deberías quitarlle as negritas. Enténdeme: pareces ser unha profunda admiradora do Manolo, pero de aí a marca-lo seu nome en negrita destacándoo sobre o resto dos premiados...

Aproveito para dicirche que confírme-lo dato do ano: polo que eu sei foi premiado no Premio da Crítica 2007, claro que por unha obra editada no 2006. Todos estes premios convócanse coa data do ano actual aínda que premian feitos ou obras editadas no ano anterior. Espero terme explicado ben.

PD. O luns voume de vacacións e xa teño preparado "O lápis do carpinteiro" na maleta :).

Saúdos, Pedro --Lameiro 20:35, 1 agosto 2007 (UTC)

  • Pois vas ter razón. Visto ese exemplo do Premio da Narrativa e coas túas explicacións, cobra sentido esa negrita. Parece coherente que na Galipedia destaquémo-los galegos premiados nestes premios nacionais. Agora mesmo desfago o cambio aquel e devólvolle a negrita. Grazas e ata sempre. Pedro --Lameiro 21:15, 1 agosto 2007 (UTC)
  • Grazas polo aviso, volvin a carga-la de novo e esta vez debera de quedar ben. estou a traballar con outra imaxe das túas, pero esta ven bastante desfeita (supoñe que o retablo tamén o estará) e haber que podo facer. Do resto, se ves que falta cor ou algunha cousa, non dudes en dicirmo. Saúdos --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 21:03, 2 agosto 2007 (UTC)
  • Sen problema, aunque hai que recoñecer que tes boa man coas fotos. Grazas e procurarei non perde-lo fio, se é a así botame unha tiron de forellas. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 21:25, 2 agosto 2007 (UTC)
  • Certo, iso é debido a que no seu momento o retablo tivo unha aplicacion con minio de chumbo para tratar prosibeis carcomas a causa da humidade, vouna retocar de novo, respetandolle a cor do óvalo e reducindolle a do resto do cadro. e tratarei eses resaltes do flash da cámara. Por certo, ise sitio non seria o das irmás descalzas do mosteiro do resfriado eterno?. je je je, podeslle votar unha ollada pero creo que agora te pode sorprender. saúdos--Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 22:22, 2 agosto 2007 (UTC)
  • A derradeira xa está feita a corrección de cor. Saúdos --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 14:46, 3 agosto 2007 (UTC)

Imaxes Cruceiro de Osmo editar

Oks, marcarei as miñas para borrar xa que non aportan nada, bo traballo. Un afectuoso saúdo.:) Lansbricae (Ti dirás) 15:40, 3 agosto 2007 (UTC)

Toponimia editar

Ola, Alma. Está correcto co nomenclátor da Xunta, pero na Galipedia estase usando os nomes das parroquias sen as adscricións dos santos. Por iso é A Barca de Barrantes e non Santo Antonio da Barca de Barrantes. En realidade iso é o que di o nomenclátor, e por iso coloca as adscricións de santos entre parénteses, como un plus informativo. Naqueles casos en que é o santo o verdadeiro nome da parroquia sinálase correctamente no nomenclátor da Xunta. Saúdos. --Xabier Cid 09:00, 15 agosto 2007 (UTC)

  • Ola again, Alma. Eu non é por non debater, pero é que iso xa foi debatido e usado moitas veces, ;). No que dis ti de que haxa dúas Penas, non lle vexo mal: A Pena, A Barca de Barbantes, Cenlle e A Pena, Cenlle, Cenlle, por exemplo. É dicir, a diferencia entre o que ti usaches e o que eu usei é o emprego do Santo Antonio. Creo que ben chega con 'A Barca de Barbantes' para identificar a parroquia, pero insisto en que non é unha cousa que eu diga, senón que outros antes ca min (cando eu non existía) adoptaron esa convención, ;). En todo caso, se ves algúns problemas concretos de confusión, supoño que se poderá reexaminar. Apertas. --Xabier Cid 08:30, 16 agosto 2007 (UTC)
Volver á páxina do usuario "Alma~glwiki/arquivo1".