Conversa usuario:Albert galiza/Arquivo 4

Arquivo de mensaxes antigas:   1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15  

Bloqueo da IP 85.91.87.250 (ID de bloqueo 1486) editar

Ola, somos os alumnos de 1ºA e 1ºB do IES Lamas de Castelo, de Carnota. Gustaríanos saber en que artigos houbo actos de vandalismo, xa que esto nos afectou porque non podíamos editar artigos nos que estamos traballando, con axuda dalgúns profes. Non hai que olvidar que a IP 85.91.87.250 pertence á conexión que a Xunta nos da a tódolos centros educativos. Por eso, a pouco que alguén olvide rexistrarse (un despiste teno calquera), aparecerá esa IP. Primeiros de Lamas 07:36, 26 outubro 2007 (UTC)

Caixas editar

Observo que as caixas de navegación tenden a chamarse Category:Caixas de navegación de xeografía (de) e as de información Category:Caixas de información sobre xeografía (sobre). Non sei se haberia que unificalo ou se é lóxico e soa mal Caixas de navegación sobre xeografía e Caixas de información de xeografía. Que che parece? --Xosé (✉) 20:16, 6 outubro 2007 (UTC)

Outras linguas na portada editar

Outras linguas non sigue o estilo dos demais títulos: a icona está fora e o recadro no que está Outras linguas non está fechado á dereita, ou sexa, é recto, non ten as esquinas curvas. Pódelo amañar? --Xosé (✉) 21:28, 6 outubro 2007 (UTC)

Nomes científicos editar

Boas noites, Alberte. Na páxina de discusión do artigo toupa podes ver un bo exemplo dos erros ós que nos poden leva-lo uso dos nomes comúns nos títulos. Bótalle un vistazo. Pedro --Lameiro 22:17, 6 outubro 2007 (UTC)

RE:Portal editar

Bueno, só fixen unhas pequenas modificacións. Do de renovar o Portal da comunidade xa se falara na discusión da Páxina Experimental, e penso (aínda que podemos comezar con el) que polo de agora o máis importante é a nova portada (a ver se arranxamos o problema das categorías). E por certo, cando era que se ía poñer como nova portada? --Toliño (Fala aquí comigo) 14:31, 7 outubro 2007 (UTC)

  • Parece ser que o problema pode deberse á definición das esquinas redondeadas con CSS en monobook.css. -moz-border-radius é unha proposta de Mozilla para ser incluído en CSS 3 mais non foi aceptado aínda. Na páxina na que se describe (aquí, ao fondo) aparece como erro coñecido que as imaxes saen da caixa que as contén. Isto non representa nengún problema nos navegadores que recoñecen esta propiedade, pero o Internet Explorer non o fai. Atopámonos entón con un problema aquí: aceptámolo ou non? Estiven examinando o monobook.css da italiana e o máis próximo a este tema é o seguinte:


/* Visualizza una sfumatura su sfondo qualsiasi (solo firefox/mozilla) */
.BGalpha { background-image: url(http://upload.wikimedia.org/wikipedia/it/5/55/BGalpha.png); background-position: top; background-repeat:repeat-x;}
 
.PPcornerTop { background-image: url(http://upload.wikimedia.org/wikipedia/it/e/e4/PPcornerTop2.gif); background-position:top left; background-repeat:no-repeat; width:10px; height:10px;}
 
.PPcornerBottom { background-image: url(http://upload.wikimedia.org/wikipedia/it/c/c1/PPcornerBottom.gif); background-position:bottom left; background-repeat:no-repeat; width:10px; height:10px;}
 
.PPradiusTop {background-image: url(http://upload.wikimedia.org/wikipedia/it/7/70/PPradiusTop.gif);    
background-position:top left; 
background-repeat:no-repeat; 
width:13px; 
height:13px;
}
 
.PPradiusBottom {background-image: url(http://upload.wikimedia.org/wikipedia/it/7/70/PPradiusBottom.gif); 
background-position:bottom left; 
background-repeat:no-repeat; 
width:13px; 
height:13px;

(...)

