Conversa Wikipedia:Conflito de intereses

Votación editar

Vexo que pon que non é unha política oficial, non debería ser votado para que o sexa, e tamén creo que habería que mudar desconsellado por prohibido--Cheluco 20:46, 9 de xaneiro de 2011 (UTC)

  •   Concordo plenamente. Isto debe converterse en política oficial de aplicación obrigatoria (e sermos rigorosos no seu cumprimento). Pedro --Lameiro (conversa) 20:54, 9 de xaneiro de 2011 (UTC)
  •   Discordo. Estaría de acordo, pero a política está incompleta. Prevert comezouna o 15 de setembro de 2009 dicindo: comezo a páxina; consultei as versións en inglés, alemán, castelán e portugués para as ideas xerais; vaime levar máis dun mes completala. Teoricamente está "{{enuso}}" por el, pero o mes pasou (e un ano tamén!) e non completou a tarefa. Mágoa. Como digo, ao meu entender cómpre desenvolvela máis e que abarque máis aspectos. --Toliño Fala aquí comigo 14:28, 10 de xaneiro de 2011 (UTC)
Pois de verdade é unha mágoa que estea sen rematar, penso que facía falta.--Cheluco 15:06, 10 de xaneiro de 2011 (UTC)
Si, si que o é. Se non prosigue ninguén coa redacción, queda na miña lista de pendentes, xunto con outras políticas das que carecemos. --Toliño Fala aquí comigo 16:58, 10 de xaneiro de 2011 (UTC)

Comentarios sobre a páxina editar

Coido que rematei o meu labor. Agora é tempo para que a comunidade opine sobre o texto antes de pasar á votación. Toda achega é benvida! --Toliño Fala aquí comigo 15:00, 13 de marzo de 2012 (UTC)

  • Bo traballo, Toliño,e grazas. Ao meu ver, xa está lista para a votación. --Atobar (conversa comigo) 21:35, 13 de marzo de 2012 (UTC)
Volver á páxina do proxecto "Conflito de intereses".