Conversa usuario:Albert galiza/Arquivo 10

Arquivo de mensaxes antigas:   1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15  

grazas editar

moitas grazas por mexorar o meu arículo de Demi Lovato.

perdon si o meu galego e malo, eso é porque eu son agentina, o que pasa é que vou a un colexo argentino-galego.


Ola Albert, algo fixen mal e quería amañalo. O artigo de Selena Gómez non é meu, mais ó intentar movelo fixen un artigo novo. Podes arranxalo? Que fixen mal? Grazas, un saúdo.--PepedoCouto 15:55, 8 novembro 2008 (UTC)

Re:Faneca editar

Grazas. Non sei como fixen. Desfixen o feito. Volvo intentar facelo. O artigo está moi ben. Había unha falta (xurde, no canto de xorde) e podíanse poñer máis ligazóns. Paso a miralo de novo-- Lmbuga / Conversa comigo  19:56, 8 novembro 2008 (UTC)

Artigos editar

Ola Albert!, grazas pola mensaxe que me enviaches, é certo que fai algún tempo que non edito, o traballo e a "crise" :), parece que están tamén a esnaquizar o meu tempo nos artigos. De todos xeitos continuo traballando nos artigos, en Galaicos e Reino de Galiza, pezas que considero - entre outras - fundamentais na historia galega, e coido que en pouco tempo estarán listos para ser subidos, ampliar a info do reino (agora conto con moita máis) e de Galaicos, que tamén terá unha boa :). Iso, continuo ai, e penso que por moitos anos ;). Grazas pola túa mensaxe.--Alexandre Vigo 21:11, 16 novembro 2008 (UTC)

Borrado do Modelo Navbox editar

Ola!

Se ben estou dacordo co que comentas de que o modelo Navbox é importante facelo ben (eu ven vin que estaba feito daquela maneira, pero non tiña tempo a poñerme a arranxalo), non creo que fose boa idea eliminalo, xa que ai uns cantos modelos a facer uso del. ¿Poderías restauralo e pouco a pouco ímolo arranxando para evitar danos colaterais?

Un saudo.--Jordav 20:53, 17 novembro 2008 (UTC)

  • Grazas. Xa vexo que ten un comportamento raro. Cando acabe coa serie de artigos cos que estou (singles de 30 Seconds to Mars e 50 Cent), intentarei adecentalo. Aínda que tereite que preguntar no seu momento cal é a política da Galipedia respeto algunhas cuestións. Un saudo --Jordav 21:20, 17 novembro 2008 (UTC)

Recuperación editar

Ola, Alberte, recuperei o artigo de Gustavo Dacal. Estaba moi ben borrado, pero pensei que era importante e amplieino bastante, ;). --Xabier Cid Conversa 18:59, 20 novembro 2008 (UTC)

¿Como y donde indico que se trata da tradución dun artigo?

Grazas e saúdos.

Hello,

Could you please grant bot flag to my bot? (see Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación#HerculeBot)

Regards

--Hercule 10:02, 21 novembro 2008 (UTC)

Ok, I'll wait. Thanks for your answer --Hercule 15:43, 21 novembro 2008 (UTC)

Mover artigos editar

Intentei mover o artigo Motor de corrente continua sen escobas a motor de corrente continua sen vasoiras e malia dicirme que o movemento foi un éxito, a verdade que o artigo segue coa forma escoba. Podíasme axudar?.--RNC 14:56, 22 novembro 2008 (UTC)

  • Agradézoche a túa axuda, víame con dous artigos iguais con diferente título e non sabía como arranxalo.--RNC 15:13, 22 novembro 2008 (UTC)

respondín editar

Conversa_Wikipedia:Wikiproxecto_Categorías/Botánica#tax-tax   Sobreira (parlez) 16:26, 23 novembro 2008 (UTC)

apropiación artigo "grupo de teatro badius" editar

pero que es ti para apropiarte do artigo grupo de teatro badius? pero de onde o copiaches? tes un morro que o pisas. xa o estas borrando ou alomenos pide permiso, non? e non te atribuas textos que non redactaches, vale! grupo de teatro badius (baio-a coruña) teatrobadius@yahoo.es (ten a cara de contestar igual que a tiveches para plaxiar)

Artigos destacados editar

Cando vaise poder votar a proposta dos artigos destacados ou de calidade?--Hugo22 22:46, 30 novembro 2008 (UTC).

