Conversa:Universo Mediodía

Último comentário: hai 6 anos de Elisardojm no tópico Título

Título

editar

O título deste artigo non concorda coa introdución, o artigo chámase Universo Mediodía e o artigo comeza dicindo Universo Noon. A maiores, ó ser unha obra en ruso, se non hai tradución ó galego deberá levar o título orixinal, transliterado de ser necesario. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de agosto de 2017 ás 11:32 (UTC)Responder

En realidade non é o título dunha obra, é o nome dun mundo de ficción, baseado nun ciclo de libros dun escritor, e nese caso penso que o que conta é se para este universo existe en galego algunha referencia, se non a hai entón si que habería que empregar a forma rusa.--HacheDous=0 (conversa) 10 de agosto de 2017 ás 11:52 (UTC)Responder
Tes razón HacheDous=0, é un mundo de ficción non unha obra, entón non sei se nese caso si será axeitada a tradución. Norrin strange, ti que dis? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de agosto de 2017 ás 12:24 (UTC)Responder
Considero axeitada a tradución. Non é o título dunha obra. E como facer un artigo do Universo Marvel ou do Universo Tolkien. --Norrin (Fálame) 25 de agosto de 2017 ás 09:27 (UTC)Responder
Moi ben, entón queda como Universo Mediodía, moitas grazas HacheDous=0 e Norrin, xa o amaño no artigo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de agosto de 2017 ás 17:14 (UTC)Responder
Xa estaba feito. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de agosto de 2017 ás 17:15 (UTC)Responder
Volver á páxina "Universo Mediodía".