Conversa:Ural Club de Fútbol

(Redirección desde «Conversa:Ural CF»)
Último comentário: hai 1 ano de Jorges65 no tópico Fusión co Español

Fusión co Español editar

Para futuras referencias, pego aquí a mesma mensaxe que deixei na Conversa:Ural Español Club de Fútbol:

Consultando a ficha na web da Federación Galega de Fútbol (1), o club aparece co nome Ural Español CF, mantendo o código federativo do Español SD, nº 1023, e mailo mesmo CIF (2). O código do Ural CF era o nº 1263, ademais de posuír outro número de CIF diferente, (3), e agora a súa ficha aparece baleira na web da Federación (4). Tal e como se pode ver nas ligazóns arquivadas, o Ural CF era filial do Español SD. Na tempada 2019-20, o Español SD competíu co equipo sénior (5) mentres que o Ural CF o fixo nas categorías de fútbol base (6). Na tempada 2020-21 o Español SD convertíuse en Ural Español CF, integrando todos os equipos (7) (o sénior non aparece ata a tempada seguinte porque non houbo competicións polo COVID-19 (8)), mentres que o Ural CF xa non tiña ningún equipo (9). Noutras páxinas web adicadas ao fútbol fanse eco da situación: (9) e (10). Jorges65 (conversa) 15 de xaneiro de 2023 ás 18:22 (UTC)Responder

Volver á páxina "Ural Club de Fútbol".