Conversa:Pé de hórreo
No que respecta ás tres referencias que faltan
editarOla a todos! Poño o que segue aquí para que se saiba o proceso que levoume a completar as 3 referencias que o aviso de "Atención" colocou en xaneiro de 2016. Como non teño a seguridade ao 100% de que sexan as axeitadas, cando menos quero que teñades os datos para reverter o que se considere un erro.
En primeiro lugar, atopamos 3 referencias que remiten a "ef", "imr" e "casa" e que non teñen as correspondencias creadas. Imos ver cada unha delas:
- "imr" → no artigo Hórreo existe unha referencia igual que remite á obra de Ignacio Martínez Rodríguez (a referencia son as súas iniciais), "El hórreo gallego".
- "ef" → no artigo Hórreo non existe unha referencia igual, pero si que na bibliografía cítase a un autor cuxas iniciais son precisamente "E.F.", o polaco Eugenius Frankowski, polo que coido que pode tratarse da súa obra "Hórreos y palafitos de la Península Ibérica".
- "casa" → é o que me ofrece máis dúbidas. No mesmo artigo Hórreo non hai ningún autor nin ningunha referencia homónima, pero si hai un libro titulado "Casa y aldea en Cantabria: un estudio sobre la arquitectura del territorio en los Valles del Saja-Nansa", de Ruiz de la Riva.
Espero que o criterio fose o acertado. Un saúdo--Castelao (conversa) 21 de maio de 2016 ás 06:06 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (marzo 2019)
editarOla compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Pé de hórreo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20120111032309/http://www.boe.es/aeboe/consultas/bases_datos/doc.php?id=BOE-A-1985-12534 á ligazón http://www.boe.es/aeboe/consultas/bases_datos/doc.php?id=BOE-A-1985-12534
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 29 de marzo de 2019 ás 15:04 (UTC)