Conversa:VGTRK

(Redirección desde «Conversa:Vserossiiskaia Gosudarstvennaia Televizionnaia i Radioveshchatelnaia Kompaniia»)
Último comentário: hai 4 anos de HacheDous=0 no tópico Nome

Nome editar

Ola, Hache. O nome dos artigos debería ser a forma máis simple. Neste caso, tendo en conta non só que é un nome longo e en ruso, senón que ademais está transliterado (co cal é moi difícil dar co nome correctamente), creo que temos dúas opcións. Pero quera consultarche a ti. Unha é pór as iniciais VGTRK, ou VG, ou as que utilicen habitualmente. Outra é o mesmo, pero traducido ao galego: Compañía de Radio e Televisión Oquesexa. Ti que pensas? Cal desas das opcións che parece a mellor, tendo en conta que temos que facelo polo nome máis sinxelo para unha persoa usuaria da Wikipedia? Un saudiño! --Xabier Cid Talk 2 me, please 5 de abril de 2020 ás 15:40 (UTC)Responder

  • Como non hai unha forma que teña un mínimo peso en galego para se referir á compañía de radio televisión rusa penso que o mellor é VGTRK, por unha banda é a forma que empregan 12 das wikipedias con artigo de seu, por outra evítanse posibles discusións de se utilizar no título panruso ou de toda Rusia e ademais en ruso é moi común empregar as súas siglas cirílicas: ВГТРК.--HacheDous=0 (conversa) 5 de abril de 2020 ás 15:50 (UTC)Responder
Volver á páxina "VGTRK".