Benvido/a á Galipedia Aestragada, este é un proxecto enciclopédico en galego que non ten nada que ver cun sitio web de actualidade. Prégolle que lea Wikipedia:O que a Wikipedia non é para facerse unha idea do sentido deste wiki. Ten máis información en Wikipedia:Punto de vista neutral, Wikipedia:Política e normas, Wikipedia:Portal da comunidade. Para claquera aclaración pode deixarme unha mensaxe premendo na ligazón talk da miña sinatura. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:24, 4 abril 2007 (UTC)

Tiven que borrar Ramón Campos Durán porque era unha tradución de http://www.lavozdegalicia.es/ed_deza/noticia.jsp?CAT=114&TEXTO=5670625 , un artigo con copyright que non cumpre os requisitos da licenza de uso da Galipedia. Por outra banda aínda que o artigo fora de distribución libre a redacción tería que mudarse para adecuarse á dun artigo enciclopédico. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:35, 4 abril 2007 (UTC)
Ademais retirei por segunda vez á ligazón do artigo A Estrada á aestragada.com porque segundo ás normas deste wiki unha edición dese tipo está considerada autopromoción. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:38, 4 abril 2007 (UTC)

Moitas grazas por traballar o formato do artigo Eleccións municipais na Estrada, preparei un dos gráficos para que sirva de exemplo do resto (os datos proceden de http://www.elecciones.mir.es/MIR/jsp/resultados/index.htm). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:24, 4 abril 2007 (UTC)

Bloque Nacionalista Galego editar

Ola, Aestragada. Vin as edicións que fixeches en Bloque Nacionalista Galego, supoño que saberás que a política da Wikipedia é a de non incluír contidos que non estean referenciados, sobre todo cando se trata de contidos de calado, como a composición da Executiva Nacional do BNG. Se precisas axuda estou na miña páxina de conversa. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:58, 13 de febreiro de 2011 (UTC)

Gonzalo Constenla Bergueiro editar

Ola, Aestragada. Marquei o teu artigo Gonzalo Constenla Bergueiro como violación de copyright. Se tes algunha obxección podes expresala na páxina de conversa do artigo. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 13:11, 13 de febreiro de 2011 (UTC)