Benvido(a) 91.117.22.234 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22:40, 4 de xuño de 2011 (UTC)

FormatoEditar

Fixenche uns arranxos de formato un dos artigos que creaches. Bótalles un ollo para saberes por onde tirar nos seguintes[1]. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22:40, 4 de xuño de 2011 (UTC)

O mesmo. Bótalle un ollo a isto e vas collendo o truco. --Atobar (conversa comigo) 21:58, 9 de xuño de 2011 (UTC)
Máis do mesmo. Olla para aquí. Por favor, arranxa estes miudallos referidos ao formato nos artigos que vas creando. Graciñas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 13:57, 22 de xullo de 2011 (UTC)

Marcador de traduciónEditar

Tes que perdoar que acabo de editar nun artigo teu que tiña o marcador. Non reparei nel até feitos os cambios. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22:30, 22 de setembro de 2011 (UTC)

Marcas de automóbilesEditar

Ola! Modifiquei os títulos de dous artigos que creaches sobre marcas de coches (SPA e Züst), para mudar as comas do título por parénteses, posto que as comas se reservan para os casos dos topónimos (por exemplo Oza, A Coruña).

Parabéns polo traballo que estás a facer relacionado co mundo do motor. Para calquera dúbida, non teñas medo a consultar con calquera usuari@ ou administrador. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 00:15, 11 de novembro de 2011 (UTC)

Ola, que tal?
Mira, é moi importante que cando traduzas un artigo doutra lingua non deixes as fontes e referencias atrás.
Un saúdo, e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 16:05, 12 de novembro de 2011 (UTC)

Libro de estiloEditar

Ola de novo.

Bótalle un ollo a Wikipedia:Libro de estilo#Notas e Véxase tamén. É o formato que seguimos para ter un unificado en tódolos artigos.

A orde das seccións é a seguinte:

==Notas==

{{Listaref}}

==Véxase tamén==

Ligazóns aos proxectos irmáns da Galipedia:
{{Commonscat}} ou {{Commons}}
{{wikispecies}}
{{wikisource}} ou {{Wikisource author}}
{{wiktionary}}
{{Wikibooks}}
{{Wikiquote}} ou {{Wikiquote inglés}}
===Bibliografía===
Recoméndase empregar os marcadores {{Cita libro}} e {{Cita publicación periódica}}.
===Outros artigos===
Ligazóns entre [[ e ]].
===Ligazóns externas===
Ligazóns entre [ e ].


Un saúdo. Bo traballo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 10:30, 9 de decembro de 2011 (UTC)