Conversa usuario:Agremon/vellas7

Engadir conversa
Discussões ativas
- Por favor, non escribir aquí. // Please, do not write here. // Por favor, no escribir aquí. // s'il vous plait, priére de n'écrire ici. -

Aviso de wikimaratón en VigoEditar

Boas, puxen unha nota na taberna e coméntocho por se che interesa. Tamén pedín un permiso urxente para cambiar o aviso da cabeceira dos artigos, se ves algún problema coméntao alí. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2015 ás 10:13 (UTC)

Aviso na taberna de axudaEditar

Boas, fixen unha petición na taberna que ó mellor podería ser do teu interese. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de febreiro de 2015 ás 17:42 (UTC)

Actividade e galencontro CoruñaEditar

Boas, anunciei unha actividade na taberna que podería ser do teu interese, tes máis información aquí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de decembro de 2014 ás 11:36 (UTC)

Editatón VigoEditar

Mira, cando poidas dille ós de Vigo que na súa páxina cambien a ligazón da Galipedia á páxina de coordinación para ver se a xente se anima a achegar cousas nela. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de decembro de 2014 ás 09:36 (UTC)

Mira, miraEditar

Mira, es ti! :). Non era sen tempo!, eh? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de novembro de 2014 ás 15:55 (UTC)

Concurso de artigos wikiEditar

Por se che interesa bótalle un ollo á nova que deixei na taberna. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de novembro de 2014 ás 01:20 (UTC)

Galencontro 2014Editar

Nos vindeiros meses pode que se organicen un par de actos relacionados coa Galipedia, o do Día da Ciencia en Galicia pode interesarche especialmente, mira a mensaxe que estou deixando nas conversas: Propuxen na taberna facer un novo galencontro de galipedistas, en Coruña ou en Lugo dependendo da aceptación da xente. Tamén se poden propor temas para tratar no encontro aínda que non se poida asistir. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de outubro de 2014 ás 23:37 (UTC)

O evento en Lugo está en fase de organización, fixen esta páxina para organizalo: Wikipedia:Primeiro editatón do Día da Ciencia en Galego. Estou tentando axudar en todo pero dependemos do que avancen os do Campus de Lugo. O usuario de contacto é XustoRguez. Se a cousa avanza xa che aviso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de outubro de 2014 ás 10:33 (UTC)
O editatón de Lugo finalmente será o 8 de novembro, vémonos alí! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de outubro de 2014 ás 00:27 (UTC)
Ah, e cando o teñas confirmado podes apuntarte na páxina Wikipedia:Primeiro editatón do Día da Ciencia en Galego. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de outubro de 2014 ás 00:28 (UTC)

Proposta na tabernaEditar

Boas, hai unha proposta na taberna para tentar organizar un traballo conxunto da comunidade, se che interesa comenta alí o que che parece, a proposta está aberta e se a comunidade o decide pode ser adaptada ó que faga falta. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de xaneiro de 2014 ás 09:48 (UTC)

Presentación do CESGAEditar

Xa está publicada na Galipedia a presentación que fixen no CESGA aquí, avisei tamén na taberna de que o que queira pode revisala e mellorala nesas páxinas para tentar facer unha presentación colaborativa do proxecto. Ten un formato que da apariencia de transparencia pero só queda ben en Firefox, éche o que hai. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de decembro de 2013 ás 03:09 (UTC)

Detector de homónimosEditar

Ola Antonio.

Para o traballo que estás a facer vaiche resultar moi útil o Detector de homónimos. Podes activalo en:

PreferenciasTrebellosNavegación  Homónimos: Activar o detector de homónimos.

Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 6 de outubro de 2013 ás 19:43 (UTC)

Encontro galipedistasEditar

Avísoche de que imos comezar a organizar o Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Encontro_de_galipedistas por se che interesa. Unha aperta!, --Elisardojm (conversa) 2 de setembro de 2013 ás 10:38 (UTC)

Finalmente o encontro foi en Pontevedra o pasado día 30, fixen un resumo na conversa da taberna. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de decembro de 2013 ás 03:05 (UTC)

RE:RaposoEditar

Moi ben, saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de xuño de 2013 ás 22:51 (UTC)

Boeno, podes tentar contactar con el deixándolle unha mensaxe na súa páxina de usuario a ver se así é máis doado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de xuño de 2013 ás 09:59 (UTC)
Ademais que na súa páxina di que naceu en Ribadeo, pero pode que agora viva noutro lado... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de xuño de 2013 ás 10:00 (UTC)

Crónica do encontroEditar

Boas, fixen unha pequena crónica do encontro de Santiago, se podes bótalle un ollo e engade o que falte. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de abril de 2013 ás 22:20 (UTC)

RE:Vídeo do acto de SantiagoEditar

Non, aínda non nos puxemos con iso, en canto esté xa vos aviso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de marzo de 2013 ás 23:29 (UTC)

Xa está en Commons o vídeo da primeira conferencia do aniversario da Galipedia, WikiSkills, tes a ligazón na Taberna. Pouco a pouco irei subindo os outros, digo pouco a pouco porque leva bastante tempo xa que teño que cambiarlles o formato e editalos e como son ficheiros tan grandes a cousa vai lenta. Se quers avísoche cando estén os seguintes. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de xuño de 2013 ás 10:19 (UTC)

Fotos aniversarioEditar

Boas, pasei a túa foto da tarta a Commons, se tes outras fotos que podan ser interesantes a ver se as podes subir e poñer nesta categoría, eu puxen as miñas alí. Outra cousa que poderías facer é unha foto dun grupo de xente coas camisetas no obradoiro que vas facer, esquecéuseme facer algunha foto delas e sería interesante ter algunha. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de marzo de 2013 ás 01:58 (UTC)

Moi ben, pois xa contarás como vai o obradoiro entón. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de marzo de 2013 ás 08:33 (UTC)

Editar

Boas, se tes un momento bótalle un ollo, e se podes amplía, a nota de prensa e vota polo logotipo que máis che guste. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de marzo de 2013 ás 14:22 (UTC)

Relatorios para o décimo aniversarioEditar

Boas, fixen a páxina Wikipedia:Relatorios décimo aniversario para coordinar e debatir esa actividade. Espero que a cousa vaia indo para adiante rápido porque cada vez está máis enriba a data. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de decembro de 2012 ás 03:08 (UTC)

Boas, bo ano! :) Mira, na páxina que che dixen enriba engadín a ligazón á proposta de beca que xa está publicada. De momento só é un borrador poden facerse os comentarios que se queran, se non hai modificacións importantes espero que nunha semana se presente á Fundación para o seu estudo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de xaneiro de 2013 ás 02:48 (UTC)
Boas, estiven actualizando estes días a páxina dos relatores do décimo aniversario e ó final creo que me pasei coa xente a participar, creo que algún vai ter que quedar para outra vez. Por outra banda, vou ter unha reunión co Vicerreitor de Estudantes da USC o martes pola mañá e espero que nos ofreza un lugar para celebrar o evento. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de xaneiro de 2013 ás 17:52 (UTC)

CamisetasEditar

Boas meu feliz ano e iso! :) Mira, que hai que ir pechando o do presuposto das conferencias, puxen o outro día uns comentarios sobre o tema das camisetas, habería que saber que tipo de imaxe imos poñer, se non queremos a que propuxen eu, a cantidade e o prezo de cada unha. Poderías revisar isto e dicirme algo na páxina do proxecto?

Tamén quería saber se se che ocorre algún persoeiro da cultura ou da ciencia que poda encaixar co noso "estilo", cultura galega, voluntariado, cultura libre..., xa contactei con moita xente da que está nesa páxina e poucos me contestan, hai que darlle pulo á cousa que o tempo xa está enriba... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de xaneiro de 2013 ás 13:47 (UTC)

Historia da GalipediaEditar

Mira un detalle, que estou revisando a historia da Galipedia, e atopei en Wikipedia:Actualidade#2003 que te diches de alta en xullo, por casualidade, fuches entón o primeiro usuario galego da Galipedia? :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de decembro de 2012 ás 02:00 (UTC)

Proposta para o décimo aniversarioEditar

Boas, xa fixen a proposta na taberna, ta logo!, --Elisardojm (conversa) 22:24, 23 de setembro de 2012 (UTC)

A cousa parece que vai tirando nesta páxina, para que se poña un aviso no cabezallo da Galipedia para que todos os usuarios se enteren habería que votar, a favor ou en contra, nesta conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:39, 24 de outubro de 2012 (UTC)
Como xa hai 9 propostas para facer e o tempo non para propuxen na taberna que se faga unha votación para escoller o que facer. Se tes un momento podes dar alí o teu voto, a favor ou en contra, para pasar á seguinte fase. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:28, 12 de novembro de 2012 (UTC)
Xa estamos votando as propostas para celebrar o décimo aniversario, que remata mañá a última hora, pasa pola páxina e vota as que máis che interesen! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de novembro de 2012 ás 13:59 (UTC)

