Conversa:Vertente hidrográfica

título e contido editar

Puxen os interwikis polo título e a cabeceira. Coido que si non se engade un pouco máis contido propio do concepto de vertente teríase que deixar a entrada vertente libre para o artigo axeitado e mudar o nome deste artigo con nome que espezifique que é se esta a falar de Galicia. ElviraConversa comigo 16:18, 4 setembro 2009 (UTC)

  • Esta clasificación das vertentes de Galicia é propia ou está baseada na bibliografía, iso é fundamental xa que no artigo non se indica nada e se é propia non pode permanecer por canto a investigación orixinal non é posible na wikipedia.--RNC 16:40, 4 setembro 2009 (UTC)
    • Augusto Pérez Alberti na súa obra A xeografía editada por Galaxia en 1986 só fala de dúas vertentes: Cantábrica e Atlántica. Non podemos xogar con estes temas, esta é a clase de artigo que podería consultar un estudante para preparar un traballo ou reforzar o aprendido na escola, ou hai referencias claras ou hai que eliminar todo o relativo ao resto das vertentes.--RNC 20:21, 4 setembro 2009 (UTC)
    • Hai que eliminalo, a unión de cuncas non forma de seu unha vertente que por definición é a que vai á mesma costa (mar), e en Galicia só hai dúas:Océano Atlántico e Mar Cantábrico, non pode logo haber por lóxica máis vertentes.--RNC 20:25, 4 setembro 2009 (UTC)

Fusión editar

Os dous interwikis que ten o artigo non se corresponden con este, senón con cunca fluvial. Creo que deberiamos fusionar os dous artigos e deixar o segundo (os contidos deste son mínimos). --Toliño Fala aquí comigo 10:26, 5 setembro 2009 (UTC)

  • O artigo español si que se correspondía pero penso que o contido deste artigo é tan mínimo que se debería borrar directamente.--RNC 10:49, 5 setembro 2009 (UTC)
    • Concordo con RNC : só o artigo da WPes correspondía, por outra banda polo que anduven perquisando a expressión Vertente hidrográfica non lle atopei uso especifico, fálase da vertente Atlantica, a Cantabríca etc ; no dicionario de xeografía galega que teño só hai a entrada vertente que correspon o contido do artigo da WPfr. Por esto estou dacordo para o borrado do artigo Vertente hidrográfica. ElviraConversa comigo 13:44, 5 setembro 2009 (UTC)
Volver á páxina "Vertente hidrográfica".