Conversa Wikipedia:Resultados de votacións

Esta é unha proposta sobre a que traballar para pechar a política de votacións aprobada na Galipedia. Quedaría por delimitar quen pode facer a inscrición da votación nesta páxina. Eu persoalmente creo que debería ser un administrador para que a súa participación servise como garantía de obxectividade a hora de facer o resumo. Creo que delimitar quen faría a inscrición debería incorporarse a Wikipedia:Votacións. Lansbricae (Ti dirás) 11:01, 16 setembro 2007 (UTC)

  • Esta páxina é simplemente un arquivo das votacións xa feitas. O que hai que discutir é Wikipedia:Votacións. Eu penso que calquer usuario debe poder propor unha votación; os administradores non "garanten obxectividade", son xestores técnicos con bagaxe histórica, isto é, son un referente para a comunidade, pero non teñen máis atribucións que as técnicas. Por costume, na Galipedia quen abre unha discusión é quen a fecha, pero non ter por que ser necesariamente así (e unha ausencia temporal, por exemplo, pode facer que demore a adopción dunha resolución). --Xosé (✉) 12:39, 20 setembro 2007 (UTC)
Volver á páxina do proxecto "Resultados de votacións".