Conversa:Transliteración

Discussões ativas

UntitledEditar

Ola,

coido que o plantexamento do artigo está mal, xa que a transliteración é a representación ou adaptación a un alfabeto de termos procedentes de linguas con outro alfabeto ou sistema de escrita. Certamente hai casos de tranliteración intralfabética pero só no caso de que haxa grafemas alleos a unha das linguas. Hoxe en día cos sistemas informáticos existentes, a transliteración intralfabética é desbotábel.

Non vexo a necesidade de centrar os exemplos de New Hampshire ou New York, xa que son casos diferentes. En New York, o que se fai é unha adaptación por mor da frecuencia de uso (Nova Iorque), algo do tipo Londres vs. London, Dublín vs. Dublin pero non escribir New Hampshire é absurdo -polo mesmo motivo deberiamos entón escribir Parí no canto de Paris ou Lixboa no canto de Lisboa, o que é unha aberración. De feito as aberracións lingüísticas Grenlandia ou Saraxevo son debidas a este tipo de hipercorreccións.

Eu centaríame exclusivamente en cuestións relativas a diferentes alfabetos ou sistemas de escritura, diferenciando dous grandes bloques: as transcripcións estandarizadas (o pinyin chinés) e as non estandarizadas. --195.252.87.59 22:46, 20 decembro 2006 (UTC) bgdgz

Volver á páxina "Transliteración".