Conversa Wikipedia:Votacións para borrar/Carmela Cons Pintos

Desculpade a intromisión pero acabo de quedar un pouco perplexo. Resulta que un dos criterios para manter unha publicación sobre unha persoa é se ten ou non libros, artigos, enciclopedias... dicionarios, contos... publicados? Meus amigos/as, non tedes nin idea (e desculpade, insisto) de quen é Carmela Cons Pintos. Se a tivésedes, non amosariades tanto atrevemento. De todas maneiras, un pouco máis de altura de miras e de criterios obxectivos máis alá da produción en papel, igual lle viña ben a este invento. Desculpade, insisto.--Militante2021 (conversa) 3 de febreiro de 2021 ás 17:32 (UTC)Responder

Ola Militante2021. Entendo a ironía pero non só se precisan contos ou obras escritas (pénsese en Messi ou en Bob Dylan ou Filipe II). O criterio é que teña interese enciclopédico e que se aporten referencias do indicado. Asumindo tódalas eivas que teñen algúns artigos, os editores do artigo non foron quen de aportar esas informacións nin referencias (eu mesmo editei o artigo e aportei 2 referencias demasiado xenéricas). Poré, convirás comigo que informacións aportadas pola principal editora, que despois se desentendeu do artigo, e doutros que teimaron en reeditar partes que se borraron pola irrelevancia, consistían en informacións como que se xubilou (?) ou que tiña moito interese no seu traballo (?). Por outra banda, como esta é unha enciclopedia colaborativa, non hai nada irremediable e, quizais, se poida recrear o artigo se se cumpren os criterios anteriores e as referencias. Polo demais, un saúdo.--MAGHOI (conversa) 3 de febreiro de 2021 ás 18:09 (UTC)Responder
Volver á páxina do proxecto "Votacións para borrar/Carmela Cons Pintos".