Habería que pechar esta votación, creo. Desculpa que prefira non facelo eu, pois non o fixen nunca. Sei colocar {{cab}} e {{pe}}, pero non teño claro o proceder coas dúas páxinas (Wikipedia:Votacións/Modelo:Concello info, Usuario:Albert galiza/Meu Portal 2), especialmente coa segunda. Ademais non sei como categorizalas.

Agradeceríame que me commentases rapidamente como procediches para telo eu máis claro. Un cordial saúdo -- Lmbuga / Conversa comigo  14:56, 1 decembro 2008 (UTC)

  • Desculpa, non sei en que mes vivo. Pensei, por un momento que o mes pasado fora decembro: ¡Fanme falta unhas vacacións!
Mirarei logo de votar. Pensei que xa acabara a votación. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  15:14, 1 decembro 2008 (UTC)

RE: Artigos de calidade editar

Non é para tanto... Revisa o que fixen a ver se vai todo ben e non me trabuquei nada. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 18:14, 1 decembro 2008 (UTC)

Modelo Espazos naturais editar

Ola Albert! Porque estás a poñer de novo o antigo modelo, se o modelo novo de espazos naturais xa inclúe ao vello?--Hugo22 16:23, 5 decembro 2008 (UTC).

  • Home se che preocupa o anterior autor do modelo, tamén fun eu hehe, e por min non hai problema en quitalo.--Hugo22 16:32, 5 decembro 2008 (UTC)

Sobre o Navbox con seccións editar

Ola Albert, creo que xa esta solucionado. O problema era o incluír o Tnavbar. Para cada un dos subgrupos había que engadirlle o parametro "navbar = plain" que o que fai é que non o amose. Se ves que non era o que querías xa sabes que facer ;) Un saudo. --Jordav 11:17, 7 decembro 2008 (UTC)

Esquecera sinalar, que se ben máis ou menos entendo o funcionamento do modelo Navbox, foi Toliño o que finalmente editou o modelo (creo que cunha versión anterior á actual pero sacada tamén da inglesa). Aínda así, creo que co que te dixen antes, xa ten o comportamento que ti desexas. De novo, un saúdo --Jordav 11:25, 7 decembro 2008 (UTC)

Anexos .... editar

Boas, na categoría Constelacións fixen dous artigos que son unha especie de anexos, traducidos dun par doutras wikis, pero dixeron por páxina de conversa que non existen este tipo de artigos na Galipedia, se fose así decídemo para move-los artigos a un novo título.--Xabier Cancela (fálame 16:23, 9 decembro 2008 (UTC)

Si, entendo o que me dicides, pero movo eses artigos a novos títulos???

Xa os movín, graciñas por todo --Xabier Cancela (fálame 21:43, 9 decembro 2008 (UTC)

Agradeceríache que completases nese modelo as instrucións de uso. Facilitaría o traballo dos usuarios saber cómo utilizalo e en qué casos ou onde (se nas páxinas ou nas páxinas de conversa). Grazas e saúdos--Xan de ningures 23:37, 9 decembro 2008 (UTC)

  • Está moi claro. Fixen tres pequenas correccións: un erro ó teclear, un castelanismo (*ilo, non existe. Admítese "elo" pero só en frases feitas como pórse a elo) e unha aclaración.
Paréceme moi cómodo o modelo e, ademais, un acerto pois incentiva que se empreguen as páxinas de conversa dos artigos. Usareino. Graciñas--Xan de ningures 15:22, 10 decembro 2008 (UTC)

Star Trek editar

Agradeceríache que me botases unha man, marquei Star Trek co marcador de atención pero non consigo que se vexan os motivos desa marca, aínda que seguín o exemplo que aparece en Neno e alí si que se visualiza.--RNC 16:38, 11 decembro 2008 (UTC)

Solucionei o problema, fora fallo meu. Nese espazo non se poden meter ligazóns externas e claro non se amosaba o texto.--RNC 16:56, 11 decembro 2008 (UTC)

Que é PVN? editar

Borraches o artigo Comités, quixera saber que é PVN xa que vou volver crear o artigo e quero que estea dacordo con todos os requisitos da wikipedia e demais.

