Conversa categoría:Illas e arquipélagos

As illas galegas pertencen a unha categoría de seu que está integrada dentro dunha categoría xeral de illas e arquipélagos. Pero cando buscas nesta non aparecen as nosas, porque non teñen esa categoría inscrita, e si só a galega. Como é habitual facer? Deberían manterse así? Ou deberían incluírse tamén dentro da categoría xeral?--Xabier Cid 15:15, 1 agosto 2006 (UTC)

  • Xa. Pero deberían tamén aparecer por libre? Ou unicamente dentro da subcategoría? Tamén hai unha subactegoría que é Illas Virxes Británicas, pero as Illas Virxes tamén están como artigo independente dentro da categoría mai. Espero non darche a vara moito con cousas demasiado parvas.--Xabier Cid 06:50, 2 agosto 2006 (UTC)
  • Cando unha categoría ten poucos artigos, non ten maior importancia que estes aparezan na categoría e repetidos nunha subcategoría. Pero é conveniente que, se están nunha subcategoría, -pode haber excepcións- non aparezan como artigos na categoría superior.Ocórrenseme 2 motivos:
-Pensa que pode haber categorías con centos de artigos, e que en cada páxina só se visualizan 200 (hai unha ligazón para ver os 200 seguintes ou anteriores). Repara na estrutura de Category:Galicia e verás que aínda que poida ser que haxa artigos que aparezan en varios sitios, iso non é o xeral. Se tódolos artigos aparecesen na categoría superior, habería moitos moitos centos e sería incomodísima.
-Algún día -esperemos- esa categoría terá centos de artigos. Todos eles terán que estar clasificados en subcategorías. Cando tódolos artigos das illas estean creados, poderíase pensar en colocar algún na categoría principal para que houbese nesta algún artigo. Mentres tanto, eu creo que categorizar dobremente en categoría e subcategoría dificulta a localización de artigos que están sen carategorizar no lugar que verdadeiramente corresponde. É dicir, se ti pos tódalas illas galegas na categoría principal, e alguén coloca unha páxina nova sobre outra illa galega nesa categoría principal, seranos difícil descubrir que non está na categoría Illas galegas --Lmbuga Commons - Galipedia 21:21, 2 agosto 2006 (UTC)

Concordo Canta razón levas. --Xabier Cid 07:10, 3 agosto 2006 (UTC)

  • Chamo a atención que gran parte das illas aparecen como illa tal, pero as illas galegas son maioritariamente illa de, illa do, illa da e creo que moitas das illas foráneas requiren artigo penso por exemplo na Illa Norfolk que na EGU aparece como Illa de Norfolk, o que se axeita máis á propia estrutura do galego, aínda que nas outras linguas non leve artigo.--RNC 21:53, 2 xuño 2009 (UTC)

Subcategoría Illas editar

¿Por qué a subcategoría illas non aparece catalogada aquí?

Volver á páxina "Illas e arquipélagos".