Conversa ficheiro:Expo Galiciencia 10 anos.jpg

Último comentário: hai 8 anos de Agremon

Entendo que teño permiso para poñela, pero de calquera xeito, como non é por escrito, non seguirei a cargar fotos desta serie (son un total de 10) ata entón.--Agremon(contacto) 21 de novembro de 2015 ás 21:58 (UTC)Responder

De "permiso para poñela" a subilas con "autor:Agremón" e "licencia:CC BY-SA" hai moito treito. Non cabe cesión a través de terceiros. Os propietarios dos dereitos de autor deben facer constar explicitamente en algures o tipo de licenciamento concreto e ese licenciamento ten que ser compatible con este proxecto. --. HombreDHojalata.conversa 21 de novembro de 2015 ás 22:05 (UTC)Responder
Resposta de correo electrónico: Nós non temos dereito sobre as imaxes posto que están psotas en flikr de tecnopole e son públicas e poden utilizarse para divulgación científica que é o teu caso.. entendo pois que debo cambiar a licenza, aínda que non se usan directamente as imaxes xa colgadas en internet, senón que se toma foto de imaxes colgadas físicamente nun corredor. Paso a facer as correccións nesta e na outra xa colgada da expo. --Agremon(contacto) 23 de novembro de 2015 ás 08:37 (UTC)Responder
"poden utilizarse para divulgación científica" non é unha licencia válida. As imaxes cargadas no proxecto deben poder permitir calquera uso, mesmo comercial. --. HombreDHojalata.conversa 23 de novembro de 2015 ás 09:58 (UTC)Responder
"e son públicas" está posto antes. Se son públicas, poden usarse para a divulgación científica entre outros moitos usos. Ti dirás. Teño outras imaxes, pero coido que este conxunto ía moi ben para poñer unha en cada ano da Galiciencia. Quedo á espera. --Agremon(contacto) 23 de novembro de 2015 ás 17:10 (UTC)Responder

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Pois non. "E son públicas" non é unha licencia válida. Hai moitas cousas "que son públicas" e teñen dereitos de autor. --. HombreDHojalata.conversa 24 de novembro de 2015 ás 07:52 (UTC)Responder

Non sigo discutindo. Non lle vou pedir máis aclaracións a xente coa que teño que tratar por outras cousas. Evidentemente, non estamos de acordo, pero non vou a seguir discutindo contigo. Xa continuarei doutro xeito. Saúdos,--Agremon(contacto) 24 de novembro de 2015 ás 09:12 (UTC)Responder

Volver ó ficheiro "Expo Galiciencia 10 anos.jpg".