Mais non sei como resolveron eles ese problema. Por outra banda, o seu código está cheo de trucos "suxos", como incluir imaxes de 1x1 píxeles para axudar na colocación de elementos, o cal é contrario ás prácticas CSS e por esa razón prefiro non pedirlles axuda, como pensei nun principio, xa que o noso código é limpo. Terei que seguir mirando. --Xosé (✉) 18:29, 10 outubro 2007 (UTC)

Penso que poderiamos comezar a actualizar o Portal da comunidade. A portada nova está moi avanzada e ainda falta máis de mes e medio para a data proposta; estaría ben se poidésemos actualizar as dúas ao mesmo tempo, e desa maneira tamén faríamos sitio para todas esas cousas que estamos duvidando de onde meter, separando ben o que é un portal xeral, para calquera que queira consultar a Wikipedia, e outro para os colaboradores. Tes ideas? --Xosé (✉) 18:29, 10 outubro 2007 (UTC)

pareceme ben o movelas a outro sitio onde +manexable.---- Maañón (boura, boura) 17:50, 7 outubro 2007 (UTC)

Grazas meu, por certo non quererás un canciño para facer as paces? ;) Unha aperta. Lansbricae (Ti dirás) 10:53, 11 outubro 2007 (UTC).

As grazas eran por arranxares a caixa de Cita:Libro, e o das paces porque prefiro a forma de relacionarnos que tiñamos antes á actual (xa sei que pensarás que o cambiei eu) pero non hai problema ningún. O dos dereitos humanos xa é cousa de gustos. Eu o dereito como que xa o teño bastante aborrecido pero hai moitos artigos sobre vulneracións de dereitos bos (que che vou contar que non sepas) aos que lles faltaban apoio en artigos de definicións máis xenéricas (pasa en moitos casos na Gali) e neso podo axudar, cousa que non me atrevo cos de historia por ser autodidacta. Quizais non fose o mellor momento para abrir ese wikiproxecto pero nunca sobra. Mágoa o do canciño, pero veremos se queda algún porque a nai viña con un virus e están caendo como moscas e é deprimente. Espero que os dous que quedan sobrevivan e a cadela se recupere. saúdos e ata outro momento. Lansbricae (Ti dirás) 11:33, 11 outubro 2007 (UTC)

Common.css editar

Vexo que estiveche tentando ocultar "Portada" da portada e que depois o retirache. Que pasou, non funcionou? Eu engadin onte á noite o código para as caixas pregábeis pero tampouco funcionou; coloqueino tanto en monobook.css como en common.css como na miña páxina de javascript, pero nada. Teño unha instalación de mediawiki no meu ordenador e probeino ben antes de pasalo aquí e funcionou perfectamente, pero aquí non. Ocórreseche cal pode ser o problema? --Xosé (✉) 12:37, 11 outubro 2007 (UTC)

  • Common.css ten todas as descricións de estilo, para todas as aparencias. Monobook.css só as que afectan a ese tema (que é practicamente o único que se usa realmente). Non creo que sexa o refresco. Probei moitas veces, con navegadores distintos, e nada e, xa che digo, na miña instalación funcionou á primeira. --Xosé (✉) 12:58, 11 outubro 2007 (UTC)

Editando Template:ArtigosSolicitados editar

Ola Albert galiza ! Vexo agora que esta paxina esta protexida e que non podo editala. Contaba fager isto :

resumo : retiro Carl Spitzweg, engado Honoré Daumier, Théodore Rousseau, Paul Sérusier .

et logo : *Arte : Honoré Daumier, Théodore Rousseau, Paul Sérusier .

Si o queres por, esta ben, si non tes tempo ou non che parece ben, non te preocupes e non te xustifiques, tes e gardas toda a miña confiance e agradecemente por o traballo que fas e por a axuda que me das. Un saudo cordial Elvire 20:54, 11 outubro 2007 (UTC)

Zuberoa editar

Hola, soy Chabi. Perdona que te moleste. ¿Como se traduciría Zuberoa? Yo lo he traducido a partir del castellano, pero tengo dudas de si sería más correcto dejarlo como Zuberoa. --Chabi 17:51, 13 outubro 2007 (UTC)

