Conversa:Webmaster

Untitled editar

"o Webmaster adoita ser o dono da web, deseñador, desarrollador e programador...". En galego non nos vale "desarrollador", puro castelán, nin "desenrolador", puro castrapo polo que se adoita (mal)traducir. O castelán "desarrollar" sería o noso "desenvolver", pero non son capaz de ver a un webmaster como "desenvolvedor" de nada. Ou buscas un sinónimo ou terás que borrar esa palabra. Saúdos. --Lameiro 00:15, 22 maio 2007 (UTC)


  • No Glosario de Termos da Internet (galego-inglés-castelán-portugués) que hai no sitio web do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo propoñen Administrador de sitio web en substitución de Webmaster. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:40, 23 maio 2007 (UTC)
    • Entón, deberíase cambia-la entrada por administrador (xa temos enlaces, aínda sen desenvolver, a administrador de rede e administrador de sistema, que non sei cal será o que nos ocupa) e redirixir webmaster alí. E neste texto substituí-lo termo inglés polo galego, aínda dando como sinónimo, non sei se máis frecuente, ese anglicismo. Pedro. --Lameiro 00:04, 9 xuño 2007 (UTC)
Volver á páxina "Webmaster".