Conversa categoría:Escritores en lingua galega

  • Ola. Propoño mudar a categoría e chamarlle Escritoras e escritores en lingua galega, ou Escritores e escritoras en lingua galega. É conveniente usar unha lingua non sexista. --Xoán Carlos Fraga 18:01, 24 abril 2007 (UTC)
  • Concordo coa proposta anterior. Tamén creo que a organización alfabética ofrece poucas avantaxes, propoño dividir a sección por periodos, ou polo menos por séculos. Zumbi
  • En desacordo. Xa foi discutido. A lingua galega ten dous xéneros, un marcado (feminino) e outro non marcado (non feminino). O xénero non marcado vale para todo aquilo que non sexa feminino--Lmbuga Commons - Galipedia 14:33, 5 agosto 2007 (UTC)
  • Parte do pensamento feminista cre que o xénero non marcado é unha derivación de presupostos patriarcais e que hai que evitar a discriminación influíndo sobre a lingua e os seus usos. Eu concordo. Insito en que a organizaicón alfabética se desborda. Zumbi
Volver á páxina "Escritores en lingua galega".