Conversa:San Martín de Ozcos

Discussões ativas

UntitledEditar

  • Se queremos seguir o nome en asturiano deste lugar sería ast:Samartín d'Ozcos, se se quixera poñer en castelán sería es:San Martín de Oscos, por eso propoño movelo para o que se decida, pero o actual nome semella unha mestura dos dous. Alma 21:29, 13 setembro 2007 (UTC)
  • É o nome galego, xa que é unha zona galegofalante. De entre as páxinas web, a máis reveladora é esta. --Xosé (✉) 21:33, 13 setembro 2007 (UTC)
  • Non sei, non acabo de entender unha cousa, deste xeito, non estamos a conventirnos en fonte primaria?, dun topónimo oficial en castelán collemos parte do asturianoe facemos o noso propio topónimo. Que naquela zona eles se denominen San Martín de Ozcos non está verificado, eu estiven alí, e sempre falaban de Oscos. Alma 21:45, 13 setembro 2007 (UTC)
  • Hai numerosos estudos lingüísticos galegos que empregan a forma San Martín de Ozcos, por exemplo o que teño a man, Galego de Asturias de Xoán Babarro, non se pode afirmar que Ozcos apareza tan só na Galipedia.--Rocastelo(fálame aquí) 16:29, 14 setembro 2007 (UTC)

É o topónimo non ten a súa orixe na lingua castelá nin na asturiana, é un topónimo galego, é o galego a lingua que falan.--Rocastelo(fálame aquí) 16:33, 14 setembro 2007 (UTC)

Volver á páxina "San Martín de Ozcos".