Boas, xa rematou a votación e as propostas con máis aceptación foron Wikipedia:Difusión nos medios e Wikipedia:Participación activa, fixen unhas páxinas separadas para ir organizando mellor eses eventos. Nos próximos días haberá que traballar nesas páxinas para darlles máis forma a esas propostas. :) Ó mesmo tempo na taberna fixen un comentario para tentar levar adiante a proposta das conferencias, podes comentar alí o que che parece. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de decembro de 2012 ás 02:40 (UTC)

Puxen algúns detalles maís sobre o das conferencias na taberna, e tamén hai algúns máis na páxina na que se fixo a votación. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de decembro de 2012 ás 14:07 (UTC)

Obradoiro WikiSkillsEditar

Boas, se te apuntaches ó tinglado ese supoño que xa che enviarían o correo de que van facelo o martes 17, o que che veño a avisar é que propuxen na taberna facer un pequencontro ó rematar ese choio. Se podes deixa unha nota alí para ver como nos organizamos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:29, 13 de abril de 2012 (UTC)

Boeno, supoño que farán un bó resumo para poñer na rede, de tódolos xeitos eu tamén tentarei facer algún documentiño sobre o que se comente. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:33, 14 de abril de 2012 (UTC)

Enquisa WikiSkillsEditar

Boas meu, comezou unha primeira parte do proxecto WikiSkills que consiste en cubrir unha enquisa, a ligazón é http://enquisas.cesga.es/index.php?sid=37569&lang=es. Non estou de todo seguro pero por un correo que me mandaron doutro sitio parece que o plazo para cubrila remata o día 17 deste mes, coméntocho para que non se che pase, total só tardas 15 minutos en enchela. Tamén sería moi interesante que lle comentaras a creación deste proxecto ás persoas do ámbito da educación que podan estar interesadas ou que o difundas noutros lados que coñezas coma webs de educación, listas de correo, etc, se non saben nada de wikis ou se aínda non as usaron na clase non importa, o proxecto é para tódolos interesados. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16:31, 13 de marzo de 2012 (UTC)

Eu non podo participar na enquisa porque non traballo na área de educación pero polo que vin nas preguntas, e polo que comentaron do proxecto entendo que a idea é que está dirixido tanto a xente que xa fixera experiencias educativas con wikis como para xente que non fixera nada ou que incluso non as usara nunca..., pero voulle preguntar a Cheminha que el é o que organiza isto e xa che digo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:49, 13 de marzo de 2012 (UTC)
Xa falei con Cheminha e confirmoume que non é preciso ter experiencia previa con wikis, precisamente unha parte do proxecto é para que a xente que traballa no eido da educación comece a usalas. Sobre o plazo díxome que o día 17 é o límite que puxeron líderes do proxecto pero como eles teñen a enquisa no CESGA e non saben aínda cando teñen que presentar os resultados pois non teñen problema en deixala aberta un pouco máis de tempo.
Por certo, ¿tes os avisos por correo de cambios na túa páxina de conversa?. Porque se os tes activos xa non che molesto cos meus correos que serán redundantes... :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:31, 14 de marzo de 2012 (UTC)
Boas, hai novas deste proxecto na taberna, bótalle un ollo cando podas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:51, 28 de marzo de 2012 (UTC)

ImaxeEditar

Ola Agremon. Marquei unha imaxe dun aterramento sanitario que cargaras ti no ano 2005 procedente de pt.wp para borrar porque tiña o marcador atención por falta dalgún dato e porque agora esa mesma imaxe con maior resolución trasladarona a Commons e cumpríanse os criterios de borrado (imaxe externa que está en Commons). Cando xa a tiña marcada decateime que neste caso fora mellor preguntarche antes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:55, 3 de marzo de 2012 (UTC)

Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:20, 8 de marzo de 2012 (UTC)

SaúdoEditar

Ola Agremon. Pasou moito tempo desde que falamos a última vez, vin que andabas por aquí e quería aproveitar para saudarte. Un cordial saúdo. --Prevertgl 07:24, 27 de febreiro de 2012 (UTC)

Casas de concellosEditar

Boas!, mira, que temos por aquí unha páxina coas fotos de tódalas casas de concellos e ó mellor podías facer ti algunhas que che queden perto e que faltan (ou non as atopamos) por exemplo Trabada é limítrofe con Ribadeo..., aínda que non sei se estará a man ou non. Boeno, se che cadra de dar unha volta por alí coa cámara, e che apetece, completaríamos un pouco máis esa galería. A lista de tódolos concellos que faltan está na conversa desa páxina. Boeno, e a ver cando nos vemos outra vez :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:28, 17 de febreiro de 2012 (UTC)

Moi ben, a ver se cadra ben!. Saúdos,--Elisardojm (conversa) 23:01, 17 de febreiro de 2012 (UTC)
Ben, pois quítoche as grazas, ala! :). Parabéns pola fotaza!. Por certo outra cousa, xa está lista a enquisa de WikiSkills, a dirección está na miña páxina de conversa pero xa lle dixen a Cheminha que a puxera na taberna tamén. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:37, 12 de marzo de 2012 (UTC)

A Galipedia vai cumplir 8 anos!!Editar

Na taberna estamos preparando un novo evento para o día 12, ó mellor pode interesarche. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 03:31, 6 de marzo de 2011 (UTC)

Wikipedia 10Editar

Moi ben, xa atopei o evento de Ribadeo :), perdoa que non te pudera axudar pero estes días estou máis que liado. Non sei si te decataches pero fixen esta páxina, por si che interesa, podes fuchicar nela todo o que queiras. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:17, 5 de xaneiro de 2011 (UTC)

Foto do concello de BarreirosEditar

  ¿E que lle pasou a esta foto?, ¿é unha foto artística?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 02:35, 15 de decembro de 2010 (UTC)

Pois é que andaba eu dando voltas polo artigo de Barreiros e non me cadraba nadiña...:).
O encontro de Santiago estivo moi ben, a mágoa foi que eramos moi poucos, Furado, Ensada, Lucien e máis eu. As cousas do capítulo están indo ben e incluso xa se están pensando algúns proxectos para este ano. Teño que facer unha pequena crónica da reunión e cando esté xa che aviso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:33, 15 de decembro de 2010 (UTC)
Moitas grazas pola foto!!. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:05, 3 de novembro de 2011 (UTC)

Ría de Pontedeume/AresEditar

Ola, Agremon. Fedellando polas rías, vin que no artigo sobre as "Rías Medias" inclúes unha ría de Pontedeume. Supoño que esa non é outra cá ría de Ares, que na Galipedia está considerada simplemente como unha parte da ría de Betanzos, ou polo menos iso dá a entender esta redirección: ría de Ares.

Malia eu pensar que deberían contar con cadansúa páxina, dado que teñen orixe en dúas concas fluviais diferentes (Mandeo e Mendo para a de Betanzos e Eume para a de Ares), creo que se podería eliminar ese "ría de Pontedeume" do artigo das Rías Medias, non?

E perdoa por repetir esta mensaxe no fondo da páxina e aquí: non lin a tempo o teu aviso do comezo. :-)

Saudiña--vilachan 17:17, 28 de setembro de 2010 (UTC)

De acordo, vou aló. Saúdos --vilachan 13:54, 29 de setembro de 2010 (UTC)

Ben faladoEditar

Vin a túa intervención no programa Ben falado. Nunca che agradeceremos dabondo a creación da Galipedia, ten moito mérito pór en marcha un proxecto cando está un só, ademais de ter visión de futuro. A túa aparición falando da Galipedia nese programa é unha boa ocasión para lembar aquel día no que comezaches a construír a Wikipedia en galego. Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:17, 14 de agosto de 2010 (UTC)


Segundo galencontroEditar

Boas, xa se fixo a reunión en Madrid na que algúns wikipedistas xa firmaron os estatutos de Wikimedia España. Nesta páxina propuxen facer un novo encontro en Galicia para tratar algúns temas ó respecto, e firmar, os que lles interese, os estatutos para figurar como membro fundador da asociación. Podes apuntarte alí, poñer as datas que che veñan ben e aportar as ideas que queras. A intención é facer este encontro o antes posible (antes de fin de mes) para enviar os papeis a Madrid. Saúdos, --Elisardojm 12:52, 11 de maio de 2010 (UTC)

Boeno, si che é posible apúntate na páxina de meta e pon os días e horas nas que poderías ir. Se ó final non podes ir tamén poderías conectarte con Skype, xa fixemos algunhas probas, tamén no encontro de Madrid, e algo si que se escoita. Saúdos, --Elisardojm 23:07, 11 de maio de 2010 (UTC)
Aínda que non estás apuntado na páxina de meta avísoche igual de que xa hai data para o galencontro por si che interesa. Será o vindeiro venres 28 pola tarde no colexio onde quedamos a outra vez. A hora está sin determinar, eu antes das 18:00 non podo chegar, si che ven ben podemos quedar a esa hora ou máis tarde. Por certo, que para asistir ó encontro non é obligatorio para ninguén facerse socio de Wm-es :), tamén imos tratar dos proxectos que poderíamos organizar e para o que non é necesario estar en Wm-es. E xa sabes que podemos falar tamén doutros temas que se propoñan no momento sin problema. Saúdos, Elisardojm (discusión) 09:51 22 may 2010 (UTC).

