Conversa:Pratos combinados

Último comentário: hai 1 ano de 139.47.75.188 no tópico Apelido da nai de Miro

Untitled editar

A verdade é que a min zafarse sempre o vexo raro. Eu sempre escoitei e escoito safou, safache, sáfame o coche?... o que evidencia que desde logo na creación do interdental tivo que ver o castellano, cousa que ningún lingüista contradice. Claro a min chócame porque non o vexo recollido nos dicionarios, pero que lle imos facer. Isto máis ben é un comentario para a RAG, mais que para o artigo. Bon traballo, Lmbuga.--Xoán Carlos Fraga 00:32, 11 setembro 2006 (UTC)

Pratos Combinados foi a mellor serie que vin na miña vida, teño 15 anos e esa serie enganchoume o longo dos anos, cada vez que os mercores saia na tvg a serie eu gravaba e o dia seguinte viaa e rebobinaba e vovbia ver e asi asta que chegaba o mercores seguinte. Considerome un adicto a pratos combinados aora que o sacaron non sei que podo facer! se puxesen outra vez esa serie ...iban seguir tendo tanta audiencia como tiberon ata agora iso seguro!!! 1 saudo a todos

Duración editar

Non serán de 25' os capítulos, en vez de 55'? Eu fai xa moito que non a miro, igual me equivoco. Miguel.lima 00:00, 6 xaneiro 2007 (UTC)

Na reseña que teñen na TVG di: "Esta comedia, que inicialmente constaba de trece capítulos de 25 minutos, retrata a vida cotiá da familia Pereira", semella que noutras tempadas a duración cambiou . No soportal do audiovisual galego do Consello da Cultura Galega pon como duración 55 minutos. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:46, 8 xaneiro 2007 (UTC)

Adiantos de contido editar

Aínda que nesta serie a continuidade non é moi relevante, non estaba de máis engadir un aviso dos adiantos na trama (coñecidos popularmente no mundo da Internet co anglicismo "Spoiler", que debemos evitar na Galipedia, así como nos demáis usos). --Uxío 19:40, 8 outubro 2007 (UTC)

"Microbio", Campos e cía. editar

Alguén sabe como se chamaba o personaxe ao que Miro se refería como "microbio" ou, ás veces (creo), "piollo". É o nome da actiz que a intepretaba? Era unha nena pequena, aparecía nas primeiras temporadas da serie, cando estaban Migueliño e Rosalía, e non estaban Pedro, Tuto... Adoitaba ir acompañada por unha muller, da que tampouco me lembro, era súa nai ou súa tía, non o recordo. Nun episodio apareceu o pai, que tampouco sei quen era, pero creo que non era un actor coñecido. O último episodio do que teño referencia pódoo situar entre xuño de 1996 e 1998 ou 1999, cando a nena celebraba a súa primeira comuñón no bar Suízo. Tampocuco lembro o nome do actor (aínda que si lembro a cara) que interptretaba a Campos, o quiosqueiro desas primeiras temporadas da serie, que foi substituído por Tuto (Josito Porto), a quen lle deron moito máis protagonismo cá Campos. Se alguén ten gravacións da época, eu podería ampliar datos.

Outro personaxe, menos habitual e que "Microbio" e Campos, era a primeira Paula que aparecía nalgúns episodios da serie. Non me refiro a Paula Barreiro (interpretada por Cristina Castaño etre 1999 e 2000, e por María Castro despois ata o final da serie), senón a unha rapaza baixiña, de pelo escuro e máis ben curto, lentes... Era amiga de Miguel e Pepiño (pode ser que se referisen á rapaza como Pauliña?, estaría ben para diferenciala de Paula Barreiro). Se mal non recordo, era ela a que nun episodio lle intentaba vender unhas rifas a uns clientes do bar Suizo, que resultaban ser Ernesto e Eustaquio, uns antigos compañeiros de Miro cando estaba a facer a catequese, bastante caraduras eses dous personaxes, por certo. PD: Alguén le isto? --Uxío 19:27, 10 outubro 2007 (UTC)

  • Si, alguén o le ;) Pero non che sei dicir. Eu vía Pratos Combinados nas suás primeiras tempadas (eu aínda era moi novo), mais recordo á microbio. Creo recordar que sempre andaba a larpeirar nos cheetos do Bar Suízo, pero os nomes síntoo, non sei ningún. AlberteSi, digame? 20:09, 10 outubro 2007 (UTC)


O actor que interpretaba a Campos chamábase Luis Campos. Os personaxes que Miro chamaba "Microbio" foron dous: a Antón (interpretado por Morris) e a sobriña de Nicanor (interpretado por Mariña Sampedro) O personaxe chamado Microbio chamabase Martiña, a muller que ía con ela era a súa nai (Teté Delgado) e "Paula" era unha amiga de Migueliño e Pepiño e chámase Cristina Mato. --Uxío 00:44, 3 de outubro de 2010 (UTC)

A amiga estranxeira de Migueliño editar

Grazas pola resposta, Alberte. Lembro outro personaxe que creo que apereceu durante varios episodios. Cando Migueliño volveu da súa viaxe a... os EUA? Inglaterra? para aprender inglés, vovleu acompañado dunha rapaza de alí, da que andaba meidio namorado. Era máis vella cá el, guapa e tiña o pelo curto e, se mal non recordo, tinguido de vermello ou laranxa...