Sí, es verdad, utilizo el traductor con algunas partes de los artículos que no me fío de lo que he puesto. Dudo mucho, sobre todo con nombres de lugares y algunos verbos, que eso no viene en los diccionarios. Algunas partes, las paso directamente, cuando veo verbos que me parece que los estoy castellanizando demasiado. Gracias por el consejo, es de sentido común. Supongo que preferís que la traducción sea más... organizada. Me comprometo a no hacer más artículos. Me pondré a revisar los que he hecho. Gracias de nuevo por tu consejo y perdona las molestias. Por cierto, apreovechando la coyuntura. Te doy mi mns, para asi, por lo menos, hablar con algún wikipedista (y practicar el gallego, que por donde vivo, como que no se habla). Un saludo y perdona las molestias.
  • Ola, Alberte. O Portal da comunidade/Experimental está ficando bonito. Recibe un cordial saúdo. --Xoán Carlos Fraga 20:53, 14 outubro 2007 (UTC)

Coordenadas editar

Hai un par de problemas: nos artigos que atopei até agora as coordenadas están no medio do texto ("As coordenadas son..."), polo que hai que eliminar este texto. Tamén, que en vez de ° aparece º. --Xosé (✉) 21:35, 15 outubro 2007 (UTC)

Ai, Alberte, moi bo o teu. Agora en serio: é que temos aquí fotografías cen veces mellores ca esta (incluso algunha miña que pasou desapercibida), e que achegan máis valor á Galipedia. Por iso o meu desacordo. Pedro --Lameiro (conversa) 22:24, 19 outubro 2007 (UTC)

MediaWiki editar

Eu utilizo Linux. Instalalo é tan sinxelo como escribir "apt-get install mediawiki" na liña de comandos. En 3-5 minutos xa está instalado todo o que fai falta. En Windows tes que instalar:

  • Un servidor web (apache mellor que IIS)
  • Unha base de datos (mysql)
  • O pré-procesador PHP
  • MediaWiki

Sei que existen paquetes que instalan apache+mysql+PHP para windows (coñécese como WAMP). Vaia, acabo de atopar esta páxina e os requisitos son algo maiores. --Xosé (✉) 14:45, 21 outubro 2007 (UTC)

concordo das categorias editar

Ola Albert galiza ! Mirando esta categoria [1], pa mín duas das subcategorias coresponden a misma cousa : ista pareceme lóxica e pa mín ista debe borrarse tendo en conta de desplazarse a subcategoria Bretaña. Xa verás. Saúdo cordial Elvire 16:04, 21 outubro 2007 (UTC)

Ramón Cabanillas editar

Hola, vexo que fuches tí quen subiu a foto de Ramón Cabanillas, porqué non completas a info da licencia?. Senón a borrarán, e a foto paga a pena; de onde a obtuviche?--Barfly2001 18:07, 21 outubro 2007 (UTC)

título = nome científico editar

Igual che interesan os meus argumentos contra o uso do nome científico para os títulos. Como vés, mudei a miña idea ;P --  Sobreira (parlez) 18:50, 21 outubro 2007 (UTC)

Ola Alberte editar

Pois si que xurdiu efecto...jeje, pero de casualidade, pq facía moitísimo que non miraba a wiki en castelán, e por unha consulta mirei a túa mensaxe...e recordei q tiña moitos artigos inda por facer...(q deixara a medias)...por falta de tempo, e agora teño máis disponibilidade...

Sobre o q me dixeches de que deixara de discutir o dos toponimos...xa fai moito tempo q non digo nada de nada...e xa moito máis q o facía activamente.... Bloquearonme moitas veces como "vinganza"...por discutir con eles no chat do mirc...é incrible...non podía nin dicir nada q xa me bloqueaban por varios meses...

...a xente non me creería...eu merecer, recoñezo que tiña moi merecidas 2 ou 3 delas...pq respostei en quente...e non souben levar o tema (pero levalo con quen non quere deci-la verdade é compricado)...pero as outras 3 ou 4 son todas inventadas...inxustísimas...por iso pasei case ata de usar esa wiki...

un saúdo, e a ver se me reincorporo en condicións a todo o que teña atrasado, inclusive na "vida da taberna":P

Como indicar que un texto é unha traducción doutra wiki? editar

Se sabes como se fai, agradézocho porque todas as miñas aportacións son traduccións, gracias!--Jonathan Chapela 14:52, 24 outubro 2007 (UTC)