Galencontro este próximo sábadoEditar

Boas. Xa temos data para o galencontro, o sábado 10 de 11:00 a 14:00, ese día estamos dispoñibles todos os apuntados. Anótao na túa axenda e si hai algún detalle máis xa cho irei comentando. Agregueiche no Skype só tes que aceptarme como contacto e xa poderás conversar comigo e participar na multiconferencia do sábado. Mándoche este aviso tamén por correo para asegurarme de que o recibes. Saúdos e xa nos vemos/escoitamos :), --Elisardojm 22:16, 5 abril 2010 (UTC)

Sobre o GalencontroEditar

Boas. Permíteme un momento que irrumpa na túa páxina de discusión, fágoo porque sei que es un usuario relevante desta comunidade e veño eiquí porque gustaríame coñecer máis opinións respecto a este tema e ó da creación do capítulo de wikimedia españa. Perdoa o meu atrevemento pero penso que é un tema importante e quero saber si hai algún tipo de problema para tentar atopar solucións, pero si non hai unha conversa, é case imposible facer algo a dereito porque é como se estivera cego.

Gracias pola túa atención e si necesitas algo de min tentarei axudar no que poda, saúdos, --Elisardojm 15:43, 14 febreiro 2010 (UTC)

Xa ves que eu tamén veño tarde e a rastras... O que estamos tentando facer é abrir o debate sobre a organización da asociación de Wikimedia España. O que non teño demasiado claro é si á comunidade da galipedia lle interesa ou non, ou en qué condicións. Apuntáronse dous usuarios da galipedia á reunión e outro par estaban interesados pero non poden acudir porque están fóra, pero poucos máis se interesaron na discusión do tema no café. Ó mellor nestes momentos non hai usuarios abondo para tratar con profundidade este tema, e entón a solución que se está a debatir en wikimedia españa de facer unha asociación de nivel nacional para todos, con grupos de traballo autonómicos, sexa a máis convinte para a galipedia. Non sei se ti tes algunha posibilidade/interés de pasar algún día por Santiago, se así fose eu tentaría organizar o encontro, dacordo co resto de interesados, o día/s que che viñeran ben. Actualmente estamos barallando como días posibles algún día das fins de semana de marzal.
A proposta que ten máis forza actualmente é ésta por si queres comentarme algo sobre dela. Podes contactar comigo tamén por correo electrónico, si o prefires.Saúdos, --Elisardojm 09:49, 5 marzo 2010 (UTC)
Boas de novo. Acabo de poñer algunha información máis no café. Saúdos, --Elisardojm 12:48, 5 marzo 2010 (UTC)
Moi ben, si non podes vir podes participar tamén a través de Skype (si é que funciona, esta é unha proba piloto ;). Si non coñeces ese programa e che interesa pregúntame o que queras e axúdoche no que poda, pero realmente é un programa moi doado de usar. Saúdos, --Elisardojm 08:53, 9 marzo 2010 (UTC)

Boas outra vez. Ó final non dimos organizado o encontro neste mes, xa está a rematar e pareceunos demasiado precipitado facelo esta fin de semana, estivemos liados cos debates da lista de correos e con viaxes e fóisenos o santo ó ceo. O mes de abril comeza coas vacacións e como moita xente marcha xa non imos propor esas datas polo que imos tentar que podamos xuntarnos a fin de semana do 9 ó 11 de abril. Avísoche por si che pudera interesar porque si todos os interesados están libres algún día dese fin de semana xa será nesas datas, si queres indicar os días que che veñan ben podes facelo na páxina de meta ou avisarme a min. Tamén está medio preparada a conferencia por Skype, a ver si funciona. Si che interesa busca o meu usuario, elisardojm, e méteo nos teus contactos e avísame a min para facerche a invitación de Skype (si tes algún problema co Skype tamén podo tentar votarche unha man). Un saúdo e a ver si podemos falar pronto, --Elisardojm 00:33, 25 marzo 2010 (UTC)

O sábado, en principio, hai tres horarios posibles, de 11:00-14:00, de 17:00-19:30 ou de 19:30-22:00. Dime qué horarios che veñen mellor e anótoos na páxina de meta para poder escoller o que teña máis xente dispoñible. Saúdos, --Elisardojm 10:06, 25 marzo 2010 (UTC)
Contactei contigo polo skype, a ver si che chega. Saúdos, --Elisardojm 22:10, 28 marzo 2010 (UTC)

6º aniversario na GalipediaEditar

Ola Agremon. Mañá cúmprense seis anos desde que te rexistraches na Galipedia e estamos preto de acadar os 50.000 artigos. Semella o fin da primeira tirada dun camiño que ti comezaches o 22 de xullo de 2003. É un bo momento para agradecer e lembrar o enorme valor da túa contribución neste proxecto. Moitas grazas por ser o pioneiro na construción deste wiki, tamén por axudarnos e darnos paso a todos os que viñemos detrás. Parabéns nesta data tan especial. Un cordial saúdo. --Prevertgl 10:15, 21 xullo 2009 (UTC)

Vaia, que rápido! Sempre é unha ledicia falar contigo :-) Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:38, 21 xullo 2009 (UTC)

SaúdosEditar

Ola Agremon. Esta mención ao teu traballo na Galipedia faime lembrar unha vez máis a importancia da túa contribución neste proxecto. Moitas grazas por ter comezado co proxecto da Wikipedia en galego. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:22, 24 marzo 2009 (UTC)


CientíficoEditar

Agremon, Bota un vistazo á páxina de conversa do artigo científico e dáno-la túa opinión. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 16:26, 23 decembro 2008 (UTC)

José Alonso y TrellesEditar

Te he dejado una respuesta sobre el tema en tu página de discusión en español. Un saludo. Antur (mensajes).


Artigos de novas do 2004Editar

Boas, estiven vendo páxinas ao chou pola Galipedia, e din co artigo Novas xaneiro 2004 que ti crearas orixinalmente. Na mesma categoría ca el, a da historia da Galipedia, atopei outros tres artigos do estilo.

Dame a impresión de que os artigos foron un proxecto que quedou un pouco esquecido. De todas formas, gustaríame que lles botases unha ollada e considerases polo menos cambialos de categoría, quizáis á categoría Categoría:Actualidade. Grazas. --GallaecioE logo? 16:40, 6 decembro 2007 (UTC)

LefebreEditar

Hai algunhas dúbidas co artigo Lefebre, se dispós de información para o completar un pouco máis e fornecer algunha referencia despexaremos esas dúbidas.--Miñato 00:24, 2 setembro 2007 (UTC)

  • Moitas grazas. Estupendo! --Xabier Cid 09:06, 3 setembro 2007 (UTC)

AniversarioEditar

Ola Agremon. O próximo 22 de xullo cúmprense catro anos desque te rexistraches no wiki. Semella que eres o máis vello de todos nós :-) Temos que agradecerche que un día de 2003 tiveras a feliz idea de comezar neste proxecto e que dese xeito abriras o camiño para o resto de nós. Parabéns por todo o que levas feito e grazas por seguir aí. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:05, 10 xullo 2007 (UTC)


Eleccións municipais en RibadeoEditar

Ola agremon. Podes poñer na páxina das eleccións de Ribadeo que significan as siglas UPRI? Grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:55, 28 maio 2007 (UTC)

Grazas. Nin me decatei do marcador en progreso. En canto a Ribadeando, refíreste aos gráficos? Paréceme boa idea. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:18, 28 maio 2007 (UTC)
Por min si, en canto aos datos bótalle unha ollada a táboa que está na parte superior de Eleccións municipais en Santiago de Compostela por se che sirve de algo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:23, 28 maio 2007 (UTC)
Xa vexo o cadro non é o mesmo que temos aquí, adiante con el. Ata mañá. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:29, 28 maio 2007 (UTC)

wikipedia educativaEditar

No sé si me recuerdas, hace unos meses hablamos sobre el uso educativo de la wikipedia (soy Barcelona en la catalana, no hablo gallego). Pues bien, el Departament d'Educació va a lanzar un gran proyecto de promoción en las aulas, empezaremos con algunos centros ahora y se irán sumando, creo que te interesará irlo siguiendo por si os animáis a trasladarlo aquí

Hola, sí, fui yo. Si entiendes el catalán, mejor mira la página del proyecto, donde hay mucha información. Pero te resumo: el Departament lanzará una campaña para promocionar la wikipedia en catalán entre los centros educativos de primaria, secundaria y bachillerato. Se trata de llegar a doblar los artículos en un año. Para ello distribuirá una guía didáctica entre los profesores, que serían quienes colgarían los artículos finales. Nos dejó un mensaje en nuestro portal de discusión para invitarnos a colaborar. El lanzamiento comienza el 17 de mayo, día de Internet. Como estamos acabando el curso, tendrá poco impacto, pero así tenemos tiempo para prepararnos: mejorar las ayudas existentes, tutoriales, lista de artículos para mejorar desde las escuelas... Fomentaremos también la traducción de otras wikis, para practicar lenguas extranjeras y hacer subir la calidad de los artículos en catalán. Aprovecharemos los nuevos usuarios para mejorar las políticas internas en algunos asuntos. La cosa de momento en sólo un proyecto pero pinta muy bien (Barcelona)