Saúdos.

PD: O que comía a "microbio" eran patacas fritas ;).

--Uxío 21:53, 10 outubro 2007 (UTC)


Argumento editar

Non estou seguro, pero este parágrafo:

Actualmente, non continúa todo o reparto orixinal: Balbina (Mabel Rivera) deixou a serie tralo éxito colleitado polo filme 
Mar adentro de Alejandro Amenábar, baseado na vida e morte Ramón Sampedro. Curiosamente, a historia de Ramón Sampedro xa fora
reflectida anteriormente noutra película, Condenado a vivir, protagonizada por Ernesto Chao no papel de Sampedro.

pode que sobre. --Adalbertofrenesi(fala) 02:05, 23 outubro 2007 (UTC)

Parágrafo mudado editar

Mudei ese parágrafo, que retoquei, para unha sección nova: Trivialidades.

PD: O nome da "Microbio" podería ser Martiña? --Uxío 14:08, 30 outubro 2007 (UTC)

felicidades ó autor editar

Quero felicitar ó autor da entrada na gl.wikipedia: ofrece un traballo moi completo e ben documentado. Confirmo que os episodios das primeiras tempadas eran de 30 minutos e logo pasaron a ser de 55 ou 60. Mesmo houbo varios episodios de 80 minutos. (Roberto)

  • Mensaxes coma esta dan alentos, e agradécese calquera información que aquí non haxa sobre a serie, é de agradecer. Por certo, es Roberto G. Méndez? Saúdos.--Uxío 21:19, 7 febreiro 2008 (UTC)


Non. Roberto G. Méndez son eu. O da felicitación debe de ser o propio Cermeño, polo estilo. Por que non asina co seu nome é un misterio tamén para min. Saúdos.

Programación TVG editar

Actualmente (27-9-2011) podemos ver a nosa serie preferida na canle :

TVG para América (Hispasat 30ºW) : Martes 03:15 ~ 03:45 - Domingo 22:15

Os días de emisión dos capítulos poderedes atopar información sobre os mesmos no teletexto, e tamén na páxina da Tvg na internet.

Moitas gracias por ista páxina tan fantástica.

Edición dubidosa editar

O pasado 1 de marzo, un usuario anónimo fixo unha edición de varios títulos que van do 107 ao 117, cambiou a orde de algúns, engadiu outros, suprimiu algúns... Tamñen suprimiu o episodio 1?? "Homes, mulleres e outras herbas" que é un episodio de recopilación, típico da serie para pechar a temporada. Segundo a edición dese usuario, a temporada completa tal e como el a puxo. Segundo as fontes que eu sigo (no caso desta tempada, a reposición que se está a facer da serie desde o episodio 105), esa edición é incorrecta, pero a edición non me ten pinta de ser vandálica, senón de proceder de outra fonte diferente á miña, e semella bastante coherente. A edición é aseguinte: [1], a única que se fixo da páxina o pasado 1 de marzo, vaia. Por certo, segundo os meus criterios, falta o episodio 120, pero creo que podo conseguir esa información). Non sei que facer. --Uxío 23:40, 3 marzo 2009 (UTC)

Estrea editar

Segundo a páxina da CRTVG, a serie estreouse o 1 de decembro de 1995, pero segundo a páxina dos 25 anos da CRTVG, a estrea foi o día 28 dese mesmo mes. [ Furagaitas * ] 23:36, 3 de agosto de 2010 (UTC)

Para unha organización diferente dos capítulos véxase isto. [ Furagaitas * ] 11:16, 4 de agosto de 2010 (UTC)

Si, na páxina da CRTVG dedicada á serie di "Televisión de Galicia estreou a serie o primeiro de decembro de 1995", mais isto é un erro. O dato correcto, insisto, é o que indica que a serie se estreou o o 28 de decembro dese mesmo ano. A información errónea invita a supoñer que ao querer da estrea "primeiro" episodio da serie, falouse equivocadamente do "primeiro" día do mes da estrea. --Uxío 00:39, 3 de outubro de 2010 (UTC)

E ti de onde sacaches que se estreou o 28?

Día correcto da estrea editar

A serie estreouse o 1 de decembro. Como ben podedes ver na páx. beta da galega, están os 13 primeiros episodios para ver en liña e pon a data de estrea. O erro sería o da páx. dos 25 anos, que pon que empezou o 28 pero resulta que non pode ser porque ese día era xoves e a serie inicialmente emitíase os venres e o 1-12-1995 era venres, por iso penso que é o correcto. --Kiba 04:55, 4 de Xuño de 2011

Apelido da nai de Miro editar

Se Miro é Ramiro Pereira Ríos, como pode ser a súa nai Carmen Seoane? 139.47.75.188 11 de agosto de 2022 ás 13:40 (UTC)Responder

Volver á páxina "Pratos combinados".