Ola, IP 88.18.151.126. Comunícoche que o artigo Gracia Santorum López foi proposto para borrar. Podes achegar argumentos na páxina da votación. Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 17:14, 10 xuño 2008 (UTC)

Pois non é de autopromoción non editar

É unha muller caralluda, e así queredes chegar aos 50.000 artigos, cando tedes algún por aquí que dan pena de verdade, mal editados e cheos de fallos e erratas, que pena. Sintoo moito logo, non volverei editar nada porque non se recoñece nada o labor. IAPM.

Ola de novo. Acabas de eliminar o contido do artigo Gracia Santorum López. Iso non é correcto. O obxectivo non é chegar aos 50.000 artigos, senón conseguir unha información fiable e seria. É estupendo que sexa unha boa persoa, pero iso non é merito abondo para figurar nunha enciclopedia. Espero que entendas os criterios que son compartidos por todas as wikipedias, e confío en que sigas editando. Podes preguntarme todas as dúbidas que queiras e que axudes a mellorar eses artigos de baixa calidade que mencionas. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 17:21, 10 xuño 2008 (UTC)

bórrao dunha vez editar

si veña bórrao dunha vez. Grazas G.A.Y.Esta mensaxe foi deixada pola IP 88.18.151.126, a quen non lle acordou asinar --Xabier Cid Conversa 17:42, 10 xuño 2008 (UTC).

Artigos sobre sexo editar

Ola de novo... Antes de nada, quero dicirche que me gustaría non ter que deixarche esta mensaxe. Nun comentario anterior queixábaste da calidade dos artigos.

  1. En nada axuda á wikipedia que incorpores artigos feitos co tradutor automático, e que conteñen múltiples erros nos seus textos de orixe
  2. En nada axuda á wikipedia que incorpores artigos onde se di como se lle chaman ás mamadas en Chile, posto que esas son informacións procedentes de malas traducións
  3. En nada axuda á wikipedia que metas moita información sen refinar e que os demais usuarios teñamos que pulir, estruturar, darlle estilo e procesar.

As túas colaboracións son estupendas, e é un campo que estaba moi descuberto, pero témome que vou ter que borrar algúns deses artigos por seren traducións automáticas que dá máis traballo reformalas e corrixilas que traducilas ben. Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 18:04, 10 xuño 2008 (UTC)