Template estado actualEditar

Ola, a min funcioname ben, creo que só funciona co monobook-suite cambiándolle a situación. Perdoa a intromisión, un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 15:34, 8 agosto 2007 (UTC)

  • Perdoa, Agremón, pero estaba noutras cousas, no terías inconvinte de aclararme do que me estabas a falar (coido dunha template que non che ía nada ben), creo que era iso.....? --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 20:21, 8 agosto 2007 (UTC)

Ahhh, xa caigo, o da template de conexión/desconexion (estado actual), a template está ven, tan só esperemos que no poña de cor verde cando o usuario se rexistre (polo de agora amosa a mensaxe "desconocido"). No trocante o de Infor-ensino, compre expoñelo na taberna haber se alguén aporta un remuiño de ideas, pero haberá que explica-lo dun xeito sinxelo, e digoo por que xa houbo dous usuarios que non sabían de que ía o tema e, quizáis o mesmo pode pasar co resto da comunidade. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 20:30, 8 agosto 2007 (UTC)

  • Eu si che son sincero tampouco sei porque a min si que me vai, o caso é que eu tiña desde fai tempo, dedse que puxen o monobook, a esquerda superior un menu pra cambiar o meu estado e non porque non funcionaba, cando ti puxeches o template vin o resultado, pero o que non sei é porque non lle vai agora a outros usuarios que teñen as mismas opcións de monobook ca mín, pero si sei que unha forma trapalleira de cambiarlle a cor sen facelo por ese menú, sería cambiar a páxina User:nome de usuario/status e nela poñerlle 1, 2 ou 3 según o estado que queiras amosar. E dicir funcionar funciona o que non vai é o automatismo deseñado no monobook para cambialo sen ter que modificar a páxina de status manualmente. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 20:52, 8 agosto 2007 (UTC)
  • Todo radica no numero que lle metas no Status, o 3 si que vai, pero o resto (1,2,4 e 5) non van, quizáis sexa por falta de ligazon o icono correspondente. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 21:02, 8 agosto 2007 (UTC)
  • Feito un novo chequeo o tema parece ser que vai do seguinte xeito, xogando cos numeros impares e sae a segunte formula coas súas respectivas palabras: 1 (verde) 3 (amarelo) 5 (roxo); do resto sae (gris) pero non logro que saia o azul. O que no teño claro é para que serve a outra template (Status: xa vexo que é para numeros) pero a de Estat: non será para deixar algunha mensaxe personalizada xunto o discolo luminoso?.--Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 21:13, 8 agosto 2007 (UTC)

Re:Faltan -1235 artigos para chegar aos 25.000Editar

No meu IES hai unha persoa. Eu incorporareime así que poida ter -para o ano terei- internet na aula. Non me incorporei antes a ese labor porque as circunstancias laborais á hora de empregar "novas" tecnoloxías (non tan novas) son penosas.

Por certo, recibín unha mensaxe de correo de Xelo en que me remitía que ti tiñas presente o participar nunhas xornadas e soicitabas algunha outra presencia. Eu, inda que non me sinto a persoa máis apropiada para representar o proxecto, non teño problemas en colaborar con ese quefacer (é conveniente ó meu parecer estar presentes), inda que prefiro facelo acompañado e non acharme só. Se desexas contactar comigo por mor dese tema, será preferible o comunicármonos mediante o correo electrónico. Unha aperta--Lmbuga Commons - Galipedia 01:07, 14 agosto 2007 (UTC)

wikipedia en las aulasEditar

Muy interesante, el artículo es muy completo (quizá apabulle un poco a los profes novatos) Manténme informada de cómo va vuestro proyecto, podemos aprender mutuamente. Te resumo un poco lo que se ha hecho hasta ahora en la catalana, aparte de lo que ya puedes ver en el proyecto que te mandé: hemos dado dos charlas intdoductorias en centros de profesores, se ha creado un curso que se impartirá online a partir de octubre (en él se usa la wiki pero también los blogs y otros recursos TIC) y se ha puesto un enlace permanente en la página de la consejería. Los profesores van entrando tímidamente, seguimos en contacto. Barcelona


  • Penso que tras os sucesos dos días pasados que afectaron gravemente á Galipedia e á credibilidade dos administradores e supuxeron que moitos editores perderan o ánimo para contribuír, como considero que os administradores deste proxecto precisan exercer o seu labor co respaldo da comunidade penso que todos debemos renunciar o noso status e que sexa a comunidade a que elixa os administradores que considere convenientes. Manteriamos provisoriamente o noso status para loitar contra o vandalismo. Dime se estás de acordo.--Miñato 16:06, 1 setembro 2007 (UTC)

Bot status for PipepBotEditar

Hi Agremon, I'd like to request you to set a bot bit for PipepBot with reference to Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación#PipepBot. Thank you. it:User:Pipep 17:22, 1 setembro 2007 (UTC)

Agradécese a presenciaEditar

Creo que todos agradecemos a túa presenza. Non tivera nunca ocasión de saudarche e vai ser agora cando o faga. Espero que non penses que quixen ou quero destruir o que ti iniciaches, moi lonxe do meu propósito. Eu pola miña parte moi agradecido co que fixeches neste momento que creo é moi importante. Saúdos Lansbricae (Ti dirás) 21:11, 6 setembro 2007 (UTC)

Apoio públicoEditar

Ola, só quería facerche público o meu apoio ao teu labor como administrador que estás a desenvoler. Anímote a seguir facendoo sen que a situación actual sexa un impedimento e póñome a túa disposición para o que precises e consideres que poida ser de utilidade para que o teu labor sexa máis doado. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 13:37, 9 setembro 2007 (UTC) Coido que este é o mellor sitio para contestar o anterior. Grazas de novo. En estes momentos hai uns cantos administradores que controlan (tanto técnicamente como o día ó día e as relacións internas) máis que eu. É dicir, podo tentar axudar, pero coido que non debo nin tentar meterme máis que colaborando, apoiando e aportando ideas en conxunto con todos os que queren levar a Galipedia a bo porto.--Agremon(contacto) 17:01, 9 setembro 2007 (UTC)

Viquipèdia a les aulesEditar

De nuevo me pongo en contacto contigo para hablar de Viquipèdia en las aulas, ya está online y con licencia CC parte del cursillo que se impartirá a los profesores, quizá quieras usarlo o pasarlo a docentes gallegos: http://www.xtec.cat/maratoviqui/viquiaules.htm (barcelona en Ca:wiki)

PortadaEditar

Olá. Antonte creei un arquivo de portadas da Galipedia aproveitando que se está a deseñar a nova portada. Espero que estexa máis ou menos completa e... seguro que trae algo de morriña, non? Unha aperta. --Xosé (✉) 16:05, 30 setembro 2007 (UTC)

Xa o sei, pero é que esa portada non se gardou, escribiuse sobre ela e por iso aparece como un diff. Ainda que talvez se podería crear como páxina nova (realmente a primeira portada estaba en Interlingua!) --Xosé (✉) 19:42, 30 setembro 2007 (UTC)

Non sei como se fixo a portada seguinte. É posíbel que simplemente se fose modificando a anterior e aquela quedou como unha edición anterior. --Xosé (✉) 21:30, 30 setembro 2007 (UTC)

Mirando no historial vexo que en setembro de 2005 comezouse a modificar: "(Proposta dunha nova portada)". Durante uns meses fóronselle engadindo cousas até quedar na nova. Foi un proceso continuo, non como no 2005 en que se arquivou e se puxo a nova. Por iso non hai unha "primeira portada" diferente das dos dous anos seguintes, ainda que a aparencia foi mudando paulatinamente. Por certo, espero que che guste a proposta da nova. --Xosé (✉) 21:53, 30 setembro 2007 (UTC)

Eleccións de administradoresEditar

Agradeceríache, pois é moi importante para a comunidade, que leses detidamente o contido de Wikipedia:Votacións/Elección de administradores, o contido da páxina de discusión correspondente, o contido das subpáxinas (coas súas páxinas de discusión) que na mesma se mencionan, e que opinases ou participases votando. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:10, 3 outubro 2007 (UTC)

  • Grazas, pero isto se está poñendo moi costa arriba. Non é este o meu modelo de Galipedia. Non prima a boa fe. Non prima o diálogo. Xa non estou cómodo traballando aquí. Antes, se me confundía, dicíanme: estaste confundindo e falaba coa xente. Agora non, agora, como son administrador, se me "confundo" (ás veces non é tanta confusión), exponse publicamente sen dar oportunidade ningunha de rectificación, explicación, reconversión do feito,...). Antes como administrador, era ben tratado, un máis; agora, son a representación de non sei que poder. Así non se pode traballar. A saída dos administradores, o que a Albert Galiza lle digan que tería que ter sido bloqueado, as dificultades con usuarios na colaboración porque non dialogan, e o trato vexatorio, fan que me faga moitas preguntas. --Lmbuga Commons - Galipedia 15:57, 4 outubro 2007 (UTC)