Insistencia de falar de terceiros en páxinas alleas ao talk do interesado editar

A súa reiteración é compretamente nefasta. Alternativamente podía terlle indicado ao novo usuario que existía unha proposta de consellos de como traducir que foi calificada de boa fe como un intento de xogar co sistema. Deixe de falar da miña persoa con terceiros e olvídeme. Lea os cómics, recorde vellos tempos e dedíquese a administrar que hai moito copyvio na Galipedia como para andar a aconsellar a outros sobre terceiros, e xogar co sistema é saber dos copyvios e deixalos estar, os usuarios comúns só poden sinalalos pero non borralos... Lansbricae (Ti dirás) 17:05, 24 outubro 2007 (UTC)

Grazas polo recebemento editar

Como cambio o meu nome? Aínda estou indagando, perdón polas probas. Saúdos.--Axouxere 19:05, 24 outubro 2007 (UTC)

Re:Cambio de nome editar

Ola Alberte. Ando ben, grazas; só que con problemas no traballo (ó mellor ata acabo nos xornais) e demasiado traballo por mor diso. Sigo sen Internet na casa, polo que cando me conecto é na casa dunha usuaria da Galipedia non moi activa.

Mirarei o de cambio de nome. Nunca fixen ningún na Galipedia, si os fixen en Commons. Vou repasar agora mesmo as votacións para os bots. Ánimo --Lmbuga Commons - Galipedia 21:01, 24 outubro 2007 (UTC)

Profundidade editar

Lolololol... bueno, eu vouna seguir calculando ata o remate do ano pola vella. Pero o caso é que ademais non podo calculalo pola nova, porque non sei qué demo é a stub-ratio e como se acha. Eu supoño que debemos ter unha stub-ratio de 0,4, máis ou menos, pero... ti como o soubeches?--Xabier Cid 12:18, 25 outubro 2007 (UTC)

interwiki editar

Ola de novo! si, o que dis ti xa o pensara, pero así me parece que non sae nas outras linguas a ligazón do galego, que me parece interesante, saberías como se pode arreglar iso?

transwiki editar

sabes como mover os artigos Cat:Mover ó Galizionario Category:Mover ao Wikcionario e co seu historial? Creo que se usa un Special/Log dende wikt, lin en meta pero non me aclaro. igual o sabes ti máis rápido. Se non xa o lerei a unha hora menos intempestiva. --  Sobreira (parlez) 00:06, 26 outubro 2007 (UTC)

Desbloqueo editar

Ola Albert. Levei a decepción de acharme con que o meu IES está bloqueado. Vou proceder a desbloquealo inmediatamente para poder traballar cos alumnos. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 09:37, 26 outubro 2007 (UTC)

  • A IP é 85.91.87.250. Neste momento, os alumnos non teñen acceso a ela. Probablemente só a use eu este ano, dado que é o ordenador que está en usos múltiples ligado a un canón de vídeo--Lmbuga Commons - Galipedia 10:30, 26 outubro 2007 (UTC)

Non te apures. Foi das primeiras que enviei e daquela non estaba tan explicado como habia que facer. Vou probar eu o das cores. Por certo, hai uns dias quixen incorporar o das táboas que se encollen pero non funciona (a min si me funciona sen problemas na miña instalación de WikiMedia). --Xosé (✉) 13:37, 26 outubro 2007 (UTC)

cores das páxinas editar

Ola Alberte, perdoa por meterme donde non me chaman :). Eu sí vexo as cores nas páxinas, estou no meu traballo usando firefox coma navegador, non probei en explorer pero imaxino que se verán tamén. Quizáis refrescando a caché do navegador vexas os cambios. Un saudo meu, segue así :D --Banjo tell me 13:40, 26 outubro 2007 (UTC)

Re: Bloqueo editar

Non cometiches ningún erro. Non o digo por facerche quedar ben, senón que simplemente non é un erro. Hai máis posibilidades ca esta, pero é perfectamente posible que algún alumno ou profesor desenvolvese unha actuación vandálica (quero pensar que se fose un profesor sería por descoñecemento ou, como moito, deixadez).

Se reparas nesa Ip, xa fora bloqueada antes (creo -dígoo de memoria- que fora Prevert quen a bloqueara). Xa lle fora algunha vez levantado o bloqueo (creo que tamén o fixera Prevert). Que ti a bloqueases non me sorprende, seguro quentiveches motivos, non me parei a miralos, nin me vou a parar, pois creo que non procede.

