Conversa Wikipedia:Imaxes para borrar/Ficheiro:BBC Radio 3.png

Estou errado ou o prazo de votación é de 10 días? De ser así o voto de Amperio e o meu entraron fóra de prazo, co cal a votación non é válida e tampouco a eliminación do ficheiro. Xoacas(non che sinto?) 23:41, 11 de abril de 2010 (UTC)

En todo caso, o erro, se é que o houbo, que o dudo, sería de quen non pechou a votación, non de quen vota mentres está aberta.

Eu penso que a eliminación do ficheiro é perfectamente válida, pois había unanimidade dos usuarios que participaron no fío. Non creo que teña que haber un número mínimo de "votos", ninsequera que se trate dunha votación. O que se busca é un consenso, non contar votos. Poden votar quince a favor e chegar outro e expoñer novos e convincentes argumentos.

O único que atopo na política oficial Wikipedia:borrar é que teñen que transcorrer sete días, e eu entendo que se refire a sete días mínimo.

De calquera maneira, inda que creo que non actuamos contra ningunha política, un dos cinco piares da wikipedia di que non existen as normas (Wikipedia:Ignore todas as regras), quer dicir que hai que empregar o sentido común e facer o que sexa mellor para a wikipedia, inda que as veces iso vaia en contra das políticas. E eu penso, e os demais editores, por unanimidade, tamén, que este ficheiro era mellor borralo. --. HombreDHojalata.conversa 08:03, 12 de abril de 2010 (UTC)

Debo lembrar que eu votei a favor do borrado do ficheiro. Pero precisamente estes días estase debatendo a redefinición das normas relativas ás votacións (parece que sen moita participación), e entre elas cóntanse as votacións sobre propostas de borrado de artigos e ficheiros. Non entendo a lóxica de leva a afirmar que algo se pode borrar sen votación, cando precisamente hai unha política que regula os borrados. E sobre ignorar as regras, estou de acordo en facelo cando se trate de evitar problemas que de outro xeito aparecerían, pero non podemos esgrimir o ignorar as regras como única regra. Para min ese ficheiro ben borrado está, a votación para borralo era necesaria e imprescindible pero a votación é nula. --Xoacas(non che sinto?) 09:53, 12 de abril de 2010 (UTC)

Recapitulando: ao meu entender, o erro foi someter a votación o borrado, estaba claro dende o principio que a imaxe era copyvio. Facer estas cousas é arriscarse a que a votación obrigue a manter un ficheiro que infrinxe claramente dereitos de autor. Xoacas(non che sinto?) 15:31, 12 de abril de 2010 (UTC)
Volver á páxina do proxecto "Imaxes para borrar/Ficheiro:BBC Radio 3.png".