Benvido(a) 83.54.182.19 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18:05, 10 de xuño de 2010 (UTC)

Edición editar

Non hai problema ningún. Seguramente o usuario Adorian reverteu a túa edición pensando que fixeras o mesmo ca no artigo de Pasqual Maragall. De calquera maneira, xa está solucionado e reposto coa bandeira. Canto aos países, Galiza ten sempre entidade de seu, e así o defendemos nesta wiki; ao respecto de Euskadi e Cataluña depende un pouco do contexto e óptase polo xeral pola elección do primeiro editor, sempre e cando non se trate dunha tradución desleixada. Por certo, se te rexistras, iso axudaría moito a comunicármonos entre os editores. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18:05, 10 de xuño de 2010 (UTC)

  • Non saíu o que publiquei aquí antes explicando, así que tentarei repetilo. Realmente tan só desfixen os trocos non por mal, senón por uniformidade. Os demais artigos semellantes non levaban a bandeira non vía porque eses si. Ao mellor ás veces son algo maniático, pero é que non me gusta ver que nuns artigos sae dunha forma e noutros doutra. De tódolos xeitos grazas pola colaboracón e anímote a que te rexístres e axudes en todo o que poidas.

Unha cousa máis, isto xa é a título de estética, e polo tanto subxectivo. Penso que queda mellor se se pon {{ESPb}} [[España]] (é dicir   España) que {{ESP}} (é dicir   España). Polos artigos polos que me movo penso ademais que é bastante máis habitual velo así, pero repito que só é unha opinión persoal.--Adorian (fálame) 18:46, 10 de xuño de 2010 (UTC)