O único que creo que procede -e sei que niso has estar comigo- é acadar que a Galipedia sexa un bo instrumento educativo. O que procede é crear e ensinar a posibles novos editores (usuarios). Nese labor estou eu inmerso nestes momentos, e estareino durante todo o curso académico, inda que tardaremos, bastante en crear algún artigo.

Procurarei que os meus alumnos se comporten respectando as regras (e as políticas), pero non sempre é doado. Se boqueas a algún, non pasa nada: que o fagas é bo, así aprenden. En caso de eu decidir desbloquealo, comunicareicho indicando que é un alumno meu, e que esta en proceso de aprendizaxe.

Sigo pensando que non cometiches ningún erro--Lmbuga Commons - Galipedia 01:54, 27 outubro 2007 (UTC)

Categorías de Francia editar

Ola Albert galiza ! Gracias a ti boteime Category talk:Rexións de Francia ! Sigo contando con ti pa vixilarme ! Eso axudame a ter confianza cas miñas dubidas en galego non impidan que podo contribuir na Galpedia. Esta mensaxe non necesita que perdas tempo pa contestar, xa me dixeches bastante pa que conte con ti. Estos d&is vou ter un pouco tempo pa contribuir un pouco maís. Un saúdo.Elvire 12:13, 27 outubro 2007 (UTC)

Elección de administradores editar

Vin o teu comentario. Non sei por que non aparece o texto que citas e tampouco o atopo. Si que o recoñezo (e, de feito, é necesario para a redacción actual). Podes-me indicar onde está? --Xosé (✉) 20:15, 28 outubro 2007 (UTC)

Portada editar

Saquei o texto Portada da ídem, pero quizais hai que sometelo a votación?? --  Sobreira (parlez) 23:31, 28 outubro 2007 (UTC)

Axuda no artigo de Francia editar

Ola! fíxenme un lío no artigo de Francia, concretamente no de Demografía de Francia que o escribín en Economía de Francia, creo que movin o artigo de Economía de Francia para Demografía de Francia. Agora o que pasa é que tanto o de economía como o de demografía redireccionan ao de demografía e se borro o contido de economía tamén se borra o de economía, en fin un lío. Se podes botarme unha man e arreglala case mellor. Gracias!

Spam???? editar

No comprendo que problema tenes? Qual de mis edicions tene spam? Anyadido fontes e arreglado unos problemas. Podes expilcarme por favor? --Koppany 13:12, 30 outubro 2007 (UTC)

Menciona un solo spam entre mis edicions! Anyadido referencias donde es la problema? No comprenod. Hablas ingles? --Koppany 13:18, 30 outubro 2007 (UTC)
Un articolo sobre hungaro persona dice que problematico porque falta referencias, io anyadido referencias en ingles e hungaro, porque no es referencias en gallego. --Koppany 13:27, 30 outubro 2007 (UTC)

Boas meu. Eu a verdade non sabía tampouco o do IRC, pero resulta que un día ahí atrás argallando decidín mirar as canles IRC da wiki en inglés e en español, e probando atopei que existía a canle da Gali. A canle xa estaba rexistrada por Prevert dende xa fai tempo, pero imaxino que non se usou moito. Como na axuda había a ligazón pero non había páxina creada decidínme a facela tomando coma exemplo a da Wiki en español. De momento non estarei moito no IRC polo tema este do ordenata (vanme matar os meus compañeiros de piso, estou tódolos días roubándolles os seus :D), pero en canto estea amañado espero poder conectarme todos ou case tódolos días. En canto ao do cliente non che sei decir, eu uso o mirc-Ircap para windows, pero todo será mirar. A ver se máis adiante podo engadir explicacións de como conectarse e todo iso para a xente que non saiba, e de paso investigo máis a fondo qué clientes IRC gratuitos hai por ahí e se son para Linux ou Windows. Un saudo meu :) --Banjo tell me 19:28, 30 outubro 2007 (UTC)