Grazas.

Libro dos mortos editar

  • Que me recomendas no Libro dos mortos eliminar todas esas traducións ao castelán ou deixar unha ou dúas engadindo máis do inglés, portugués. Pola miña parte penso que non son precisas, non son obras de investigación sobre o tema, podería pensarse que son publicidade, quen queira ler o libro dos mortos non ten máis que ir a unha librería ou biblioteca e alí xa lle recomendarán a que consideren mellor. Se houbese tradución ao galego penso que si tería sentido poñela no artigo.--RNC 15:27, 15 decembro 2008 (UTC)

Imaxe da semana editar

Saludos Alberto. Propoño mudar o artigo vinculado á imaxe da semana, emigración galega, que aínda non existe, por Casa de indianos. --Iago 15:22, 16 decembro 2008 (UTC)

Non se me ocurrira, pero é unha bóa idea. Saúdos e grazas. --Iago 20:09, 16 decembro 2008 (UTC)

Reino de Galiza editar

Ola Alberte. Hai un tempo que retomei o artigo do reino, grazas a aquela mensaxe que me enviaras. Agora, cuberto o 70% do que me parece o mínimo, e pendente de varios capitulos do artigo, gustaríame que se tes tempo olles o artigo e o leas, e me digas cales son as túas inquedanzas, ou o que non queda claro, ou aquilo que non é entendible. Pídocho a ti porque a túa colaboración é inestimable na galipedia e porque me dixeches que de cando en vez o mirabas, sinxelamente cando poidas. Moitisimas grazas.--Alexandre Vigo 22:48, 16 decembro 2008 (UTC)--Alexandre Vigo 22:48, 16 decembro 2008 (UTC)

Troco de nome dun artigo editar

Saúdos Alberte. Creando un artigo confundinme ao escribir o novo nome e, en troques de por Maiores puxen Maories. Procurei a forma de trocalo, pero non atopei o xeito. Poderías axudarme ou trocalo ti? Desculpas polas molestias, pero non sabía a quen acudir. De novo grazas.

O artigo en cuestió sería o seguinte: http://gl.wikipedia.org/wiki/Listaxe_de_Falleiras_Maoires

Moitas grazas.--Adorian 23:25, 17 decembro 2008 (UTC)

Hola son Daniel o último artigo foi traducido o castelan po-lo traductor de google xa que hai páxinas que non estan en castelan e por iso teño que usar o traductor de google e eu traduzcono directamente o galego grazas po-lo que teña ollo eu co que traduzco pero dalgunha parte terei que facer que esta páxina avance ademais a mín gustame esta lingua por ser miña lingua nai e non quero ter problemas non ningun de vós como xa tiven problemas con Xavier Cid. --Daniel Pita López 21:18, 18 decembro 2008 (UTC)

Account usurpation editar

Help me, please, usurpate old inactive account without edits for my SUL. --User:Jackie 11:07, 19 December 2008 (UTC)

Infobox pintor editar

Ola Albert, onte borráchesme algúns dos compoñentes do modelo Infobox pintor e agora non funciona ben nos artigos nos que o puxen. Mira por exemplo Gustave Caillebotte. Poderías arranxalo?--Hugo22 13:41, 21 decembro 2008 (UTC).

  • Inspírate no modelo da wiki inglesa que aparece no artigo de Edgar Degas.--Hugo22 16:09, 21 decembro 2008 (UTC)
  • Eu víaos pero se ti dis que non os vías fasme dubidar. Se tal restáuraos e a ver se pódelos ver.--Hugo22 16:22, 21 decembro 2008 (UTC)
  • GRazas, pódelos ver agora? Se podes, porque o modelo de Gustave Caillebotte vese distinto aos do resto?--Hugo22 16:33, 21 decembro 2008 (UTC)

Tu quoque editar

Ola Albert, poderías "desborrar" o artigo Tu quoque, antes de borralo eu xa o arranxara--Hugo22 18:28, 22 decembro 2008 (UTC).

