Conversa:Xosé Quintas Canella
Este artigo debe cumprir a política sobre biografías de persoas vivas, aínda no caso de que non sexa propiamente unha biografía, xa que contén información relacionada. Todo material que poida ser conflitivo ou disputado e non referenciado ou sen referencias fiábeis debe eliminarse inmediatamente do artigo e da súa páxina de conversa, especialmente se é potencialmente difamatorio. Se o devandito material se estivese a engadir de forma reiterada ou tes algunha outra preocupación ó respecto, podes indicalo no taboleiro dos administradores. |
Detalles das contribucións e análise de visitas á páxina. |
Untitled editar
Coido que o artigo sobre Xose Quintas Canella, e interesante xa que non existe información sobre este interprete,e danse datos que se poden comprobar, como o artigo da Voz de Galicia do 4-3-1975.
Non digo que non sexa interesante este señor; digo que o artigo non é enciclopédico e si é sospeitoso de autobombo (IP non rexistrada que ademais só creou este artigo, promoción dun individuo, etc.) --Xabier Cid 17:08, 16 agosto 2007 (UTC)
- Engadín o marcador de GloriaVa, como di Xabier semella sospeitoso. De todas formas se se amaña un pouco o artigo quizáis poda quedar e non ser borrado. --☣Banjo tell me 17:52, 17 setembro 2007 (UTC)
- Aínda que é sospeitoso, podíamos tentar darlle forma e facelo enciclopédico. Eu son partidario de melloralo para que quede. Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 18:08, 17 setembro 2007 (UTC)
Moi boas,eu son o autor do artigo de Xosé Quintas Canella,e quero pedir disculpas por non haberme identificado,pero non estaba o tanto de cómo funcionaba isto.Chámome Emilio Arias,e o meu enderezo de correo é: mixemilio1@mixmail.com. Tamén pido disculpas polo meo pouco académico galego.Vexo que se quere acortar o artigo.Non me parece mal.O que si me chama a atención e que se queiran suprimir os instrumentos musicaes (zanfoña,cítara,laude,rabel,contrabaixo) que lle dan o aire medieval,principal característica,a este disco.Os instrumentos figuran nos créditos do disco,e pódese comprobar na páxina de internet www.galego21.net/ravachol/grupos/canella/canella1.htm A páxina ten un amplo historial do disco,e o final están as fotos tal como aparecen no mesmo,figurando o pé da foto a instrumentación de cada un:Xose Quintas Canella(voce),Eloy Vázquez(Zanfoña,guitarra,guitarra acústica,rabel,cítola,contrabaixo,laúde e percusión),e Anxel Barbadillo(guitarra,laúde e guitarra acústica).Coido que é un dato de interese,polo xa mencioado aire medieval das cantigas.Grazas,e unha aperta a todos.Emilio.
- Ola, Emilio. Os instrumentos musicais non se tentaron quitar, se os ves en azul significa que ao clicar neles lévante a ese artigo, e isto pasa en todos os artigos da Galipedia (son ligazóns directas a eses artigos, sen ter que escribir o seu nome na caixa de procura). Podes curiosear un pouco na Galipedia para ver como funciona. Un saudo. --Xoán Carlos Fraga 09:27, 23 setembro 2007 (UTC)
Moi boas,son Emilio Arias, e por fin conseguin rexistrarme! a verdade é que non era tan dificil,somentes me facía un lío co tema da contrasiñal.Grazas a todos pola axuda prestada.Deica logo.