Sabes disto? editar

alguén da Coruña que saiba porqué? --  Sobreira (parlez) 01:43, 31 outubro 2007 (UTC)

gracias editar

Albert galiza, si, tes razón, no de Castelao a primeira vez non me din conta pero a segunda si, foi erro humano meu e non do bot, estaba a punto de correxilo eu. De todas as formas agradézoche que o revises pois poderíase pasar algunha cousa mais. Gracias.--4bot 12:27, 2 novembro 2007 (UTC)

Esquecinme de explicar: o bot execútoo manualmente, co cal vou filtrando cambio a cambio e, efectivamente, hai moitas citas en castelán que teño que rexeitar o cambio ... por iso leva horas e horas isto.. o de "bot" é un dicir, é un persoa-bot, jeje.--4bot 13:04, 2 novembro 2007 (UTC)

Grazas editar

Grazas pola benvida!--Caronium 15:25, 3 novembro 2007 (UTC)

Efemérides 4 de novembro editar

Como non vexo activo a Toliño esta tarde e a cousa urxe, envíoche a mesma mensaxe que lle enviei a el, para que decída-los cambios.

Ola Toliño. Nas Efemérides destacadas de mañá, 4 de novembro, pos que en "1978, as cortes españolas aproban o Estatuto de Autonomía de Galicia".

Polo que vexo na Gran Enciclopedia Galega, en 1978 a Xunta nomeou unha comisión para elabora-lo texto do Estatuto pero este non foi aprobado ata 1981. O 4 de novembro de 1980 (¿de aí a orixe do erro no día?) publicouse o texto "definitivo" no Boletín Oficial das Cortes, votado en referendum o 21 de decembro de 1980, aprobado no Congreso o 17 de febreiro de 1981 e asinado polo rei o 6 de abril, publicado no BOE o 28 de abril e no DOGA o 1 de outubro.

En conclusión: que tes que eliminar esa efeméride ou redactala de novo (quizais mellor). Algo así como: "1978: créase a Comisión que redactará o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981, aprobado definitivamente o 17 de febreiro de 1981".

Saúdos. Pedro --Lameiro (conversa) 20:17, 3 novembro 2007 (UTC)

5 de novembro editar

Respecto ós cambios no 4 de novembro, por min perfecto. Pero agora temos outros problemas nas efemérides do 5 de novembro:

  • En Efemérides destacadas menciónase a “William de Orange”, pero en Revolución gloriosa [2] o nome é "Guillerme de Orange". Non sei se a norma é respecta-lo nome no idioma orixinal (William) ou traducilo ó galego (Guillerme), pero usa-las dúas formas é incoherente.
  • Dicimos tamén que [o 5 de novembro] "1838, Honduras abandona os Estados Unidos de Centroamérica". A única referencia que atopo tan concreta é na Enciclopedia Durvan, onde efectivamente di que "Honduras formó parte de la Confederación Centroamericana hasta el 5 de noviembre de 1838". Pero na wikipedia española sitúano en outubro: no artigo es:Honduras di: "Honduras se separó de la Federación centroamericana en octubre de 1838"; en es:Historia de Honduras: "Honduras se separó de la Federación centroamericana en octubre de 1838 y se convirtió en Estado soberano e independiente", e en es: Provincias Unidas del Centro de América: "Las Provincias Unidas del Centro de América fue un república federal que existió en América Central desde julio de 1823 hasta 1839, aunque a partir de noviembre de 1824 adoptó oficialmente la denominación de República Federal de Centroamérica;... El primer Estado en separarse definitivamente de la Unión fue Nicaragua, en abril de 1838; en octubre esta decisión fue imitada por Honduras y en noviembre por Costa Rica. Guatemala se separó en 1839".
  • É dicir, que non podo confirma-la data (5 de novembro ou "outubro") nin o nome do que era antes: Confederación Centroamericana, Federación centroamericana ou República Federal de Centroamérica.
  • Dicimos tamén que [o 5 de novembro] Italia se anexiona Cirenaica. Pero en es: Cirenaica data iso en setembro: "En septiembre de 1911, tras estallar una guerra entre Italia y Turquía, Cirenaica fue ocupada por los italianos". A Durvan só di que "En 1912-43 fue colonia italiana".
  • Sei que con todo isto só te creo problemas, xa que non podo concluír nada, pero éche o que hai e o que podo dicir. Saúdos e ti verás se pasamos do tema. Pedro --Lameiro (conversa) 22:33, 3 novembro 2007 (UTC)

Estatuto e efemérides editar

Vin o tema, e poño eiquí o que deixei no talk de Lameiro que creo que resolve o asunto.

