Conversa:Os Pinos

Engadir conversa
Discussões ativas

Galiza ou Galicia?Editar

Castelao é outros nos falan de Galiza, mais unha maioria da xente na Galipedia paréceme que preferen escribir Galicia. Eu non vexo nengun inconvenente de emplear un, ou outro, mais poñamonos dacordo si iso é posibel. Me gostaria que alguen poida darme unha pequena explication si a pregunta non é impertinente. Padin 09:14, 16 xuño 2006 (UTC)


Os dous nomes son oficiais

  • Creo que debería ir no artigo o himno galego e non reservarse só para o wikisource. Pode haber un porcentaxe de visitantes na pescuda do himno que non cliquen na ligazón. Ademais creo que o artigo está incompleto sen el. AlberteSi, digame? 20:57, 19 agosto 2007 (UTC)

Galiza vs GaliciaEditar

Non resulta nada coherente utilizar nun mesmo texto Galiza (1 vez) e Galicia (2 veces). Non conto títulos de revista, de artigos bibliográficos, de categorías, etc. que a estes efectos non contan. Pedro --Lameiro (conversa) 21:31, 16 xuño 2009 (UTC)

Estrea na Habana e data da composiciónEditar

Acabo de ler unha nova en El Progreso que me parece de relevancia. Coido que habería que facer unha mención no artigo, que dicides? --Atobar (conversa comigo) 11:15, 2 decembro 2009 (UTC)

Segundo se deduce eses datos baséanse nunha conferencia, pódese engadir con todas as precaucións do mundo ata que apareza o traballo da musicóloga nalgunha publicación, xa que é posible que matice algún dato ao publicalo.--RNC 15:24, 2 decembro 2009 (UTC)

Himno - Queixumes dos pinosEditar

Creo que habería que separar en dous artigos distintos o himno galego por un lado e polo outro o libro de Pondal Queixumes dos pinos, que como vedes actualmente é unha redirección cara o primeiro. --JaviP96 25 de abril de 2013 ás 14:40 (UTC)

Xa marquei esa redirección como lixo. Saúdos. --JaviP96 28 de abril de 2013 ás 11:20 (UTC)
Concordo, borrado. --. HombreDHojalata.conversa 28 de abril de 2013 ás 17:56 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)Editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Os Pinos. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 26 de agosto de 2018 ás 21:56 (UTC)

Eliminación de texto referenciadoEditar

Boas, non vou entrar no contido, pero eliminar texto que estaba baseado nunha referencia sen indicalo na conversa do artigo non é moi recomendable, @Iria.cestmoi. Como puido ser un erro deixo o texto que se eliminou aquí:

Nos círculos nacionalistas de Galicia sentíase e debatíase a necesidade de posuír un himno nacional dende mediados do século XIX, como parte do proceso de recuperación e formación da conciencia nacional galega.[1] Dende 1808 existía un himno galego, o Himno da Guerra de Independencia ou Himno do Batallón de Literarios, composto na guerra da Independencia española.[2]

Penso que houbo máis eliminacións de contido (que non revisión de estilo do texto, que por certo está moi ben) nas últimas edicións a xulgar polo historial [3][4] Un saúdo. Maria zaos (conversa) 14 de outubro de 2021 ás 20:12 (UTC)

Corrixo: semella que o resto do contido que falta foi trasladado a outros artigos usando o modelo artigo principal. En concreto a:
En 1882 fundou na Coruña "El Nuevo Orfeón", que pouco despois mudaría o seu nome polo de Coral Polifónica El Eco, a coral polifónica máis antiga de España.[5][6] Probablemente porque non casa coa información que aparece no artigo de Pascual Veiga:
O 19 de decembro de 1881 fundou na Coruña a Coral Polifónica El Eco.

A ver se se pode aclarar este tema.

Referencias

  1. Ferreiro 2007, p. 11.
  2. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome 111anos
  3. [1]
  4. [2].
  5. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome cidade
  6. "El eco de 130 años de historia". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de decembro de 2011. Consultado o 23 de xullo de 2020. 
Saúdos Maria zaos (conversa) 14 de outubro de 2021 ás 20:31 (UTC)
Como principal editor do texto eliminado sinalar que non vexo ningún motivo para tal mutilación. O texto ten un ton neutral e está referenciado, non hai polo tanto ningún motivo para eliminalo. Tampouco vexo motivo para eliminar a sección na que presenta (ou esa é a idea, xa que o artigo non é un artigo rematado) unha breve contextualización das dúas persoas autoras do himno galego, algo necesario, xa que tende a dárselle máis peso a Pondal, cando a realidade é que Veiga tivo se cadra máis importancia na concepción do himno (como se pode deducir do texto referenciado, onde se evidencia que foi súa a idea), e era unha figura moi importante no panorama cultural galego da época, isto na miña opinión é importante sabelo, que Veiga non era un calquera. Procedo a recuperar o texto, e se Iria.cestmoi considera incorrecto que se manteña pode iniciar un debate, e se ao final a comunidade considera que ten razón en borralo, que así sexa, pero antes diso non hai argumentos para eliminalo. Un saúdo, Piquito (conversa) 14 de outubro de 2021 ás 21:27 (UTC)

Boas, Piquito! A idea non era "mutilar" o texto, lamento que se interpretase dese xeito. Estou de acordo en que Veiga tende a ficar inxustamente nun segundo plano, cando o Himno foi cousa de ambos, e a letra non pode ser concibida sen a música (e vice versa). Porén, existen artigos específicos nos que se afonda tanto na figura de Eduardo Pondal como na de Pascual Veiga. Daquela, o meu motivo baséase en que, tendo en conta ese feito, o artigo sobre o Himno debería centrarse máis nos seus trazos característicos (incluíndo os antecedentes do propio feito da existencia dun Himno Galego) ca nas figuras dos autores deste. Saudiña, iria.cestmoi Iria.cestmoi (conversa) 14 de outubro de 2021 ás 21:44 (UTC)

Ola Iria.cestmoi! Non vexo necesario eliminar unha breve descripción das persoas responsables da creación do himno. Engadín esa sección atendendo ao feito con artigos doutras obras musicais (un himno non deixa de ser unha obra musical máis), podes velo por exemplo en Sinfonía núm. 8 (Sibelius). Na miña opinión esta breve descrición pode axudar á mellor comprensión da materia en si, sen precisar ler un artigo monográfico de Veiga ou Pondal (son pequenos artigos de momento, pero imaxina que Veiga tivera un artigo do tamaño do de Mozart). Graciosa pola aclaración, Piquito (conversa) 16 de outubro de 2021 ás 17:27 (UTC)
Boas, Piquito. Pola miña parte, caso resolto, entón. Inclúese unha mención aos autores. Porén, coido que mellor como está agora, mencionando aspectos dos autores relacionados coa propia composición do himno (pouco interese ten, opino, mencionar no artigo d'Os Pinos, por exemplo, que Pondal deixou a medicina para dedicarse por completo a escribir). Mais si, comprendo a túa postura, non se me ocorrera. Obrigada pola aclaración! Para iso están estas páxinas de conversa, intercambiar opinións enriquece moito máis a nosa Galipedia. Saudiña! Iria.cestmoi (conversa) 16 de outubro de 2021 ás 17:44 (UTC)
@Piquito cando poidas revisas cal das datas de "El Nuevo Orfeón" é a correcta, por favor? grazas! Maria zaos (conversa) 16 de outubro de 2021 ás 18:11 (UTC)
Volver á páxina "Os Pinos".