Vídeo das I Xornadas de Software Libre no EnsinoEditar

  • Olá. Acabo de colocar unha ligazón á túa intervención nas xornadas aquí. Penso que habia unha páxina con mencións á Galipedia desde outros medios, pero non a atopo; posibelmente tamén poderia ir nela. Parabéns e un saúdo. --Xosé (✉) 15:39, 10 novembro 2007 (UTC)

Casa Grande de LentilleEditar

Entendo, grazas. Comparto que xa non semella necesaria. Lansbricae (Ti dirás) 22:27, 11 novembro 2007 (UTC)

BotsEditar

Podes concluír as votacións sobre User:DragonBot, User:PixelBot e User:4bot en Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación? Os dous primeiros foron aprobados, pero para 4Bot o resultado foi 5 a favor, 7 en contra, polo que foi rexeitado. Hailles que dar o status aos dous primeiros e arquivar as votacións. Un saúdo. --Xosé (✉) 15:49, 10 novembro 2007 (UTC)

Voto para a elección de Banjo como administradorEditar

Ola Agremon! Na votación para a elección de Banjo como administrador votaches concordo pero na sección en contra. Así que non sei ben se queixeches concordar coa súa elección e votaches no lugar incorrecto ou deches un concordo en lugar dun discordo. Se realmente estás en desacordo é mellor utilizar o template Discordo, para evitar confusións. Un saúdo. AlberteSi, digame? 18:05, 15 novembro 2007 (UTC)

Que me deas as grazas é toda unha honra ;) Saúdos. AlberteSi, digame? 19:32, 15 novembro 2007 (UTC)

Ola Agremon! Paréceme moi interesante o que dis, porque a verdade é que non caera na conta que se pode ver estraño. E si, pódese ver. Creo que a muller do César, ademais de ser honesta, debe parecelo. Así que o lóxico será retirar o meu voto á candidatura de Banjo. Por outra parte, creo que o seu labor nos últimos anos é o dun "administrador sen carteira" moi certeiro, hábil e correcto, así que me dá rabia non manifestar un apoio que é totalmente sincero e non interesado. Pero tes razón, e vou retirar o voto. E se máis adiante mudo de idea... pois mudei. :) Grazas por facer este comentario --Xabier Cid 21:09, 15 novembro 2007 (UTC)

  • Agradécense as palabras de Xabier :). Eu tampouco pensara en que poda ser estraño, quizáis o feito de que nos propuxeran ao mesmo tempo pode resultar confuso. Estiven a piques de retirar o meu voto por Xabier polo mesmo motivo que o fixo el, pero como xa se adiantou él non o vou quitar. Según el eu son un bó candidato a administrador, según eu el xa tiña que ser administrador fai moito tempo :). Coma el douche as grazas polo comentario --Banjo tell me 15:12, 16 novembro 2007 (UTC)
  • Grazas, fareino o mellor que poda :D --Banjo tell me 18:40, 28 novembro 2007 (UTC)

quark cúmioEditar

Moi ben o das partículas físicas pero, con acento gráfico? --  Sobreira (parlez) 14:14, 16 decembro 2007 (UTC)

  • Engadín máis partículas á caixa Modelo:Partículas, pero como non sei se son fundamentais e como colocalas púxenlle o xenérico "Termos relacionados" para safar. Bótalle un ollo por se fixen algo físicamente incorrecto. --  Sobreira (parlez) 14:44, 16 decembro 2007 (UTC)

xuntanza-ceanzaEditar

hai uns días propuxen unha xuntanza-ceanza a celebrar en Pontevedra o 8 de febreiro, co gallo do enterro do Loro Ravachol. Sei que non tod@s estaredes preto nesa data, pero gustaríame animarvos @s que poidades a acercarvos, pasalo ben e coñecérmonos. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 00:55, 30 xaneiro 2008 (UTC)

hola!!!!teño unha duda!!!kero por unha imaxe nos clorofluorocarbonos!!!pero..non son capaz!!lein as indicacións pero ainda así non me aclaro!!!se me poideses axudar...!!!!

detodas formas grazas bicos

_tooru_

si !!!ahora xa sei!!!! :)  moitas grazas!!!!  _tooru_

Username changeEditar

I'd like my account User:Cool Cat be renamed to User:White Cat. -- Cat chi? 14:15, 2 marzo 2008 (UTC)

Bot flag request for Usuario:OrdenadorEditar

  • Bot operator: User:White Cat (Commons:User:White Cat) - En-N, Tr-4, Ja-1
  • List of botflags on other projects: Bot has a flag on wikimedia (meta,commons) wikipedia (ar, az, de, en, es, et, fr, is, ja, ku, nn, no, ru, sr, tr, uz, simple) (See: m:User:White Cat#Bots)
  • Purpose: Interwiki linking, double redirect fixing, commons delinking (for cases where commonsdelinker fails)

-- Cat chi? 14:15, 2 marzo 2008 (UTC)

  • Podo encargarme (xa mirara de encargarme), pero teño 2 dificultades: non sei qué dicirlle (el tamén fixo a petición en Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación) e cústame moito escribir en inglés. ¿Dígolle que ten que esperar os resultados da votación? Seguro que xa o sabe. ¿Ocórreseche que lle podo dicir? É que non entendo que che poña esta mensaxe na túa páxina de conversa. Se se che ocorre,... Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 20:38, 3 marzo 2008 (UTC)

Editei un comentario teu...Editar

...para ordenalo un pouco, e así poder meter eu a miña opinión polo medio. Espero que non che pareza mal. É o último comentario que puxeche na taberna (xeral). Saudos Miguel.lima 09:42, 1 abril 2008 (UTC)

Charlas en OrdesEditar

Hai novidades sobre o tema das charlas en Ordes. --  Sobreira (parlez) 21:56, 15 abril 2008 (UTC)

Casas de indianosEditar

Saúdos. Carguei tres fotografías de casas de indianos (creo) da Mariña lucense. Coma vexo que ten varios artigos sobre o tema, gustaríame comentarllo por se serven para ilustrar algún destos artigos. Unha aperta. --Iago 11:19, 23 abril 2008 (UTC)

Feridos en AtochaEditar

Ola, Agremon. Está proposto para borrar un artigo no que ti traballaches: Lista de feridos e hospitais Atocha 2004. Bótalle un ollo á votación. Un saúdo. --Xabier Cid 14:39, 21 maio 2008 (UTC)

Special:Contributions/HégésippeEditar

Bonjour Antonio. Mon compte utilisateur, sur 725 projets hébergés par la Wikimedia Foundation, est Hégésippe Cormier (mais j'utilise la simple signature Hégésippe sur les pages de discussion). Je n'ai pas de problème avec ces comptes, qui ont été fusionnés il y a plusieurs semaines, lorsque je Single user login a été activé pour les administrateurs, cf. http://gl.wikipedia.org/w/ca.php, ligne 36.

Mais j'ai aussi créé, les années précédentes, des « comptes de sécurité » intitulés Hégésippe, sur 75 projets Wikimedia projects, et qui ont déjà été fusionnés par le SUL, cf. http://gl.wikipedia.org/w/ca.php, ligne 2391.

Mais il y a aussi 11 projets (9 Wikipedia, 1 wikiquote, + Meta-Wiki) où le nom Hégésippe a été usurpé délibérément, parmi lesquels Hégésippe sur gl.wikipedia.org, créé le 7 août 2006, avec 3 contributions (j'ignore si ce compte a des contributions supprimées).

Mon souhait est que ce compte usurpé Hégésippe@glwiki soit renommé en n'importe quoi pour dissiper la confusion (Usurpatedaccount20080528 ou tout autre nom, selon les usages de renommage de compte usurpés que vous pouvez avoir sur gl.wikipedia.org...), puisque la personne titulaire de ce compte n'est pas la vraie personne faisant usage de ce nom partout ailleurs sur les projets Wikimedia.

Peux-tu m'apporter de l'aide en la matière ? Je suis joignable (comme sur tous les projets Wikimedia) depuis la page Special:Emailuser/Hégésippe Cormier.

Hégésippe | ±Θ± 09:21, 28 maio 2008 (UTC) – Compte principal : fr.wikipedia.org (page de discussion sur wp-FR)

  • Le compte actuel Special:Contributions/Hégésippe a été créé par un vandale (qui en a créé sur 11 wikis),
  • alors que, précédemment, j'avais créé 75 comptes de sécurité Hégésippe sur d'autres wikis (redirigeant à chaque fois vers mon compte habituel Hégésippe Cormier).
  • Ces comptes de sécurité sont motivés par le fait que j'utilise une signature simple Hégésippe, dans les pages de discussion, avec mon compte Hégésippe Cormier.
  • Il faudrait donc seulement renommer Special:Contributions/Hégésippe (qui n'est pas le vrai Hégésippe) avec n'importe quel nom. Une fois que ce sera fait, comme les comptes Hégésippe sont déjà fusionnés sur 79 wikis, il sera impossible que quelqu'un crée à nouveau ce compte sans disposer du mot de passse global  .
  • Le compte Special:Contributions/Hégésippe Cormier, déjà fusionné depuis des semaines, reste inchangé.
Hégésippe | ±Θ± 04:12, 30 maio 2008 (UTC)

Consulta de MaríaEditar

Me gustaría subir dos fotos que he tomado recientemente en la Parroquia de Santa María de Oza - A Coruña, que creo que ilustran muy bien el artículo sobre esa parroquia. ¿Cómo debo hacerlo? Gracias. María

Artigos para o seu borradoEditar

Ola, Agremon.

Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 20:09, 23 febreiro 2009 (UTC)

Artigo de Vieiros e outrosEditar

Graciñas, Agremon. Xa vexo que es o patriarca da Galipedia. Un pracer, logo. Indo á cerna: pois si, a mierande parte dos comentarios que fai o persoal no artigo de Vieiros non son moi construtivos; certamente, tanto me ten, non os comparto e punto. Na miña opinión quedou aquelado abondo e os dardos véñenme disparados por un grupo que ao meu ver non ten voz abondo para se facer notar fóra da rede. Amais, gustarache saber que recibín correos de xente interesándose polo proxecto, e non un nin dous. Ao respecto do contador e de todas esas cousas, graciñas tamén. Son cousiñas sinxelas pero útiles. E verbo das correccións, ti crea artigos que eu hei estar detrás para arranxalos. Olla para aquí. Saúdos.--Atobar (conversa comigo) 22:17, 19 abril 2009 (UTC)

Petición de nombre de usuarioEditar

Ola Agremon. Perdona que te hable en español, mi nivel de galego es casi subterráneo.

Soy es:Usuario:Richy, bibliotecario de wikipedia-es. El caso es que estaba intentando acabar el proceso de registro de mi cuenta global, y al parecer en galipedia existe un usuario:Richy que no ha hecho nunca ninguna edición. Yo diría que el que hay soy yo (me suena haber hecho el registro hace vete a saber cuando), pero el correo de recordatorio de constraseña no me termina de llegar nunca. Así que me preguntaba si , como dice http://meta.wikimedia.org/wiki/Help:Unified_login , sería posible reclamar el nombre de usuario.

Gracias por tu tiempo sea cual sea la respuesta, y un saludo. Richy

Fixen o movemento do usuario Richy a Richy.antigo, polo que o nome de usuario Richy está agora mesmo libre. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 21:37, 28 xullo 2009 (UTC)

Categoría:Imaxes de Viveiro, ViveiroEditar

Ola Agremon. Agradeceríache que comprobases se as imaxes desta categoría corresponden á parroquia de Santiago e Santa María de Viveiro. Grazas.

De paso, se queres podes botarlle unha ollada a Categoría:Imaxes de Viveiro.-- Lmbuga / Conversa comigo  09:25, 4 setembro 2009 (UTC)

Tamén é posible que haxa algún erro na Galería de imaxes de Viveiro-- Lmbuga / Conversa comigo  09:27, 4 setembro 2009 (UTC)
Graciñas. Non ten ningunha présa-- Lmbuga / Conversa comigo  15:20, 8 setembro 2009 (UTC)
A foto esa do Areal (teño que buscala) está subida -creo- por un individuo a Flickr. Así que a encontre, coméntocha-- Lmbuga / Conversa comigo  15:27, 8 setembro 2009 (UTC)

Si, era así: Ficheiro:Lugo, Areal, Viveiro (Galiza).jpg. Este usuario de Flickr (http://www.flickr.com/photos/toprural/ ) sobe imaxes a Flickr con intención divulgadora e intereses económicos. Tódalas súas imaxes levan á páxina web da súa empresa: http://fr.toprural.com/ . Eu entendo que son imaxes súas. Non é de estrañar que algunha poida estar noutras páxinas, mesmo nas das casas rurais, pero a min nada me indica que non detente el os dereitos das imaxes-- Lmbuga / Conversa comigo  15:33, 8 setembro 2009 (UTC)

GalilibrosEditar

Boas. Erwin, de Metawiki, avisoume de que hai algún que outro artigo por borrar na Galilibros. Paréceme que es o único administrador que está activo, así que, poderías botarlle unha ollada? Conste que a meirande parte do lixo foi cousa mía, que a/me liei un par de veces. Un saúdo! --GallaecioE logo? 15:46, 15 decembro 2009 (UTC)

Houbo sorte coas claves? --GallaecioE logo? 07:57, 23 decembro 2009 (UTC)
Agradezo a túa insistencia. Non hai algún xeito de recuperar o teu contrasinal ou cambialo? Non funciona o de que che manden o contrasinal por correo electrónico? ----GallaecioE logo? 15:32, 28 decembro 2009 (UTC)
Pufff... Iso explica as dificultades :S A ver se hai sorte, logo. Un saúdo --GallaecioE logo? 08:08, 29 decembro 2009 (UTC)

Conversa:Entroido de RibadeoEditar

Boas, Agremon. A ver se podes pasar un momentiño por Conversa:Entroido de Ribadeo e xa de paso engades, ratificas ou corrixes a información que se require. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 20:36, 4 marzo 2010 (UTC)

Por favorEditar

Por favor atende o expresado en http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia%3ATaboleiro_dos_administradores%2FVandalismo&action=historysubmit&diff=1461752&oldid=1345867 (esta comunicación fágolla a tódolos administradores)

Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  23:35, 8 marzo 2010 (UTC)

Créditos da exposición 'A ciencia ten nome de muller'Editar

Ola Agremon.

En relación á Créditos da exposición 'A ciencia ten nome de muller', fixen unha proposta aquí.

Chao. --HombreDHojalata conversa 09:11, 29 marzo 2010 (UTC).

Non hai de que, e xa que estás igual che interesa botarlle un ollo a isto. Saúdos. --HombreDHojalata conversa 18:25, 30 marzo 2010 (UTC).

Zona de desenvolvemento próximoEditar

Poderíalo desenvolver? Se non teremos que borralo. Graciñas e un saúdo, Agremon. --Atobar (conversa comigo) 22:30, 25 de xullo de 2010 (UTC)

Renomear contasEditar

Olá!

Poderia renomear minhas contas de usuário no gl.wikibooks e no gl.wikisource, como foi feito na pt.wikipedia?

PS: Eu pedi para o Albert galiza a renomeação aqui na gl.wikipedia, mas se por acaso vir este comentário antes dele, pode renomear aqui também (e avisá-lo que o pedido já foi atendido). Obrigado. Helder (disc.) 11:30, 22 de outubro de 2010 (UTC)

Non atopo lugar usado para contactar contigo e ver que é o que queres facer: na portuguesa non aparece exactamente o que dis.--Agremon(contacto) 12:02, 22 de outubro de 2010 (UTC)

O Albert galiza já renomeou a conta daqui da Galipédia. Resta apenas repetir o processo no wikibooks e no wikisource. Helder 15:16, 22 de outubro de 2010 (UTC)
Se, conforme comentou no Wikilivros, não tiver como fazer, parece que posso pedir a um steward no Meta Wiki. Devo fazer isso então? Helder 13:02, 23 de outubro de 2010 (UTC)
As contas já foram renomeadas. Poderia apenas apagar estes dois redirecionamentos? (eu não encontrei um modelo para fazer o pedido). Helder 17:19, 3 de novembro de 2010 (UTC)

Wikipedia vai cumprir 10 anosEditar

Puxen unha idea revisada da túa proposta no café, si tes un momento vótalle un ollo a ver o que che parece. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16:14, 16 de decembro de 2010 (UTC)

Conta de usuarioEditar

Ola, quixera eliminar, por razóns de privacidade, a miña conta na galipedia. Non sei Vd., sendo administrador, podería facelo, pero agardo que saiba informarme. Gracias e un saúdo. User:Tinsiño

Orixe e licenzaEditar

Poderías indicar orixe e licenza para esta imaxe?: Ficheiro:300px-círculo-trig6.png

Graciñas--. HombreDHojalata.conversa 17:16, 30 de xuño de 2011 (UTC)

Solucioneino indicando: "Esta imaxe, ou o texto representado nela, consiste só en formas xeométricas simples e texto. Isto non alcanza o limiar de orixinalidade necesario para que estea protexido por dereitos de autor, polo tanto, está no dominio público.". Saúdos--. HombreDHojalata.conversa 12:14, 1 de xullo de 2011 (UTC)

Sección persoeiros de sonaEditar

Ola, Agremon. Decidimos, ao meu ver con moi bo criterio, que as seccións persoeiros de sona e similares irán sendo retiradas de a pouco dos artigos de lugares. As razóns son moitas, pero douche dúas que me parecen as máis relevantes: decidimos categorizar os persoeiros como nados en, co cal para saber quen é de tal sitio non hai máis que peneirar a categoría Nados en Lugo, Ribadeo, Arzúa ou Lalín. Isto, a categorización por lugar de nacemento, fai en certa medida innecesario que sigamos coas listaxes de persoeiros de sona, que son forzosamente incompletas, subxectivas e abren un problema de extensión e relevancias no canto de axudar, ademais de que en moitos casos desvirtúan o propio artigo no que se atopan. Un saúdo (se tes calquera dúbida, mellor coméntalla a HombreDHojalata, que é quen está de garda estes días; eu ando de vacacións e por iso respondo con esta demora que seguro me saberás perdoar). --Atobar (conversa comigo) 09:30, 15 de agosto de 2011 (UTC)

Persoeiros de RibadeoEditar

Pois, o de retirar tódalas sección tipo "Persoeiros de ..." dos artigos ven dunha iniciativa de Xabier Cid que se tratou en varios fíos, agora mesmo atopo Wikipedia:A_Taberna_(propostas)/Arquivo_16#Nados_en_Galicia e Wikipedia:A_Taberna_(xeral)/Arquivo_13#Persoeiros_de_sona, pero pode haber máis. Coa que non concordo especialmente, inda que no seu día non participei no debate, e que respecto por ter o apoio de varios usuarios.