Envíoche esta ligazón Historia do Estatuto. Se les toda a historia do proceso estatutario chegarás a esto:

El nuevo texto del proyecto de Estatuto para Galicia es publicado en el Boletín Oficial de las Cortes el 4 de noviembre de 1980. Un Real Decreto del 7 de noviembre convoca el referendum de aprobación del Proyecto de Estatuto para el día 21 de diciembre del mismo año. El texto refrendado por el pueblo gallego es ratificado por el Congreso de los Diputados el 17 de febrero de 1981. Un mes más tarde es ratificado por el Senado. Es promulgado como Ley Orgánica 1/1981, de 6 de abril

Desto eu entendo que mañá o que é destacado é a publicación do novo texto do proxecto de Estatuto (despois do Pacto do Hostal) no Boletín Oficial das Cortes no ano 1980. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 22:41, 3 novembro 2007 (UTC)

  • A efeméride de hoxe sobre o Estatuto tal e como está redactada da lugar a confusión, semella que o Estatuto publicouse un ano antes da súa aprobación, a efeméride conmemora un fito, o 4 de novembro, puxen no talk da efeméride o fito que se conmmemora hoxe e a fonte da cal o obteño. O lóxico sería en cada data sinalada do proceso estatutario sinalar o fito que se conmemora, e hoxe o que se conmemora é o que vos deixei no talk da efeméride de hoxe. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 15:17, 4 novembro 2007 (UTC)
    • Grazas!! Vou a tentar de clarexar todos os fitos importantes do proceso estatutario e incluilo no artigo e despois nas efemérides, pero a ver se o compatibilizo co de Arxentina e o de beta ;) Saúdos. Alma (fálame eiquí) 15:35, 4 novembro 2007 (UTC)
      • Si, agora quedou exactamente o que se conmemora hoxe, grazas por arranxalo, :) Alma (fálame eiquí) 15:41, 4 novembro 2007 (UTC)

santos en toponimia editar

tedes razon en cambialo, o bot vai moi axiña, estilo bot-afumeiro. Creo que paga a pena de todos os xeitos facer isto con bot, sempre que alguns o vaiamos revisando, pois ainda que confirmo cada cambio, non todos os criterios os teño claros .--4bot 15:29, 4 novembro 2007 (UTC)

Xa puxen o usuario, é User:Maañón, ata agora non o puxera para evitar controversias que foren mais politicas que técnicas. Grazas polos parabéns. (Maañón=)--4bot 15:38, 4 novembro 2007 (UTC)

acostuma editar

ola, puxen acostuma pois normalmente acostúmase sempre a por "adoita", asi que o puxen para ter mais variedade. consultando o dicionario non vin problema, pero se ves casos nos que non sexa va´lido, moi seguro que polo contexto me podes indicar os casos e cambiamolo.grazas pola revision, é importante.--4bot 18:33, 4 novembro 2007 (UTC)

7 de novembro editar

Albert: fixen varios cambios nas efemérides do 7 de novembro. Bótalle un vistazo. Pedro --Lameiro (conversa) 20:00, 4 novembro 2007 (UTC)

O martes virá a miña filla e, á vez, a miña asesora informática. A ver se me monta o acceso ó chat e poderemos utilizar esa vía. Pedro --Lameiro (conversa) 20:07, 4 novembro 2007 (UTC)

Gracias por la bienvenida editar

Perdón pero no hablo Gallego (soy aragonesohablante) lo único que he hecho es pasar a formato wiki y subir a la wikipedia lo traducido por una compañera de A Coruña. Espero que el proyecto Galipedia crezca, y mucho, en el futuro--Bresca 09:30, 5 novembro 2007 (UTC)

Biografías editar

Ola, qué che parece a proposta de Juanatey. Creo que como administrador a túa opinión é interesante, xa que desfas moita trangallada de ese estilo. Espero lerte por alí. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 15:43, 5 novembro 2007 (UTC)

Volver á páxina do usuario "Albert galiza/Arquivo 4".