Conversa:Ramón Menéndez Pidal

Último comentário: hai 5 anos de HacheDous=0

Consideralo galego ou non será unha cuestión de criterio, naceu na Coruña onde seu pai, asturiano, exercía como maxistrado. Súa nai tamén era asturiana. De moi cativiño, tiña trece meses, marchou de Galicia. Ninguén considera galegos a seus irmáns, que xa non naceron en Galicia. Parece que el non se considerou nunca galego:"Yo también soy de Pajares, aunque nací en La Coruña" Faustino Ferández Álvarez: Crónica de Asturias. Caja de Ahorros de Asturias, 1979, p. 72. Pero como hai obras que o consideran galego e logo existen referencias tampouco é realmente errado consideralo galego. Aínda que nacer naceu na Coruña accidentalmente, e nunca tivo relación afectiva con esa cidade.--HacheDous=0 (conversa) 15 de maio de 2018 ás 17:52 (UTC)Responder

Volver á páxina "Ramón Menéndez Pidal".