Conversa ficheiro:Manuel García Barros2.jpg

O propietario das imaxes de Manuel García Barros cedeullas a un compañeiro meu de traballo indicando que estaban no dominio público e que se podían empregar libremente. Estaban sendo usadas deste xeito na páxina do Instituto Manuel García Barros, pero, por mor dun cambio de funcionamento de dita páxina, todo o seu contido foi borrado pola Consellería de Educación e esas imaxes non foron inda de novo subidas, )xunto co artigo correspondente, que por certo tiña o mesmo texto có presente no artigo da Galipedia, pois era a súa orixe, e que fora realizado por este meu compañeiro, especializado en M. García Barros.

Cando subín esta imaxe, non coñecía adecuadamente as normas de subida de imaxes, polo que me coloquei como autor sen selo, pensando que tiña dereito ó mesmo por estaren no Dominio público e telas traballado.

Procurarei que se volva subir o artigo, coas fotos en dominio público, á páxina do IES "Manuel García Barros". Mentres tanto marco esta foto e as outras subidas por min deste escritor con {{SenOrixe}}. --Lmbuga Commons - Galipedia 15:25, 12 novembro 2007 (UTC)

Volver ó ficheiro "Manuel García Barros2.jpg".