Conversa:Xerxes I

Último comentário: hai 3 anos de HacheDous=0 no tópico Farsi moderno no cabezallo

Untitled editar

De onde sae iso de Asuero en versión galega, nunca tal oín en galego.--Kamakic 17:23, 24 de maio de 2010 (UTC)

A Asuero pásalle como a tantos nomes que transcritos a outro idioma cambian ata quedar case irreconocibles, e senón que llo digan ao pobre Iacob que acabou sendo Jacobo, Iago, Santiago e ata Jaime. Concretamente, Asuero (ou Xerxes) é unha personaxe do libro de Ester, da Biblia. O libro usa o nome grego de Xerxes, que os tradutores da Biblia transcriben tradicionalmente como Asuero. Esta transcrición tamén foi seguida polos tradutores da Biblia ao galego "Outras veces mantemo-lo nome xa consagrado noutras linguas occidentais" (A Biblia, ed. SEPT, pax. XIX). Estaba traballando un chisquiño no libro de Ester e, buscando o vocablo Asuero, decidín completar a entrada Xerxés I. --Angeldomcer 18:00, 24 de maio de 2010 (UTC)

Que edición tes da Biblia?, na segunda edición transcríbeno como Axuero (no Libro de Ester aparece varias veces), no artigo tamén aparece o Libro de Ezra pero na segunda edición o nome correcto é Esdras (non sei como está na primeira edición)--Kamakic 18:50, 24 de maio de 2010 (UTC)

Supoño qued tes razón é o mellor é transcribir por Axuero. A miña segunda edición da Biblia sufriu un "secuestro" hai un tempo.--Angeldomcer 22:27, 24 de maio de 2010 (UTC)

Farsi moderno no cabezallo editar

Non lle vexo sentido a poñer o nome deste soberano en persa moderno (que é séculos posterior); sería como poñer o nome dos emperadores romanos en italiano; o lóxico é empregar a lingua da época: o persa antigo ou aqueménida.--HacheDous=0 (conversa) 9 de febreiro de 2021 ás 22:48 (UTC)Responder
Volver á páxina "Xerxes I".