Artigo Olga Viaño editar

Eu engadín a bibliografía de Olga Viaño, hai algunha norma que limite os datos bibliográficos? Vin que eliminaches os ISBN, editoriais e no de Plazas de Galicia tan so aparece o título do libro sen máis datos. Aínda falta engadir á lista outro libro sobre Ferrol e gustaríame saber qué datos se poden poñer. Grazas

Modelo:Por facer editar

Darche a noraboa por realizar un modelo tan util, xa que conseguiches:

  • Darlle utilidade as páxinas de conversa dos artigos, totalmente en desuso na Galipedia.
  • Un mecanismo sinxelo e rápido de ter categorizados os artigos que teñen tarefas pendentes sen que desvirtúe o artigo en si.

Que sepas que xa o estou usando intensivamente.Un saúdo --Jordav 14:45, 23 decembro 2008 (UTC)

Sobre as traducións editar

Entendido. Pois agradezo que o comentes antes de seguires a facer máis traducións. No caso de que faga algunha máis procurarei facelas eu mesmo. Un saúdo.

--79.150.23.45 17:25, 23 decembro 2008 (UTC)

Sobre as categorías editar

Unha preguntiña...as categorías podémolas crear os usuarios correntes ou existe algún tipo de norma ó respecto? Se non é así, podería saber o motivo polo cal non é aceptada a categoría Ateos? Moitas grazas.


--79.150.23.45 18:14, 23 decembro 2008 (UTC)

Entendo. Simplemente pensei que esa categoría podería ser interesante porque forma parte do contido mesmo do discurrir filosóficas destas personalidades. Quizais sexa máis adecuado Categoria:Filósofos ateos ou tampouco?

Grazas.

--79.150.23.45 18:29, 23 decembro 2008 (UTC)

Un vistazo, Alberte editar

Alberte, na última media hora pechei unha votación (sobre as Ligazóns externas), púxeno en Novas da Comunidade, pechei e borrei outra sobre Llengües Vives‎, paseino a Temas debatidos, etc. Bota un vistazo porque o fixen dunha forma máis que nada intuitiva e seguro que fixen algo mal ou esquecín dar algún paso. Corrixe o que estea mal pero non deixes de dicirme onde me trabuquei. Grazas e ata logo. Pedro --Lameiro (conversa) 22:36, 27 decembro 2008 (UTC)

  • ¡Non mo podo crer! Será que o miraches moi por riba... Graciñas, Pedro --Lameiro ([[User

Talk:Lameiro|conversa]]) 22:51, 27 decembro 2008 (UTC)


Moitas Grazas editar

Ola Alberte, desculpa que non che respostara antes á túa máis que destacable axuda, moitas grazas por darme eses trazos a seguir para ver por onde debe discorrer agora o artigo ata ser completado. A verdade é que estou moi metido nese artigo e quero que quede moi ben, porque penso que a galipedia mais que ningunha outra wiki merece ter un artigo completo sobre a historia do reino. Seguirei as túas pautas, irei completando con mapas e texto o que queda, e a ver se entre todos logramos que seña un artigo destacado. Grazas unha vez máis.--Alexandre Vigo 12:43, 28 decembro 2008 (UTC)

Vélez de la Gomera editar

Saudos Albert, no artigo de Vélez de la Gomera pon claramente que hai que combinalo co de Peñón de Vélez de la Gomera, pois ven, a información xa esta combinada, deberiamos pasar a borrar "Vélez de la Gomera", ¿tal vez non seguín o procedemento correcto? --Carronada 13:59, 30 decembro 2008 (UTC)

Castelao editar

Dis que tes un PDF sobre este xenio.... podes mandarmo? Na miña páxina tes o meu email. --  Norrin_strange (Fala-me) 07:37, 2 xaneiro 2009 (UTC)

  • Grazas. Outra cousa: xa que es administrador, podes engadir a wikipedia en manés (código gv) á páina de portada? E que colaboro nela, e gostaría de que estivese alí. --  Norrin_strange (Fala-me) 20:14, 2 xaneiro 2009 (UTC)
    • Si. O sexto tomo contén 274 cartas de Castelao a ... tropecientas persoas. 720 páxinas de correspondencia... (como para lelo, vamos). E entre elas vexo que hai varias a Aguirre. Dáme medo que me preguntes por iso. Canto a incluír esta colección na bibliografía, si, xa o tiña anotado. Ti dirás. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:48, 4 xaneiro 2009 (UTC)
      • Non che sei o que costarán porque foi un regalo, pero se é por iso, escanéoche as cartas a Aguirre e mándochas. E si, o medo que eu tiña era que quixeras que me lese a correspondencia. Ti dirás. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:42, 4 xaneiro 2009 (UTC)