A raíz diso algúns usuarios retiraron eses apartados de ducias dos artigos dos concellos, por exemplo Xoacas entre o 7 e o 9 de febreiro de 2010. Quedando so o recurso de navegar a través da [Categoría:Nome_do_concello] → → → [Categoría:Nados_no_nome do concello].

Para os artigos de personalidades vinculadas a Ribadeo non nativos, ocórreseme que os podes meter nunha categoría que crees Categoría:Personalidades de Ribadeo (ninguén se pode opoñer tendo, como temos, ducias de categoría con formato Categoría:Personalidades de topónimo. Ou, no seu defecto, directamente na Categoría:Ribadeo.

Para falar máis do tema quizais sexa bo replantexalo na taberna e chamar a consultas os usuarios da iniciativa ou que a apoiaron: Xabier Cid, Atobar, Xoacas...

Non se me ocorre nada mellor, un saúdo--. HombreDHojalata.conversa 14:12, 15 de agosto de 2011 (UTC)

Tódolos ficheiros a Wikimedia CommonsEditar

Ola, como andamos?

Hai aberta unha discusión, e unha consulta á comunidade derivada da anterior, relativa ó sistema de carga de ficheiros. De se aprobar suporía un importante cambio na Galipedia. É por iso que sería desexable a participación do maior número de usuarios posibles, tanto no debate coma na votación.

Contamos contigo.

Unha aperta.--. HombreDHojalata.conversa 19:29, 18 de setembro de 2011 (UTC)

GedawyBotEditar

Hi. I made a request for bot flag, I hope you approve it. Thanks.--محمد الجداوي 19:18, 2 de novembro de 2011 (UTC)

Angrois (Santiago de Compostela)Editar

Ola, teño un problema. O meu artigo está marcado coa menxase "Atención: este artigo precisa dun traballo de revisión. Por favor, vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero, por favor, non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado." Nembargantes, non atoupo o artigo na lista de revisión ni sei qué debo facer. "Isidoro Castaño 08:58, 27 de febreiro de 2012 (UTC)"

Alfredo García DórigaEditar

Encárgaste ti de lle facer a entrada? [1] [2] Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 15:37, 17 de abril de 2012 (UTC)

Bot flag for JYBotEditar

Hi dear Agremon ,

I want to make a request for bot flag in this wiki , but I can not find the request page.Can you help me ?

My Bot operation : interwiki with -autonomous option in articles and categories.

My bot has flag on over 30 wikis, see here

Best Regards—o anterior comentario sen asinar foi feito por Javadyou (conversacontribucións) 4 de maio de 2012 ás 13:15

  Feito! Xa lle contestei eu na súa páxina de conversa. --Estevo(aei)pa o que queiras... 11:38, 4 de maio de 2012 (UTC)

Forte de San DamiánEditar

Ola, compañeiro! Quería pedirche un favor: non hai ningunha foto subida do forte de San Damián, e sería fantástico se te achegases e tirases un par delas. Anímaste?

Graciñas!!! Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:21, 24 de xuño de 2012 (UTC)


Hello. I'm sorry if this is not the right place to request it, but I request renaming my following accounts:

  • محمد الجداوي → Avocato
  • GedawyBot → AvocatoBot
  • Confirmation link: [3]
  • Reason: Privacy reasons

Please, delete all my userpages and talk pages of these accounts before renaming and I will create them later .Thanks in advance.--M.Gedawy 10:29, 15 de xullo de 2012 (UTC)

Ficheiro:Guinness r.JPGEditar

Don Antonio, podería completar a caixa de datos da imaxe?

Graciñas, un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 10:48, 29 de agosto de 2012 (UTC)

Nova ferramentaEditar

Podes levar a cabo a miña petición? --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 12:53, 15 de outubro de 2012 (UTC)

OpinarEditar

Podes dar a túa opinión aquí é que fai falta cuórum. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 07:25, 19 de outubro de 2012 (UTC)

MatahomesEditar

A ver se podes confirmarme se un cangrexo de mar que en Ribadeo chaman Matahomes é o que aquí chamamos queimacasas. O nome recolleuno Sobreira nas súas Papeletas de nombres de peces, e que define como "un marisco que se cría entre penedos". Engade Sobreira que un seu alumno explicoulle que era un "cangrejito que vive entre las rocas, de color negruzco y no comestible". Podes ver fotografías deste bicho aquí. Xa me contarás. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18:40, 2 de novembro de 2012 (UTC)

Tamén hai imaxes aquí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:47, 3 de novembro de 2012 (UTC)
Cadra exactamente co que aquí chamamos queimacasas (o Pachygrapsus marmoratus de Elisardo). Aquí tamén o aproveitan, e pouco, para sopas ou dar sabor a arroces. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 22:25, 8 de novembro de 2012 (UTC)
En Boiro, onde eu o coñecín de pequeno, tamén lle chaman queimacasas e dicíanme que non se comía. O que non sei é se o usarían ocasionalmente como di Lameiro. Iso si, eu nunca o comín. Vou preguntar un pouco a ver si me contan algo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:29, 9 de novembro de 2012 (UTC)

galipedia 10Editar

Ola, veñen de responder en Ribadeo que estarían interesados en algunha actividade que poderiamos organizar alí http://cemit.xunta.es/gl/centro/66 Ti coñeces mellor o lugar e onde está situada casa da xuventude. Pregúntome se poderías ser ti quen dese ese obradoiro de edición en wikipedia. Saúdos --Nemigo     9 de xaneiro de 2013 ás 19:20 (UTC)

Your inactive bureaucrat and sysop flags at gl.wikisourceEditar

Hello. Are you still interested in being a bureaucrat and a sysop at gl.wikisource? You have been inactive there after 2006.--Jusjih (conversa) 24 de febreiro de 2013 ás 17:38 (UTC)

Múltiplos vs MúltiploEditar

Acabas de crear Múltiplos, pero este artigo non é parecido a Múltiplo? --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 4 de marzo de 2013 ás 11:37 (UTC)

Víctor Campio PereiraEditar

Diríxome a vostede porque o escritor Víctor Campio dirixiuse a min, para axudarlle a borrar a súa páxina, porque non desexa seguir aparecendo na Galipedia. Sei que non se pode borrar por borrar, pero tamén penso que é un dereito inalienable que un poida restrinxir o acceso á súa información. Se desexa confirmar algún dato pode pórse en contacto comigo a través da seguinte dirección "mgtformacio@yahoo.es" ou chamando ó número 988218105

Moitas Grazas pola atención. --Mikethunder (conversa) 8 de marzo de 2013 ás 17:18 (UTC)

Voume ocupar eu deste tema. Un saúdo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 13 de marzo de 2013 ás 20:48 (UTC)
Perdoa, Agremon... Non sabía que lle responderas ti. Outro usuario da wikipedia pediume persoalmente que me ocupase do tema durante a fin de semana. Tardei un pouco, porque estes días foron de moito traballo, e cando me puxen co tema... como non vin resposta, pois tomei pola miña. Síntoo. Espero que o saiba entender. Saúdos --Xabier Cid Talk 2 me, please 13 de marzo de 2013 ás 21:11 (UTC)

Artigos que faltan para os 1.000 que debe ter toda wikipediaEditar

Boas Antonio, abusando da confianza que nos deu a organización do congreso de ENCIGA en Ribadeo, vouche propor unha cousa que pode xa adiviñes co título que lle din a esta entrada. Resulta que á Galipedia lle faltan só tres artigos dos mil sinalados como básicos en toda Galipedia. Eses artigos teñen que ver coa Física e a Química: Artigos que faltan na Galipedia, e ben xa sabes por onde vou. Por que non te animas a facelos? Estiven mirando para facelos eu mais non me atrevo pois non domino suficientemente o asunto, mesmo se traduzo literalmente doutra wiki. Pois iso, ánimo e a polos 1.000! Falando de todo un pouco, moi ao meu pesar non poiden ir á celebración do 10º aniversario; a ver se facemos máis xuntanzas e vémonos antes do congreso de Ourense. Una aperta, --Xosé Antonio (fálame sempre) 27 de marzo de 2013 ás 23:35 (UTC)

