Conversa ficheiro:Polxuvenil.JPG

Fotos de menores editar

Ola, Teño as miñas dúbidas con esta foto, polo feito de algúns de aí seren menores. O caso é que eu tiña oído que non se podían publicar fotos de menores sen o consentimento paterno, pero despois de botarlle un ollo á Lei do Menor, iso non parece tan certo. Algunha opinión ao respecto? --Xabier Cid Conversa 20:36, 4 outubro 2009 (UTC)

Tamén eu teño dúbidas con esa foto, así é todo neste momento aínda non teño claro como formulalas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:40, 4 outubro 2009 (UTC) Engadido: mentres non estea claro que a foto poida quedra ou non, que máis ben parece que non, penso que é mellor retirala da páxina. --Prevertgl 20:44, 4 outubro 2009 (UTC)

Texto da lei editar

Copio aquí o texto da lei:

Artículo 4. Derecho al honor, a la intimidad y a la propia imagen.

1. Los menores tienen derecho al honor, a la intimidad personal y familiar y a la propia imagen. Este derecho comprende también la inviolabilidad del domicilio familiar y de la correspondencia, así como del secreto de las comunicaciones.

2. La difusión de información o la utilización de imágenes o nombre de los menores en los medios de comunicación que puedan implicar una intromisión ilegítima en su intimidad, honra o reputación, o que sea contraria a sus intereses, determinará la intervención del Ministerio Fiscal, que instará de inmediato las medidas cautelares y de protección previstas en la Ley y solicitará las indemnizaciones que correspondan por los perjuicios causados.

3. Se considera intromisión ilegítima en el derecho al honor, a la intimidad personal y familiar y a la propia imagen del menor, cualquier utilización de su imagen o su nombre en los medios de comunicación que pueda implicar menoscabo de su honra o reputación, o que sea contraria a sus intereses incluso si consta el consentimiento del menor o de sus representantes legales|}.

--Xabier Cid Conversa 21:54, 4 outubro 2009 (UTC)

aclaración editar

esta foto confirmo que é miña, foi tomada durante un partido da pasada temporada de futbol e corresponde como claramente se ve a unha foto de equipo perfectamente normaliña, pero debo decir que esta mesma foto, unha exactamente igual, foi utilizada para ilustrar o artigo que "El Progreso" fixo sobre o meu equipo de futbol o pasado martes 21 de abril na sección "en juego plantillas", polo tanto, unha foto exactamente igual que esta xa foi publicada nun periódico, e polo tanto era accesible a calquera xa antes de que eu subira esta, podédelo comprobar, e como creo que neste caso a foto claramente non persegue ningun fin oscuro nin de violación da intimidade de naide gustaríame poder mantela no artigo en cuestión.

Por suposto que me parece ben que se respete a intimidade da xente, pero quero recordar que esta é como quen di unha foto oficial do clube, e polo tanto, sobreenténdese que todas as persoas da foto dan o consentimento da sua divulgación con fins positivos, como de feito xa fixo "El Progreso", pero por suposto todo esto é desde o punto de vista da legalidade da foto, porque desde o punto de vista da realidade, estou seguro de que todos os meus compañeiros daran o seu permiso e incluso se sentiran honrados de sair no artigo da wikipedia sobre o noso equipo, eso e algo que lle lo podo comentar cando queira. Só me gustaría engadir que se decidides borrar a foto que tan sequera esperedes unha semana, porque me gustaría enseñarlles o artigo completo ós meus compañeiros (ós que saen na foto) porque o fixen pensando neles e creo que a todos lles gustará aparecer nel. de todas formas a outra foto do artigo tamen me da problemas, o mellor non lle puxen algo ben, pero como nese caso dudo que se atente contra a intimidade da tarta gustaríame tan sequera que "legarizarades" esa foto. un saúdo--Azote Galaico 15:50, 6 outubro 2009 (UTC)

Seguramente haberá moitos casos nos que subir fotos de menores non se deba permitir, pero neste caso concreto creo que é perfectamente lexítimo, como explica Azote Galaico é a foto dun equipo de fútbol dunha categoría oficial, polo tanto cunha actividade cara ao público, esa mesma fotografía sen os uniformes podería ser cuestionable pero no momento que xogan cun uniforme oficial non cabe o anonimato.--RNC 16:00, 6 outubro 2009 (UTC)
grazas RNC, eso era xusto o que queria dicir--Azote Galaico 16:03, 6 outubro 2009 (UTC)

Materiais para o debate editar

Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:06, 6 outubro 2009 (UTC)

a verdade e que non estou seguro de se esa reportaxe está na versión electrónica do xornal, pero dou fe de que foi publicada, é máis, ainda teño a páxina do reportaxe gardada na miña habitación, se queres escaneo a páxina do periódico e intento poñela aquí por algun medio para que comprobedes que non minto saudos--Azote Galaico 18:47, 6 outubro 2009 (UTC)
  • Non me atrevo a opinar gran cousa sobre este asunto. Non hai dúbida de que se algún pai protesta, temos que retirar a imaxe. Tampouco hai dúbida de que, se pasa o tempo necesario para que os rapaces poidan ser maiores de idade, raramente a imaxe terá problemas.
No meu Centro publícanse en Flickr fotos de alumnos. Este ano temos permiso por escrito de tódolos pais (450) para facer iso. Claro que non son actividades públicas, senón internas. Eu non sei qué facer nestes casos. O problema aumenta porque aquí se colocan as imaxes no dominio libre, nós no Centro, se na imaxe sae un alumno, colocámola con tódolos dereitos reservados. Mentres ninguén faga un mal uso da imaxe, non son esperables protestas, pero...
Lerei un destes días máis detidamente os datos que aportades e as políticas, pero teño a impresión de que non vou ser capaz de decidir nada eu só. En asuntos coma estes precísase unha postura común e maior dominio da lexislación do que eu teño. -- Lmbuga / Conversa comigo  08:29, 7 outubro 2009 (UTC)

Particularidades e xeralidades editar

Ola. Coido que en xeral debe terse coidado e non poñer fotos de menores sen amosar xuntamente unha autorización. Pero resulta que eu particularmente estou ata o gorro de tonterías sobre o tema das fotos (coido qu enon son o único), tema que opino está sobredimensionado (o típico de que un menor saia ata as tantas da mañá de troula e non poda saír do centro educativo, sendo responsable alguén do centro), e isa influenza tamén me fai dicir que se a foto está 'controlada', se pase olímpicamente do tema. Se hai queixas, por suposto a cousa está clara.--Agremon(contacto) 09:18, 28 outubro 2009 (UTC)

Volver ó ficheiro "Polxuvenil.JPG".