Conversa categoría:Emigración galega

Por que non chamar mellor a esta categoría "Diáspora Galega"? Penso que conviría unificar tamén o de "Galegos de México" e "Galegos nados en...". Saúdos. Casdeiro.

diáspora. A vantaxe de diáspora é que abranxe emigración e exilio xuntos. A desavantaxe é que é un nome bastante pouco transparente, se ben que, como non é unha categoría de último nivel, senón de primeiro nivel, quizais sexa menos importante.
O de galegos de México e Galegos nados en Suíza pretendía marcar unha diferencia entre os galegos retornados (que naceron aló pero que ninguén diría que son suízos, p.ex., Gómez Noia; e os mexicanos de orixe galega, que viven e traballan nese país con total normalidade, chegando incluso a seren ministros... Quizais sexa unha distinción prescindible. Que pensades? --Xabier Cid 10:28, 17 xaneiro 2008 (UTC)


Ubiqueino na Categoría:Historia de Galicia e tamén na Categoría:Demografía de Galicia, e non só nunha delas, porque coido que o seu contido non é susceptible de restrinxirse a un só dos campos. --Iago 23:13, 11 febreiro 2009 (UTC)

Volver á páxina "Emigración galega".