Conversa:Xesta

Último comentário: hai 3 anos de Elisardojm no tópico Untitled

Untitled editar

Elimino do artigo a afirmación de que a xesta "permite aos animais que a comen inmunizarse contra o veleno das cobras" porque ten tódalas trazas de ser unha crenza supersticiosa sen base científica ningunha. Como tal crenza ten a súa gracia e non debe perderse o dato, pero debería -de ser así- quedar claramente diferenciado do texto formal. Sería necesario que o autor confirmara o dato e a fonte que o di. Pedro --Pedro 18:13, 12 maio 2007 (UTC)

Este artigo está ó revés. Debería ser unha páxina de desambiguación onde se explicara que "xesta" é o nome común de varias especies distintas, cas ligazóns correspondentes ós artigos desas especies. Este erro fai que, por exemplo, as ligazóns ás outras versións da wikipedia sexan ó Cytisus scoparius, cando no artigo se falan tamén doutras especies. Non teño o tema moi estudado pero penso que é recomendábel que o nome do artigo sexa o nome científico xa que cos nomes comúns sempre hai problemas. --Ifrit 18:23, 31 de maio de 2010 (UTC)

Agora no artigo só se fala de Cytisus scoparius e indícase que o nome de xesta tamén se usa de forma xenérica. A maiores ó comezo da páxina está a ligazón ós homónimos de xesta para atopar as variantes do nome común. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de xaneiro de 2021 ás 19:34 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Xesta. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de agosto de 2018 ás 14:38 (UTC)Responder

Volver á páxina "Xesta".