Conversa:Riós
Detalles das contribucións e análise de visitas á páxina. |
Untitled
editar"ao" é unha forma recoñecida e recomendada polas vixentes normas ortográficas. O chopo e o amieiro non son a mesma especie. O amieiro medra de forma natural na comarca mentres que o chopo é plantado con vistas á súa explotación comercial. A forma arredor ou ao redor son preferidas a "ó redor". Do mesmo xeito, a forma "ámbolos" na normativa vixente é desconsellada fronte a "ambos os". A descrición que se fai da vivenda típica no Riós coincide coa típica casa rural ourensá e coido que é interesante marcar esta semellanza posto que aínda que xeograficamente o Riós pertence á Galicia oriental os seus rasgos idomáticos e culturais son os propios da Galicia central ourensá.
- Mensaxe copiado da páxina de usuario da IP 83.57.33.30 (...). Estás facendo unha serie de cambios no artigo Riós que xa revertín un par de veces. Explícochos aquí:
- Ao é unha forma admitida, pero tamén o é ó. A liña que se segue na wikipedia é que non se poden facer correccións sobre formas válidas, se as dúas o son. Por iso desfixen os cambios. Igual pasa coas demais modificacións.
- Os chopos non son igual cós amieiros. Pero se hai un usuario que dixo amieiros e ti cres que son chopos, tes que achegar unha referencia que o contradiga. Non mudalo porque si. Os demais usuarios non sabemos se alí hai amieiros ou non.
- Con respecto ao da casa, outro tanto do mesmo. Dis que as casas semellan as de Ourense (provincia? cidade? concello?). Iso necesita ser referenciado. Non chega con que a ti cho parezan.
Por outra parte, e aínda que non é necesario, molaba que te rexistrases como usuario. Iso axudaríanos a manter unha comunicación máis fluída, a que saibamos cando editas ti e cando edita outra persoa anonimamente, etc. Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 11:04, 9 febreiro 2009 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (abril 2019)
editarOla compañeiros editores,
Acabo de modificar 3 ligazóns externas en Riós. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20071017215254/http://www.pueblos-espana.org/galicia/orense/rios/ á ligazón http://www.pueblos-espana.org/galicia/orense/rios/
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20071017214221/http://www.pueblos-espana.org/galicia/orense/castrelo+de+abaixo/ á ligazón http://www.pueblos-espana.org/galicia/orense/castrelo+de+abaixo/
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20080520123818/http://www.pueblos-espana.org/galicia/orense/as+vendas+da+barreria/ á ligazón http://www.pueblos-espana.org/galicia/orense/as+vendas+da+barreria/
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 24 de abril de 2019 ás 04:43 (UTC)
Riós
editarRiós é a única forma oficial, logo é de aplicación a política oficial que se establece en Wikipedia:Toponimia: "Séguese a toponimia oficial segundo a documentación que existe na páxina da Xunta de Galicia: Toponimia oficial e Nomenclátor de Galicia".--HacheDous=0 (conversa) 21 de xaneiro de 2021 ás 21:47 (UTC)
- Mudei a referencia pola fonte de Toponimia de Galicia onde se indica que O Riós está pendente de oficializar.--HacheDous=0 (conversa) 22 de xaneiro de 2021 ás 13:13 (UTC)