Esquecín dicirche que na lista aparecen catro artigos, o de en:gambling, ou sexa Xogo de azar xa o fixen eu. Apertas, --Xosé Antonio (fálame sempre) 28 de marzo de 2013 ás 14:54 (UTC)

PropostaEditar

Boas, abrin un fío de conversa na taberna que penso que é de interese de toda a comunidade, está en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Votacións. Agradeceríache que o leras. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 23 de abril de 2013 ás 17:09 (UTC)

Ola Agremón, poderías mover os teus comentarios a Wikipedia:Cambios nas políticas sobre artigos de calidade. Grazas e un saúdo! --JaviP96 23 de abril de 2013 ás 19:02 (UTC)

Forced user renames coming soon for SULEditar

Hi, sorry for writing in English. I'm writing to ask you, as a bureaucrat of this wiki, to translate and review the notification that will be sent to all users, also on this wiki, who will be forced to change their user name on May 27 and will probably need your help with renames. You may also want to help with the pages m:Rename practices and m:Global rename policy. Thank you, Nemo 3 de maio de 2013 ás 13:27 (UTC)

1000 artigos que toda Wikipedia debería terEditar

Ola Agremon, cando teñas tempo, poderías aumentar algúns dos artigos que creaches e que toda Wikipedia debería ter (p.e. James Prescott Joule ou diñeiro), que apenas teñen contido? A ver se os podes pasar desta categoría a esta, ou mellor aínda a esta. Infórmote de que lanzamos un wikiproxecto para a mellora destes mil artigos, e se podes ampliar outros, especialmente na sección de ciencia, que ten moitos artigos coma este, serías de gran axuda (por se ten animas, aquí tes unha páxina na que se inclúen os artigos e o seu tamaño, para localizar os máis curtos). Saúdos! --JaviP96 15 de maio de 2013 ás 20:51 (UTC)

*RadiactividadeRadioactividadeEditar

Ola Agremón, poderías fusionar os contidos e historiais deses dous artigos no nome Radioactividade? Non deixes radiactividade como redirección, xa que é un erro ortográfico. Tes a explicación completa aquí. Saúdos! --JaviP96 18 de maio de 2013 ás 22:49 (UTC)

Santo ou BelugaEditar

Boas noites. Mira ver se podes recabar información sobre un cetáceo que, segundo Ríos Panisse, chaman Santo en Ribadeo. Defíneo así: "Delphinapterus leucas (Pallas) (identificación científica dudosa), Beluga: Ribadeo, As Figueiras. Etim. Del gall. santo 'id.' cuyo origen es el lat. SANCTUS 'sagrado' 'santo'. Semánticamente, la denominación puede responder, bien al hecho de no ser un animal agresivo, bien a su apariencia física, de color blanco". O problema vén de que a tal beluga é un cetáceo exclusivamente do ártico, que nunca puido avistarse en Galicia. Tamén recolle nome para este cetáceo en Portonovo (onde di que lle chaman blancón), e neste caso sei de certo que é un erro, xa que tal nome llo dan ó golfiño cinsento (Grampus griseus), que pode chegar a ser dun gris moi clarito, abrancazado (pero sen chegar a branco nin, moito menos á cor de porcelana da beluga). Pregunta por aí a ver que che din os mariñeiros. Saúdos. Pedro --Lameiro (conversa) 20 de agosto de 2013 ás 01:30 (UTC)

Nome dunha igrexa de RibadeoEditar

Ola Antonio.

Como se chama a igrexa que hai na esquina da Rúa Reinante coa Rúa Doutor Moreda?

É para poñerlle nome descritivo a unha das fotos que tirei o ano pasado en Ribadeo.

Graciñas. Un saúdo. . HombreDHojalata.conversa 9 de novembro de 2013 ás 19:09 (UTC)

É esta. . HombreDHojalata.conversa 9 de novembro de 2013 ás 19:13 (UTC)

Atribuír ou retirar dereitos#Para burócratas. Revogación de bots, Chobot e outrosEditar

Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Atribuír ou retirar dereitos#Para burócratas. Revogación de bots, Chobot e outros

Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 12 de xaneiro de 2014 ás 19:08 (UTC)

Votación para anunciar as votacións de artigos de calidadeEditar

Boas, cando teñas un momento, poderías revisar e achegar as túas ideas e voto nesta proposta?. Grazas, --Elisardojm (conversa) 26 de marzo de 2014 ás 02:18 (UTC)

PropostaEditar

Boas Agremon/vellas7!, cando teñas un momento, poderías revisar e achegar as túas ideas e voto nesta proposta?. Gracias, --AMPERIO (conversa) 2 de abril de 2014 ás 11:17 (UTC)

OpiniónEditar

Boas, fixen unha proposta na taberna, dado que é un asunto que afectaría á portada creo que canta máis xente opine mellor. Un saúdo, Piquito (conversa) 14 de abril de 2014 ás 17:31 (UTC)

An important message about renaming usersEditar

Dear Agremon, My aplogies for writing in English. Please translate or have this translated for you if it will help. I am cross-posting this message to many places to make sure everyone who is a Wikimedia Foundation project bureaucrat receives a copy. If you are a bureaucrat on more than one wiki, you will receive this message on each wiki where you are a bureaucrat.

As you may have seen, work to perform the Wikimedia cluster-wide single-user login finalisation (SUL finalisation) is taking place. This may potentially effect your work as a local bureaucrat, so please read this message carefully.

Why is this happening? As currently stated at the global rename policy, a global account is a name linked to a single user across all Wikimedia wikis, with local accounts unified into a global collection. Previously, the only way to rename a unified user was to individually rename every local account. This was an extremely difficult and time-consuming task, both for stewards and for the users who had to initiate discussions with local bureaucrats (who perform local renames to date) on every wiki with available bureaucrats. The process took a very long time, since it's difficult to coordinate crosswiki renames among the projects and bureaucrats involved in individual projects.

The SUL finalisation will be taking place in stages, and one of the first stages will be to turn off Special:RenameUser locally. This needs to be done as soon as possible, on advice and input from Stewards and engineers for the project, so that no more accounts that are unified globally are broken by a local rename to usurp the global account name. Once this is done, the process of global name unification can begin. The date that has been chosen to turn off local renaming and shift over to entirely global renaming is 15 September 2014, or three weeks time from now. In place of local renames is a new tool, hosted on Meta, that allows for global renames on all wikis where the name is not registered will be deployed.

Your help is greatly needed during this process and going forward in the future if, as a bureaucrat, renaming users is something that you do or have an interest in participating in. The Wikimedia Stewards have set up, and are in charge of, a new community usergroup on Meta in order to share knowledge and work together on renaming accounts globally, called Global renamers. Stewards are in the process of creating documentation to help global renamers to get used to and learn more about global accounts and tools and Meta in general as well as the application format. As transparency is a valuable thing in our movement, the Stewards would like to have at least a brief public application period. If you are an experienced renamer as a local bureaucrat, the process of becoming a part of this group could take as little as 24 hours to complete. You, as a bureaucrat, should be able to apply for the global renamer right on Meta by the requests for global permissions page on 1 September, a week from now.

In the meantime please update your local page where users request renames to reflect this move to global renaming, and if there is a rename request and the user has edited more than one wiki with the name, please send them to the request page for a global rename.

Stewards greatly appreciate the trust local communities have in you and want to make this transition as easy as possible so that the two groups can start working together to ensure everyone has a unique login identity across Wikimedia projects. Completing this project will allow for long-desired universal tools like a global watchlist, global notifications and many, many more features to make work easier.

If you have any questions, comments or concerns about the SUL finalisation, read over the Help:Unified login page on Meta and leave a note on the talk page there, or on the talk page for global renamers. You can also contact me on my talk page on meta if you would like. I'm working as a bridge between Wikimedia Foundation Engineering and Product Development, Wikimedia Stewards, and you to assure that SUL finalisation goes as smoothly as possible; this is a community-driven process and I encourage you to work with the Stewards for our communities.

Thank you for your time. -- Keegan (WMF) talk 25 de agosto de 2014 ás 18:24 (UTC)

--This message was sent using MassMessage. Was there an error? Report it!

Burócratas. Bandeira de botEditar

Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Atribuír ou retirar dereitos#Burócratas. Bandeira de bot --. HombreDHojalata.conversa 4 de novembro de 2014 ás 21:31 (UTC)

193.144.97.214 e 215Editar

Desbloqueado.

Podes consultar o historial de contribucións en Especial:Contribucións/193.144.97.214 e o de boqueos en [4]

En concreto, hoxe, 214 e 215 estiveron xogando un anaco en: [5]

Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 19 de novembro de 2014 ás 12:20 (UTC)

Son direccións IP dinámicas da Xunta de Galicia. Nun momento dado corresponden a un instituto dunha punta de Galicia e noutro momento poden corresponder a outro centro. --. HombreDHojalata.conversa 20 de novembro de 2014 ás 11:48 (UTC)
Logo pode ser que eu entrara dende o IES con esa IP que foi bloqueada debido ó feito noutro centro. Iso complica o traballo. --Agremon(contacto) 20 de novembro de 2014 ás 13:43 (UTC)
Volver á páxina "do usuario Agremon/vellas7".