Conversa:Renovación Española

Último comentário: hai 5 anos de MAGHOI

O asasinato de J. Calvo Sotelo foi un dos detonantes da Guerra Civil ? Non estaba desde tempo atrás en marcha unha conspiración militar ?... Vaia bibliografía !!! Dous libros sobre historia eclesial... Asombroso e incríbel todo - Montes

En calquera feito histórico, sempre hai causas de diversa orde, algunhas máis fondas ou estruturais e outras máis coxunturais. Finalmente, tamén hai detonantes ou, dito de xeito coloquial, a pinga que enche o vaso. É de amplo consenso que o asasinato de Calvo Sotelo foi esa "pinga" que puxo en marcha os acontementos ou a sublevación. En canto á bibliografía, pódese discutir se a referencia é válida e certa ou non; en canto ao lugar onde se atopa, cada quen pode ter a súa opinión pero se lle botaras unha ollada ao artigo d primeira referencia -ánimo que é curtiño-, comprobarás que non é exactamente historia eclesial, por máis que o protagonista do artigo sexa un bispo.

Finalmente, agradezo a túa crítica. Pero aínda a agradecería máis se estivera máis fundamentada e o ton fose outro. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 5 de novembro de 2018 ás 16:16 (UTC)Responder

Volver á páxina "Renovación Española".