Conversa categoría:Bens de Interese Cultural

Non entendo como se poñen nesta categoría as imaxes. Paréceme que estamos mesturando dúas cousas diferentes. Non sería mellor crear a Categoría:Imaxes de Bens de Interese Cultural por coherencia con outras categorías, como por exemplo a Categoría:Escritores en lingua galega que ten como subcategoría Categoría:Imaxes de escritores en lingua galega. --Xas (conversa) 23:06, 15 de febreiro de 2011 (UTC)

Concordo co que dis. Non estou moi afeito a traballar con categorías, pero a medida que vou traballando voume decatando de que hai cousas que vou ter que corrixir máis adiante. De feito estiven pensando, por exemplo, que se cadra convén diferenciar entre Bens de Interese cultural e Bens de Interese cultural de Galicia. Se non é unha molestia prefiro seguir neste camiño e logo, cando remate, darlle unha repasadiña corrixindo erros deste tipo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:11, 15 de febreiro de 2011 (UTC)
Pois se non te parece mal, vou ir creando logo a Categoría:Imaxes de Bens de Interese Cultural, así podes ir poñendo nela todas as imaxes de Bens de Interese Cultural que estás categorizando de novo. --Xas (conversa) 23:23, 15 de febreiro de 2011 (UTC)
Estupendo. Moitas gracias. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:34, 15 de febreiro de 2011 (UTC)
E tes razón que haberá que cambiar de nome á categoría e poñerlle Bens de Interese Cultural de Galicia porque logo imos ter que facer a categoría xeral de Bens de Interese Cultural. Ó mellor sería máis correcto cambiar agora as categorías para non ter tantos artigos que cambiar despois... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:17, 16 de febreiro de 2011 (UTC)
E había que apurar a cambiar o nome da categoría porque xa están a poñer interwikis mal... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:51, 16 de febreiro de 2011 (UTC)
Volver á páxina "Bens de Interese Cultural".