Bloqueos editar

Lol, lol, lol, lol, lol... :D :D :D :D. Que todos os erros do mundo sexan ese!! Por fin fun bloqueado!! :D --Xabier Cid Conversa 14:37, 10 xaneiro 2009 (UTC)

Entendo a seriedade da cuestión. Quizais saiba Prevert. De todas as maneiras, creo que o explicaches ben. Foi unha mágoa que no resumo non puxeses esa mesma frase en inglés. :) Pero erros ten todo o mundo, incluso ti, ;) Biquiños. --Xabier Cid Conversa 14:45, 10 xaneiro 2009 (UTC)

RE: Benvido editar

Hola, Alberte. Graciñas por la bienvenida. Siempre es un placer ayudar. Si necesitas algo, ya sabes dónde estoy. Dejo la redirección a Meta. Un saludo, --Lucien leGrey 21:10, 14 xaneiro 2009 (UTC)

Ligazón externas editar

Ola Alberte, porque quitaches as ligazóns externas de artigos como a Matanza do porco ou as Fogueiras de San Xoán?, aínda que foran da mesma páxina a información extra que achegaban era moi interesante--Hugo22 16:12, 16 xaneiro 2009 (UTC)

As edicións dos artigos e as ligazóns inseridas non foron con motivo de Spam senón de achegar contidos verdadeiros e relacionados co tema en cuestión da páxina en cuestión que penso que aportan cousas interesantes e son produto do traballo de máis de sete anos que leva a web Galicia espallada. Xa habia moitos enlaces máis noutros artigos que non os puxen eu e engadín outros que me parecen que valen a pena, non é spam, e engadir datos nada máis. Un saúdo, Mónica

Outra cousa que me esquecín de engadir na anterior mensaxe: correxin no artigo de Alexandre Boveda a data do seu nacemento que foi o 4 de xuño de 1902 e non o dia 7 como hai di. Agora está novamente o dia 7. Investiga, Bóveda naceu un dia 4.

cometin un erro na escrita, naceu o 4 de xuño de 1903, precisamente por iso ese traballo feito de recompilación o 4 de xuño de 2003, no centenario do seu nacement.

Perdoe, creo que esas viñetas de Palestina e Israel expresan motivos políticos, creo que as debería vostede de retirar. É a miña opinión segundo o que di a wikipedia acerca da política nos perfís. Un saúdo.--Davazpe.94 20:55, 16 xaneiro 2009 (UTC)


Modelo Parroquia editar

Ola Albert, teño un problema coas parroquias onde edito, xa que non me coinciden os datos do modelo editado cos do modelo a editar. Como fago para resolver este problema? Grazas e un saúdo. --PepedoCouto 21:36, 16 xaneiro 2009 (UTC)

Ben, pero se eu podo facelo, que é exactamente o que teño que facer? --PepedoCouto 22:01, 16 xaneiro 2009 (UTC)

Pois moitas grazas. Nos que eu vaia engadindo datos modifícoos. Ata outra.--PepedoCouto 22:21, 16 xaneiro 2009 (UTC)

¿Debate construtivo? editar

Non é posible o debate construtivo se non se aplican as normas que existen cando se solicita. A aplicación das normas foi solicitada por correo, foi solicitada a súa aplicación aquí en pleno conflito e van ser de novo solicitadas no taboleiro dos administradores. --Saúdos e grazas. Xan de ningures 23:52, 16 xaneiro 2009 (UTC)

2 varas de medir??? editar

Olá Albert, oe, preguntábame por que lle borraches a información (agora somente di que é cristián) a Xan e por que sin embargo mantés na túa páxina unha foto moito máis comprometida, chamando ós israelís de asesinos de nenos palestinos??? Hai 2 varas de medir, logo????--Kim 00:01, 17 xaneiro 2009 (UTC)

