Conversa Wikipedia:Galería de Imaxes da Semana

Esta ben a creación da páxina, mais penso que debera ser Wikipedia: Galería de Imaxes da Semana, e non ir no dominio principal, xa que estas fotografías son un xeito de catalogación en base ó propio funcionamento da Galipedia. AlberteSi, digame? 15:45, 1 xuño 2008 (UTC)

Creeina co nome Galería por dous motivos principais, o primeiro porque considerei que o carácter de galería casaba mellor co sentido da páxina e do resto das galerías creadas, segundo porque o nome Wikipedia:Imaxe da Semana estaba en uso para manter a lista de imaxes escollidas e non me cadraba meter a palabra galería polo medio. Por outra banda a razón principal de crear esta páxina foi poder facerse unha idea de conxunto de que imaxes están sendo publicadas na Portada (temas, data, calidade, evolución no tempo,...). Por min non hai inconveniente se pensas que é mellor movela de espazo de nomes, deixoo a túa elección. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:21, 1 xuño 2008 (UTC)
A ver se opina alguén máis. A min pasalo a Wikipedia:Galería de Imaxes da Semana, paréceme o mellor, mai a ver se opina alguén máis. Un saúdo. AlberteSi, digame? 16:36, 1 xuño 2008 (UTC)
Penseino mellor e creo que tes razón, vouna mover agora. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:14, 23 xuño 2008 (UTC)
Volver á páxina do proxecto "Galería de Imaxes da Semana".