O asunto é refeente á imaxe na que sae un soldado israelí apuntando a un palestino, en modo de viñeta de banda deseñada... Un saúdo.--Davazpe.94 20:06, 17 xaneiro 2009 (UTC)

Pido socorro ! editar

Alberte a ver se me podes amañar o final da proposta : Wikipedia:Imaxe da Semana/Votacións ? xa de dín carenta voltas sen ver esplicación !!! ElviraConversa comigo 13:29, 18 xaneiro 2009 (UTC)

Moitissímas gracias Alberte !!! cala e non digas que son burra. Saúdos ElviraConversa comigo 13:36, 18 xaneiro 2009 (UTC)

Una serie de dudiñas editar

Ola Albert. Tesme que perdoar que te ande a molestar, pero es que es o único administrador con que mantiven algunha conversa, e por eso diríxome a ti cando teño algunha dúbida.

Dende que comecei a realizar artigos na Galipedia estou intentando mellorar os seus contidos no eido da música dentro do Wikiproxecto Música (aínda que penso que son o único que sabe que ese proxecto existe). Agora propóñome realizar un Metamodelo para os artigos sobre os singles lanzados o mercado, e dicir, unha guía de como sería recomendable que fosen os artigos, que estructura deberían seguir, que modelos utilizar e como crear os modelos necesarios para agrupar os distintos artigos, para que fose máis directa a creación de ditos artigos e se unificase tanto a estructura como a estética dos mesmos.

Claro, todo isto é moi bonito, pero asáltanme algunhas dúbidas que espero que podas responderme:

  • Gustaríame ir facendo pouco a pouco a proposta, pero que a vez quen estivese interesado, puidese ver o que vou facendo para darme a súa opinión. Para eso pensei en usar esa serie de artigos que parten da páxina de usuario como prefixo, e dicir, no meu caso, por exemplo Jordav/Proposta. ¿Podo facela? E dicir, ¿existe algunha condición para que un usuario poda facela ou calquera pode? ¿e en caso de poder hai algunha regra que seguir?
  • Por outro lado, aínda que polo de agora non me puxen a facela. ¿Cal sería o proceso que debería seguir para que se vise como estándar da wikipedía? ¿Onde debería expoñela? ¿Como faría para que fose votada? En resumen, cales serían os pasos a seguir.

Xa por outra banda (aínda que seguro terei máis dúbidas respecto a proposta), nos últimos artigos non me acordei de poñer as interwikis nos outros idiomas cara o artigo en galego, ¿hai algunha forma de avisar a un bot para que realice esa tarefa?

Un saúdo, e de novo, lamento ter que andarte a molestar.--Jordav 15:28, 19 xaneiro 2009 (UTC)

Categoría máis específica en políticos editar

Ola. Estou modificando a ubicación dos artigos sobre os Primeiros Ministros de Israel, quitando a categoría xenérica ("Políticos de Israel") por estar xa na específica ("Primeiros ministros de Israel"). Tal e coma eu o vexo, non ten sentido deixalos en dúas categorías ao mesmo tempo, coma deixei escrito na páxina de conversa. En todo caso, avisoche por se pensas que é mellor revertir os cambios. Saúdos. --Iago 17:11, 19 xaneiro 2009 (UTC)

RE: Caixas editar

Non, non me esquecía... Estaba pensando en facer unha votación conxunta co texto de Wikipedia:Páxina de usuario de Xabier (habería que copialo da conversa onde o inseriu). Voullo preguntar. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 17:44, 28 xaneiro 2009 (UTC)

Falange Española editar

Saudos Albert, referente a bibliografía deste artigo, os datos sobre o seu acto fundacional os saquei do libro "Los Mitos de la Guerra Civil" e pensaba empregar este libro para engadir mais información, ¿Non debería pois ser incluido na bibliografía? Saudos --Carronada 18:41, 28 xaneiro 2009 (UTC)


  • O dato que collín do libro foi o lugar, o teatro da comedia, referente o libro sei que non é unha fonte segura, pero para datos puntuales deste tipo creo que si que o é. Saudos--Carronada 21:12, 28 xaneiro 2009 (UTC)
Volver á páxina do usuario "Albert galiza/Arquivo 10".